Filmoteca de Galicia
Sesións dos mércores
Cine de outono en Ribadavia
Festival AMAL en ruta
Sesións extraordinarias [>+]
Na nova normalidade obrigada pola evolución da pandemia, simplificamos os horarios habituais para fornecer un espazo seguro e ventilado, limitamos o aforo ao 50% (a pesar de que a norma o estende ao 90%). Queremos así garantir como até agora, unha seguridade e confianza que pouco a pouco, consonte a evolución e as normas de protección fronte ao COVID, modificaremos ou non. Segue vixente o noso protocolo de protección fronte ao COVID, así como o funcionamento paralelo do Clube de cine Nós en compañia da nosa benequerida Biblioteca pública. Tamén seguen "on-line" as follas de sala que sirven de contexto e información de cada filme; de momento as seguiremos colgando na sala de máquinas do cineclube. A única variación consitirá na entrada, horarios e asentos dispoñibles.
En canto á programación, aparte da habituais sesións dos luns de filmoteca (grazas ao convenio de colaboración co AGADIC para proxección da programación descentralizada do CGAI) e de ciclo dos mércores que de seguido detallamos máis abaixo, contamos tamén coa programación de outono en Ribadavia, que realizaremos co Museo etnolóxico de Ribadavia, os sábados de novembro (nesta ocasión especialmente adicado a Ourense). Remataremos en ruta, de novo coa programación do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, grazas á colaboración da Fundación Araguaney e da Deputación de Ourense.
Coma sempre, na canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] deste ciclo, seguido dos filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa axuda á difusión da programación, así como da participación e comentarios.
Filmoteca CGAI
«Song to song»
Enlazando con To the Wonder (2012) e Knight of Cups (2015), Terrence Malick filma un relato de amor cos seus ingredientes de sublimación e espiritualidade no ámbito da escena musical de Austin (Texas). Un músico, unha camareira, un empresario discográfico e unha compositora conflúen no medio dun produto propio do lexendario cineasta, autor de Días del cielo ou El árbol de la vida, onde á estilización da proposta se lle suman breves aparicións cinematográficas (Val Kilmer, Cate Blanchett) e musicais (Patti Smith, Iggy Pop, The Black Lips, John Lydon, Florence Welch ou os Red Hot Chili Peppers) de luxo.
Sesións dos mércores
«Proximamente, últimos días»
CineCiutat é un cinema cooperativo, pioneiro en España, que proxecta cinema de autor en versión orixinal grazas aos 1.200 socios que o manteñen. Xavi, Miguel, Vero, Marta ou Miguel Ángel son algunhas das persoas que cada día loitan por non deixar secar este oasis cinematográfico. Pero as dificultades económicas, o esgotamento do equipo, a crise de espectadores e o envellecemento do cinema obrígalles a enfrontarse á situación máis complexa da súa historia. CineCiutat debátese hoxe entre sobrevivir ou pechar as portas definitivamente.
Filmoteca CGAI
«Idi i smotri» Ven e mira
Baixo a apariencia dunha película de encarga para celebrar o 40º aniversario da victoria aliada na Segunda Guerra Mundial, agóchase unha alucinada experiencia, un itinerario tráxico, impregnado de realismo sucio e ollada subxectiva. A través dos ollos dun adolescente progresivamente endurecido polo sufrimento, asistimos á matanza sistemática dos habitantes das aldeas bielorrusas, máis de 600, durante esta guerra. Copia restaurada dun título emblemático dos anos 80 (coñecido tamén como Masacre), último filme dirixido por Elem Klimov.
Sesións dos mércores
«Druk» Outra ronda
Catro profesores embárcanse nun experimento sociolóxico no que cada un deles deberá manter a taxa de alcol no seu corpo ao mesmo nivel durante a súa vida diaria, intentando demostrar que dese xeito poden mellorar en todos os aspectos da súa vida. Pero as consecuencias do experimento cambiaranos para sempre.
