Dicía Aristóteles (no seu Libro I) que «Todos temos un desexo natural ao saber. O placer que nos causan as percepcións dos nosos sentidos son unha proba desta verdade. Agrádanos por sí mesmas, independentemente da súa utilidade, sobre todo as da vista…». En efecto, non só temos intención de obrar, coa percepción das imaxes que vos propomos os mércores de febreiro, senón que ademáis, transitamos nas procuras, dos e das protagonistas deste ciclo, que dimos por chamalo «Viaxes e Procuras».
Talvez non exista ningún obxecto práctico ou metafísico visible, pero compleméntase perfectamente nas idas e voltas da nosa memoria, coas viaxes que propomos os luns de filmoteca; rematamos a ollada ao festival Amal, cunha road-movie, a visita introspectiva aos inicios da transición de Joaquim Jordá, os inicios do director polaco Roman Polanski, ou, a estrea dun documental inédito (pola censura), sobre a vida de Lou Reed.
Agardamos nos acompañedes nesta experiencia, coa atención ás novidades e avisos que sinalamos de seguido…
Sesións:
Os luns as 20:30 e 23 h. — Cota de entrada única: 2 €*
* agás o luns 3 de febreiro, ciclo «Amal», que é de balde
Os mércores as 18, 20:30 e 23 h* — Cota de entrada única: 4 €
* agás o mércores 26 de febreiro, que será as 18 e 21 h.
Lugar:
Biblioteca pública (casa da Cultura), rúa Concello 11
Proxeccións en VOS e filmes non recomendados para menores de 16 anos. Lembrade por favor, que Non se permite a entrada unha vez comezada a proxección.
Velaquí tedes os filmes deste mes…







