Filmoteca de Galicia
Sesións dos mércores
Cine de outono en Ribadavia
Festival AMAL en ruta
Sesións extraordinarias [>+]
Na nova normalidade obrigada pola evolución da pandemia, simplificamos os horarios habituais para fornecer un espazo seguro e ventilado, limitamos o aforo ao 50% (a pesar de que a norma o estende ao 90%). Queremos así garantir como até agora, unha seguridade e confianza que pouco a pouco, consonte a evolución e as normas de protección fronte ao COVID, modificaremos ou non. Segue vixente o noso protocolo de protección fronte ao COVID, así como o funcionamento paralelo do Clube de cine Nós en compañia da nosa benequerida Biblioteca pública. Tamén seguen "on-line" as follas de sala que sirven de contexto e información de cada filme; de momento as seguiremos colgando na sala de máquinas do cineclube. A única variación consitirá na entrada, horarios e asentos dispoñibles.
En canto á programación, aparte da habituais sesións dos luns de filmoteca (grazas ao convenio de colaboración co AGADIC para proxección da programación descentralizada do CGAI) e de ciclo dos mércores que de seguido detallamos máis abaixo, contamos tamén coa programación de outono en Ribadavia, que realizaremos co Museo etnolóxico de Ribadavia, os sábados de novembro (nesta ocasión especialmente adicado a Ourense). Remataremos en ruta, de novo coa programación do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, grazas á colaboración da Fundación Araguaney e da Deputación de Ourense.
Coma sempre, na canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] deste ciclo, seguido dos filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa axuda á difusión da programación, así como da participación e comentarios.