Premios
2020: SSIFF (Mellor Actor, Premio Feroz Zinemaldia, Premio Signis)
2020: Premios do Cine Europeo (Mellor Filme, Mellor Dirección, Mellor Guión, Mellor Actor)
"Espléndido filme (...) [Todo] está contado con graza, con perplexidade, con sentimento, con humanismo crible"
(Carlos Boyero, EL PAÍS)
«Annette»
Henry é un monologuista cómico de humor incisivo. Ann, unha cantante de renome internacional. Centro de todas as miradas, xuntos forman unha parella feliz rodeada de encanto. O nacemento da súa primoxénita, Annette, unha nena misteriosa cun destino excepcional, cambiaralles a vida.
Premios
2021: Festival de Cannes: Sección oficial (filme inaugural) - Mellor director
"Fascinante ' Annette'. (...) unha exuberante e desconcertante película"
(Nando Salvá, EL PERIÓDICO)
Cine de outono en Ribadavia
«Entre pastores e lobos »
Premios
2021: Premios: Mostra Internacional de Cinema Etnográfico - MICE (Premio do Público)
2021: Festival SunCine (Premio do Público)
Filmoteca CGAI
«Sesión de curtametraxes»
Cuna
Lucía Estévez
(España, 2016) 11 min
Dous dos grandes temas recollidos na obra de Lucía Estévez, a exploración nas orixes e as lembranzas familiares, nun filme construido arredor dun regreso á casa de infancia do pai.
Muller personaxe
Lucía Estévez
(España, 2021) 10 min
“Muller Personaxe é un retrato á actriz en producións galegas. A miña nai non traballa no sector audiovisual. Por estar alonxada dende o punto de vista profesional, quixen que fora ela a que protagonizase esta peza. Deste xeito, construimos unha personaxe feminina e traballamos cun discurso que busca visibilizar ata qué punto ela está influenciada polo que ve e polo que escoita”.
Con este traballo, no ano 2019 gañou o premio María Luz Morales ao mellor videoensaio da Academia galega do Audiovisual. O xurado destacou a orixinalidade e o arriscado da proposta deste videoensaio, que combina unha posición cultural autoconsciente coa imaxe da muller no audiovisual galego. Tamén valora a imbricación do persoal cos rostros femininos da ficción galega actual, nun esforzo por analizar a través das imaxes o papel da muller en todo tipo de formatos do noso audiovisual.
A danza filmada
Lucía Estévez
(España, 2021) 14 min
Video-ensaio con historias que teñen en común a danza.
Sesións dos mércores
«Petite maman»
Nelly acaba de perder á súa avoa. Durante uns días axuda aos seus pais a baleirar a súa casa, onde están todos aqueles obxectos e fotografías que pouco a pouco foron formando os recordos da familia e os dela. Coma nunha viaxe ao pasado, Nelly vaga pola infancia da súa nai mentres explora a casa e os bosques que a rodean. É entón cando coñece a unha nena da súa mesma idade que está construíndo unha casa nunha árbore.
Premios
2021: Festival de Berlín: Premio do público.
2021: Festival de San Sebastián - Sección Perlas: Premio do público
"Un fermoso drama que ademais é profundamente respectuoso coa dignidade e a personalidade das crianzas. Ten un xiro narrativo central máxico"
(Jessica Kiang, THE NEW YORK TIMES)
Cine de outono en Ribadavia
«Manoliño Nguema »
Filmoteca CGAI
«Variety»
Christine vive en Nova York e encontra traballo como vendedora de entradas dun cine porno, o Variety. Devagariño, comeza a se interesar pola industria do porno. Un dos espectadores convídaa a un partido de béisbol. Cando el a abandona no estadio, ela decide seguilo. Obsesionada con ese mundo que se move nos terreos dos negocios máis escuros, a vida de Christine comeza a correr perigo. Para Stefanie Schulte Strathaus, Variety propón unha contranarrativa do cine de Hollywood, simplemente invertendo o suxeito que mira e o obxecto do desexo (aínda que non saibamos moi ben que desexo move a Christine), en Variety unha muller e un home, respectivamente.
