25/02/17

Programación marzo - abril 2017

«ciclo Disonancias»

Extra: III ciclo de Cinema e Medicina


Actualmente, din que vivimos non tempo da postverdade; un híbrido bastante ambiguo cuxo significado denota circunstancias en que os feitos obxectivos, inflúen menos na formación da opinión pública, cos chamamentos á emoción e á crenza persoal.

Así acontece, unha conmoción tras outra; para tratar de xustificar o Brexit, ou a vitoria de Donald Trump. Dúas postverdades na medida en que calquera expectativa, ortodoxa ou racional, non existe.

Na vida cotiá das persoas, existe algo semellante; a disonancia cognitiva, que en psicoloxía, fai referencia á tensión ou desacordo interno do sistema de ideas, crenzas e emocións que percibe unha persoa que, ten ao mesmo tempo dous pensamentos que están en conflito, ou por un comportamento que, entra en conflito coas súas crenzas.





«Disonancias» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Este é o eixo que vincula aos filmes da programación que vos presentamos...a necesidade das persoas de ser felices, nunha potsverdade, na que teñen que esforzarse en reducir as tensións internas; ata conquerir que a súa vida encaixe, construíndo unha certa coherencia interna.

Como sempre, podes consultar toda a programación no avance visual [.mp4 • 20'7 MB] que agardamos vos relaxe, deste entroido existencial…

(Atentos, ao horario especial, do 8 de marzo)






  6 Mar. 2017
Lun.

«À peine j´ouvre les yeux» · Así como abro os ollos

Dirixido por · (2015)
Túnez, verán de 2010, uns meses antes da Revolución. Farah, 18 anos, acaba de graduarse no instituto e a súa familia xa a imaxina licenciándose en Medicina. Pero ela non comparte ese desexo. Canta nun grupo de rock comprometido, se emborracha, descobre o amor e a súa cidade de noite, contra a vontade da súa nai Hayet, que coñece ben Túnez e os seus perigos.

Premio do público na Mostra de Venecia de 2015

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



  8 Mar. 2017
Mérc.

«Toni Erdmann»

Dirixido por · (2016)
Inès traballa nunha gran empresa alemá establecida en Bucarest. A súa vida está perfectamente organizada ata que o seu pai Winfried chega de improvisto e pregúntalle "es feliz?". Trala súa incapacidade para responder, sofre un profundo cambio. Ese pai que ás veces estorba e que a avergoña un pouco, vaille a axudar a dar novamente sentido á súa vida grazas a un personaxe imaxinario: o divertido Toni Erdmann

SESIÓNS:
COTA:
 18 ·e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



13 Mar. 2017
Lun.

«Little go girls»

Dirixido por · (2015)
As Little Go Girls, con idades comprendidas entre os 13 e 24 anos, analfabetas, musulmás na súa maioría, seguen unha ruta caótica a medio camiño entre a delincuencia e as relacións sexuais remuneradas nos guetos de Abiyán. fuxiron das zonas militarizadas do norte de Costa de Marfil ou da violencia doméstica e véndense a prezos irrisorios para conseguir unha mínima autonomía. A antropóloga e cineasta Eliane de Latour coñeceu a estas mozas mentres as fotografaba nun estudo de campo. Tres anos despois usou os fondos conseguidos a través destas fotografías para fundar a Casa das Go, un refuxio para as que intentan fuxir do gueto e onde se reúnen.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



  15 Mar. 2017
Mérc.

«El ciudadano ilustre» · O cidadán ilustre»

Dirixido por · · (2016)
É a historia dun escritor arxentino, Premio Nobel de Literatura, que fai corenta anos abandonou o seu pobo e partiu cara a Europa, onde triunfou escribindo sobre a súa localidade natal e os seus personaxes. No pico da súa carreira, o alcalde dese pobo onde naceu, invítao para nomealo Cidadán Ilustre do mesmo, e él decide cancelar a súa apretada axenda e aceptar a invitación.

Premiada (2016): Festival de Venecia ao Mellor actor (Óscar Martínez); nomeado a Mellor filme, Premios Goya: Mellor película hispanoamericana e no Festival de Valladolid - Seminci: Espiga de Prata e Mellor guión

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



20 Mar. 2017
Lun.

«Aji-Bi, Les femmes de l´Horloge»

Dirixido por · (2015)
Aji, khti, ven, irmá Así chama Marème, vinte anos, ás clientas que pasan preto da vella medina de Casablanca para poñerlles pestanas falsas e extensións. Marème é unha Aji-bi, unha esteticista sen papeis, que forma parte dunha pequena comunidade de mulleres senegalesas en Casablanca. Atrapadas entre a dúbida de regularizar a súa situación en Marruecos ou intentar a travesía cara a Europa, o grupo de mulleres de todas as idades organízase para sobrevivir nunha sociedade marroquí á vez xenerosa e hostil.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Extra: III ciclo de cinema do Colexio de Médicos

21 Mar. 2017
Mar.

«La historia de Jan » · A historia de Jan

Dirixido por · (2016)
A inesperada noticia de que Jan tiña síndrome de Down, fixo que o seu pai puxésese a escribir un blog e a gravar ao seu fillo, para así compartir e poder superar os seus medos. O documental cóntanos desde a intimidade unha historia de superación e de aceptación. A través do sentido do humor, o esforzo e o amor por Jan, os seus pais buscan normalizar e dar visibilidade ao descoñecido mundo da discapacidade.

SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  4 . Bono 6 filmes ciclo Menciña: 20 .



22 Mar. 2017
Mérc.

«Juste a fin du monde» · Só a fin do mundo

Dirixido por · (2016)
Tras doce anos de ausencia, un novo escritor regresa ao seu pobo natal para anunciar á súa familia que pronto morrerá. Vive entón un reencontro coa súa contorna familiar, unha reunión na que as mostras de agarimo son sempiternas discusións e a manifestación de rancores e reproches.

Adaptación dunha obra teatral de Jean-Luc Lagarce. Premiada no Festival de Cannes, 2016, co gran Premio do Xurado.

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



27 Mar. 2017
Lun.

«Frágil equilibrio»Fráxil equilibrio

Dirixido por · (2016)
Un executivo xaponés en Tokyo, cuxa vida críase soamente no seu traballo para unha corporación; unha comunidade subsahariana no Monte Gurugú, na fronteira entre África e Europa, que xogándose a vida unha e outra vez intenta cruzar ao primeiro mundo soñando cun futuro; unha familia en Madrid que, pese aos esforzos por ter unha vida que o sistema entende como "normal", acaba desafiuzada do seu propio fogar. Tres historias de contradicións que se desenvolven en distintos lugares do planeta, en distintos ámbitos socioculturales. Con todo, esas contradicións pódense atopar en calquera outro lugar, en calquera outra cultura.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



29 Mar. 2017
Mérc.

«Bacalaureat» · Os exames

Dirixido por · (2016)
Romeo é un médico de case 50 anos que deixou atrás as ilusións relacionadas co seu matrimonio, agora acabado, e a súa Rumanía, esnaquizada polos acontecementos. Para el todo o que importa agora é a súa filla, de 18 anos. Tralos exames finais, a moza irá estudar a unha prestixiosa escola en Inglaterra. Na véspera do exame, a filla é atacada na rúa. A partir de entón, fará todo o posible para garantir que iso non perturbe o destino que elixiu para a súa filla.

Premiada no Festival de Cannes, 2016: Mellor director (ex aequo)

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto



3 Abr. 2017
Lun.

«Rak ti Khon Kaen» Cemetery of Splendour

Dirixido por · (2015)
Unha solitaria ama de casa de mediana idade atende a un soldado coa enfermidade do soño, caendo en alucinacións que desencadean en soños estraños, pantasmas e romances.

Premiada no Festival de Cannes, 2015: Selección oficial (Un Certain Regard)

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Extra: III ciclo de cinema do Colexio de Médicos

4 Abr. 2017
Mar.

«Moartea domnului Lazarescu » · A morte do Sr. Lazarescu

O señor Lazarescu é viúvo e vive só nun apartamento cos seus tres gatos. A súa filla Bianca marchouse a vivir a Canadá. Unha noite, o solitario ancián séntese mal e chama a unha ambulancia. Lévano a un hospital, e desde alí a outro e a outro máis, pero en ningún poden atendelo. Mentres tanto, o seu estado de saúde vaise agravando rápidamente.

Comedia dramática premiada en Cannes (na sección "Una certa mirada") e seleccionada por Rumanía como candidata ao Oscar á mellor película de fala non inglesa.

SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  4 . Bono 6 filmes ciclo Menciña: 20 .



5 Abr. 2017
Mérc.

«Hymyilevä mies» · O día máis feliz na vida de Olli Mäki

Dirixido por · (2016)
No verán de 1962, Olli Mäki aspira ao título de campión do mundo de peso pluma en boxeo. En todas partes, tanto no campo como en Helsinki, predícenlle un futuro cheo de éxito. Só ten que perder peso e concentrarse. Pero, hai un problema, Olli namorouse de Raija.

Premiada no Festival de Cannes (2016) Mellor película (Un Certain Regard) e nos Premios do Cine Europeo (2016) co Premio FIPRESCI

SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto
















Por último, insistir unha vez máis, que podedes opinar sobre as propostas fílmicas presentadas, agradecemos que visites a axenda da «Feciga», onde podes atopar o listaxe dos filmes que botamos e avalialos, nos axuda a coñecer os teus gustos, ademáis de ter ao voso dispor, os comentarios deste blogue ou as redes sociais nas que participamos, onde podes expor as túas inquedanzas xerais sobre o traballo que desenvolve o cineclube e as impresións que vos suscitan os filmes programados, apreciamos moitísimo os vosos comentarios.

Gustaríanos coñecer tamén, o que pensas sobre o traballo que desenvolven, en xeral, os cineclubes, polo que che pregamos dediques un anaquiño do teu tempo en realizar a da Federación de Cineclubes de Galicia «Feciga», de contado, moitísimas grazas polo teu tempo.

Todas as proxeccións son en VOSE, na Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). Pregamos puntualidade.




Horarios CUT+1




Ciclo Disonancias

Proxéctase durante o mes de marzo e abril na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores (agás o 8 de marzo) ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

Sesións de filmoteca marzo - abril 2017

Proxéctase durante o mes de marzo e abril na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …