As proxeccións, son no Cinebox Ourense (centro comercial Pontevella), todos os mércores; en sesións ás 18:00, 20:30 e 23:00 horas. (mantemos a nova sesión das 18 horas)
O acceso, como é habitual, non varía (4 €), permanecendo os descontos a estudantes universitarios, maiores de 65 anos, e parados (3 €).
A programación conta co apoio da Federación de cineclubes de Galicia, da concellaría de cultura, da Axencia galega de industrias culturais da Xunta de Galicia, así como, para na programación especial do 7 de marzo, da concellaría de igualdade e voluntariado, do Concello de Ourense.
Este é o detalle dos filmes programados:
- 29 de febreiro, o espectáculo debe continuar:
Dirección: Mathieu Amalric - Producción: Les Films du Poisson / Sofica Europacorp - Guión:Mathieu Amalric, Marcello Novais Teles, Philippe Di Folco - Fotografía: Christophe Beaucarne - intérpretes: Miranda Colclasure, Suzanne Ramsey, Julie Atlas Muz, Alexander Craven, Mathieu Amalric, Angela de Lorenzo, Damien Odoul, Dirty Martini, Julie Ferrier, Anne Benoît, Pierre Grimblat
Web: http://www.avalonproductions.es/tournee/
Premios: Premio mellor director e FIPRESCI do Festival de Cannes 2010
Sipnose: Apenas cumpridos os corenta anos, Joachim, un exitoso produtor de televisión parisino, o deixa todo (fillos, amigos, enemigos, amores e remordimentos) para comezar unha nova vida en América.
Despois dun tempo, volta cun grupo de bailarinas de striptease
New Burlesque, que o encheron de fantasías románticas sobre Francia. De cidade en cidade, o humor dos números e o atractivo das mulleres, conquistan tanto a homes coma ás mulleres. A pesar das dificultades, as coristas inventan un mundo extravagante de fantasía, calidez e festas. Sen embargo, todo se torce antes de chegar a París, coa traizón dun vello amigo.
- 7 de marzo (sesión especial polo día internacional da muller) un divorcio iraní:
Dirección: Asghar Farhadi - Producción: Memento Films / Sony Pictures / Asghar Farhadi - Guión: Asghar Farhadi - Música: Sattar Oraki - Fotografía: Mahmoud Kalari - Intérpretes: Peyman Moaadi, Leila Hatami, Sareh Bayat, Shahab Hosseini, Sarina Farhadi, Kimia Hosseini, Babak Karimi, Ali-Asghar Shahbazi, Shirin Yazdanbakhsh
Web: http://www.jodaeyenaderazsimin.com/
Premios: Óscar 2012 ao mellor filme de fala non inglesa. Oso de ouro ao mellor filme, mellor actor e mellor actriz no Festival de Berlin 2011- Globo de Ouro,César, Bafta 2011 ao filme extraxeiro-
Sipnose: Simin e Nader, un matrimonio cunha filla, deciden abandonar Irán na procura dunha vida mellor. Sen embargo, cando él se entera de que o seu pai ten Alzheimer, decide quedarse para cuidalo. Ela pide o divorcio, pero, ao non conquerilo, múdase a vivir cos seus pais.
Nader contrata a unha muller para cuide o seu pai, porén un día, o atopa atado á cama; a partir dese momento, a súa vida dará un auténtico cambio.
- 14 de marzo, a solidariedade entre os excluídos sociais:
Dirección: Aki Kaurismäki - Producción: Coproducción Finlandia-Francia-Alemania; Pandora Filmproduktion / Pyramide Productions / Sputnik - Guión: Aki Kaurismäki - Fotografía: Timo Salminen - Intérpretes: André Wilms, Kati Outinen, Jean-Pierre Darroussin, Blondin Miguel, Elina Salo, Jean-Pierre Léaud, Evelyne Didil
Premios: FIPRESCI Festival de Cannes 2010
Sipnose: Marcel Marx, famoso escritor bohemio, exíliase voluntariamente na cidade portuaria de Le Havre (Francia), onde vive satisfeito traballando como limpiabotas, porque así síntese máis preto da xente. Trala renuncia ás súas ambicións literarias, a vida desenvólvese sen sobresaltos entre o bar da esquina, o seu traballo e a súa muller Arletty; pero, cando se cruza no seu camiño un neno negro inmigrante, terá que loitar contra os fríos e cegos mecanismos do Estado, armado únicamente, co optimismo, e coa incondicional solidaridade dos veciños do barrio.
- 21 de marzo, a crise e o naufraxio duns amigos:
Dirección: Guillaume Canet - Producción: Les Productions du Trésor / Europa Corp. / M6 Films / Caneo Films / Canal+ / Cofinovag / La Compagine Cinematographique Europeenne / Panache Productions - Guión: Guillaume Canet - Fotografía: Christophe Offenstein - Intérpretes: François Cluzet, Marion Cotillard, Benoît Magimel, Gilles Lellouche, Jean Dujardin, Pascale Arbillot, Edouard Montoute, Valérie Bonneton, Laurent Lafitte, Anne Marivin, Louise Monot, Joel Dupuch, Hocine Merabet, Maxim Nucci, Mathieu Chedid, Nikita Lespinasse, Jeanne Dupuch, Marc Maire, Neo Broca
Web: http://pequeñasmentiras-lapelicula.es/
-O filme máis taquillero de Francia no ano 2010-
Sipnose: Max, o propietario dun restaurante de éxito, e Véro, a súa ecoloxista mujer, invitan como todos os anos, a un grupo de amigos á súa fermosa casa da praia, para celebrar o comezo das vacacións. Pero este ano, xusto cando ían abandonar París, o seu amigo Ludo sofre un grave accidente...
- 28 de marzo, poñendo a proba o contrato social:
UN DEUS SALVAXE (Carnage) (2010, Francia)
Dirección: Roman Polanski - Producción: Coproducción Francia-Polonia-Alemania-España; France 2 Cinema / Versatil Cinema /Constantin Film Produktion / SBS Productions / SPI Poland - Guión: Roman Polanski, Yasmina Reza (Obra: Yasmina Reza) - Música: Alexandre Desplat - Fotografía: Pawel Edelman - Intérpretes: Kate Winslet, Christoph Waltz, Jodie Foster, John C. Reilly
Web: http://www.sonyclassics.com/carnage/
Sipnose: Adaptación da obra teatral homónima da autora francesa Yasmina Reza. Filmada en Europa, polos problemas legais do director, a historia desenvólvese en Nova Iorque.
Na obra orixinal, os protagonistas son dous matrimonios que se xuntan, en principio de xeito civilizado, para falar da recente pelexa dos seus fillos nun parque. Pero, o encontro, complícase ata lindes insospeitados.
+? aqui o adianto visual da programación.
Descarga do díptico | Cartaz