Sesións dos mércores
«First cow»
Narra a historia dun cociñeiro (John Magaro) contratado por unha expedición de cazadores de peles, no estado de Oregón, na década de 1820. Tamén a dun misterioso inmigrante chinés (Orion Lee) que foxe duns homes que o perseguen, e da crecente amizade entre ambos nun territorio hostil.
"Un filme tan cheo de humor como de tristura, tan divertido como evidentemente tráxico, tan libre como meticulosamente planeado. (...) Máis sinxelo, un filme fermoso"
(Luis Martínez, EL MUNDO)
Cine de outono en Ribadavia
«Cesteando »
Filmoteca CGAI
«A metamorfose dos pássaros»
Beatriz e Henrique casaron o día que ela fixo 21 anos. Henrique, oficial da mariña, pasa longas tempadas no mar. En terra, Beatriz, que sempre tivo unha relación moi especial coas plantas, coida dos seus 6 fillos. O seu fillo maior, Jacinto, soña acotío con ser un paxaro. Un día, de súpeto, Beatriz desaparece.
Jacinto é o pai da directora Catarina Vasconcelos, que perdeu a súa nai cando tiña 17 anos. A memoria dos avós, os principios vitais de Beatriz, os voos oníricos de Jacinto, a perda e a imaxinación de Catarina constrúen este fermoso conto cinematográfico, entre o fantástico e a autobiografía, como un fogar para as pantasmas e para os seus recordos.
Premios
2020: SSIFF (Mellor Filme)
2020: Berlinale (FIPRESCI)
"É difícil de clasificar, xa que se trata dun híbrido (...) Pero que esas distincións sexan difusas ten sentido, pois este luminoso filme fálanos da forma na que as cousas máis importantes desafían os duros límites das súas propias definicións"
( Jessica Kiang, VARIETY )
Sesións dos mércores
«Undine» Ondina
Ondina é unha guía que explica o desenvolvemento urbano de Berlín a turistas nacionais e internacionais. Mais cando o seu amante a abandona, o antigo mito apodérase dela e só lle queda regresar ás augas.
Premios
2020 Berlinale (mellor actriz, premio FIPRESCI da crítica internacional)
"Unha nova marabilla da man dun dos mellores directores de Alemaña (...) A historia é sincera e profunda de maneira sinxela"
(Boyd van Hoeij, THE HOLLYWOOD REPORTER)
Cine de outono en Ribadavia
«Pelerinaxes»
Filmoteca CGAI
«Beginning»
Nunha tranquila vila de provincias, unha comunidade de Testemuñas de Xehová é atacada por un grupo extremista. En pleno conflito, o mundo de Yana, a esposa do líder da comunidade, desfaise lentamente. A insatisfacción interior de Yana medra mentres loita por atopar sentido aos seus desexos.
Premios
2020 SSIFF (Cuncha de Ouro a mellor filme, Cuncha de prata a mellor actriz e dirección, Premio especial do Xurado)
"Asombrosa ópera prima. Debe contarse desde agora mesmo entre os grandes logros do cinema deste século"
(Carlos Losilla, CAIMÁN)
Sesións dos mércores
«Bacurau»
Nun futuro próximo o pobo de Bacurau chora a morte da súa matriarca Carmelita, que faleceu aos 94 anos. Algúns días máis tarde, os habitantes decátanse de que o seu pobo está a ser borrado do mapa.
"Proponse como singularísima fábul distópica e á vez como spaghetti western e relectura do cinema de John Carpenter. O contraste é tan estimulante como as derivas da propia trama."
(Sergi Sánchez, LA RAZÓN)
Filmoteca CGAI
«Sesión de curtametraxes»
Gran Hotel
Xurxo Chirro
(España, 2015) 17 min.
Inaugurouse o 12 de decembro de 1970. O 21 de novembro de 1994 sufriu un grande incendio. Reconstrúese e vólvese a inaugurar o 4 de xullo de 2014. Ten 17 andares. A súa silueta domina gran parte da paisaxe.
Carta a Herzog
Letter to Herzog
Xurxo Chirro
(España, 2017) 8 min.
Carta fílmica a Werner Herzog para que regrese aos lugares de Lanzarote onde filmou También los enanos empezaron pequeños (Auch Zwerge haben klein angefangen).
De barrio
Xurxo Chirro
(España, 2019) 69 min.
O barrio está en festas. Unha muller anciá xa non pode falar. As súas lembranzas reviven. O barrio esvaécese.
Festival AMAL en ruta
«Adam»
Abla rexenta unha humilde pastelería na súa propia vivenda en Casabranca, onde vive soa coa súa filla de 8 anos, Warda. A súa rutina, ditada polo traballo e as tarefas domésticas, interrómpese un día cando alguén chama á súa porta. Trátase de Samia, unha moza embarazada que busca traballo e teito.
Premios
2019 : Festival de Cannes: Un Certain Regard (Selección Oficial)
2019 : Festival de Valladolid - Seminci: Sección Oficial
"Cunha mirada coidada e precisa, tres personaxes son suficientes para que a marroquí Maryam Touzani aborde temas tan complexos como o estigma das nais solteiras en Marrocos (...) Unha estrea sorprendente"
(Elsa Fernández-Santos, EL PAÍS)
«For Sama»
Unha moza loita por unir o amor, a guerra e o seu papel de nai durante cinco anos no contexto da guerra de Siria. O filme narra a propia historia de vida da directora durante os cinco anos que durou o lenvatamento de Alepo.
Waad é xornalista, cineasta e activita siria. A súa cobertura da guerra de Alepo gañou un premio Emmy internacional de actualidade e novas. Edward Watts, coñecido entre outros traballos, por "Escape from ISIS"
Premios
2019 : Premios BAFTA: Mellor documental. 4 candidaturas
2019 : Premios do Cine Europeo: Mellor documental
"É unha película que doe, axita as conciencias (...) falar de estética ou de recursos cinematográficos é unha banalidade. Hai películas necesarias, ante as que a política do gusto non ten sentido. O único que podemos facer é berrar. , pensa e actúa"
(Àngel Quintana, CAIMÁN)
«It must be heaven»
Elia Suleiman, o personaxe principal e narrador da historia, foxe de Palestina en busca dun novo fogar, só para descubrir que Palestina parece estarlle a seguir, sen importar onde vaia. A promesa dunha nova vida pronto se transforma nunha comedia chea de erros. Non importa o lonxe que percorres, non importa se é París, Doha...sempre hai algo que lle recorda á casa: controis fronteirizos, policía, racismo...
Premios
2019 : Festival de Cannes: Mención Especial e Premio FIPRESCI
2019 : Festival de Cine de Sevilla: Premio Eurimages
"Estimulante (...) unha comedia minimalista sobre o sentimento de alienación permanente dun pobo colonizado"
(Sergi Sánchez, LA RAZÓNC)
«Gaza»
Un retrato dos cidadáns de Gaza todos os días, levando vidas significativas máis aló dos cascallos do conflito en curso.
Premios
2019 : Festival de Cine de Sundance: Sección Oficial de Documentais internacionais
"A película é valiosa como un documento humano compasivo que mostra como a xente común ten a coraxe de saír adiante como poden"
(Peter Bradshaw, THE GUARDIAN)
«Tel Aviv on fire»
Salam vive en Xerusalén e traballa en Ramallah para a famosa telenovela palestina “Tel Aviv on Fire”. Para chegar ao seu traballo debe pasar todos os días por un posto de control israelí onde acabará coñecendo ao comandante Assi, cuxa esposa é fanática da serie.
"Un pequeno milagre, pois abundan as secuencias que desatan a gargallada, ten un ton optimista, e non oculta as inxustizas, criticando os abusos de poder, pero ao mesmo tempo garda moi ben o equilibrio."
(Juan Luis Sánchez, DECINE21.COM)
Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E/G.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación
ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * ou a asistencia na sala sen máscara de protección fronte ao COVID; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Ningún comentario:
Publicar un comentario