Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante xaneiro e febreiro de 2022, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]
(xaneiro)
24
Xan.
2022
Lun.
«Ya Kuba» Son Cuba
Mikhail Kalatozov · (URSS, 1964) 141 min. B&N. Mono. RA 1.37:1 [ND] E/VOSE
A través de catro historias descríbese a lenta evolución de Cuba, do réxime de Batista á revolución de Fidel Castro. Son catro narracións que reforzan o ideal comunista fronte ao capitalismo. Comezada a filmar apenas unha semana despois da 'crise dos mísiles cubanos', unha singular coprodución soviético-cubana na que, ao longo destes catro episodios, Cuba libérase das súas dependencias políticas para reafirmar a súa identidade, singular e independente, coas súas contradicións e esperanzas. A película foi "redescubierta" e dada a coñecer ao mundo polos mestres Martin Scorsese e Francis Ford Coppola nos anos noventa.
"Apaixonante rareza (...) non tanto polo que conta como pola beleza plástica, a inmortalidade das súas imaxes, entre as máis belas xamais filmadas"
(M. Torreiro, El País)
31
Xan.
2022
Lun.
«Schastye» A felicidade
Aleksandr Medvedkin · (URSS, 1935) 95 min. B&N. Mono/Muda. RA 1.33:1 [ND] VOSE
Narra as vicisitudes dun campesiño incapaz de conseguir unha boa colleita. Unha acción valerosa reconciliarao consigo mesmo e cos demais.
"Non gustou ás autoridades soviéticas. A discrepancia non estaba na “política práctica” senón na estratexia estética. 'Felicidade' recorre a un humor grotesco, hiperbólico, delirante, caricaturesco, con trazos de slapstick e absurdo."
(Guilherme de Alencar Pinto, La Diaria)
(febreiro)
7
Feb.
2022
Lun.
«Letyat Zhuravli» Cando Pasan as Cegoñas
Mikhail Kalatozov · (URSS, 1957) 94 min. B&N. Mono. RA 1.37:1 [ND] VOSE
Veronica e Boris son dous namorados de Moscova que ven obrigados a separarse cando estala a Segunda Guerra Mundial e Boris é recrutado como soldado para ir á fronte a loitar.
Premios
1958: Festival de Cannes: Palma de Ouro á mellor película.
"Grazas á dirección de Kalatozov e á excelente actuación de Tatyana Samoilova, un absorbe un sentimento tremendo de simpatía da película"
(Bosley Crowther, The New York Times)
14
Feb.
2022
Lun.
«Les dames du bois de Boulogne» As damas do bosque de Bolonia
Robert Bresson · (Francia, 1945) 90 min. B&N. Mono. RA 1.37:1 [ND] VOSE
Historia de amor, traizón e vinganza, a dunha muller que perde ao seu amante e emprega a unha moza de dubidosa reputación para vingarse.
"María Casarès interpreta a Hélène. Sorprende, porque a actriz tiña só vinte e un anos cando fixo a película....A publicación recente da correspondencia amorosa entre Albert Camus e Maria Casares trae tamén un novo nivel de lectura. Os dous namorados comezaron a súa paixón na noite do 6 de xuño de 1944, día D do desembarco. A actriz estaba polo tanto nun proceso de personificar a Hélène. Vela xogar ao amor machucado e á vinganza por despecho, mentres fóra vive unha apaioxada relación. A súa interpretación desprende traxedia e testemuña o seu gusto polas declamacións solemnes"
(Olivier Pélisson, Bande-a-part.fr)
21
Feb.
2022
Lun.
«The last picture show» A última película
Peter Bogdanovich · (EUA, 1971) 118 min. B&N. Mono. RA 1.85:1 [+18] VOSE
Década dos 50, nunha pequena cidade de Texas. Os mozos amigos Sonny, Duane e a guapa Jacy son tres adolescentes insatisfeitos e aburridos, espectadores das súas propias vidas nunha localidade encerrada en si mesma na que non hai moito que facer. Todo é un soño inmóbil que se desenvolve entre un vello cinema, un salón de billar e un café aberto toda a noite.
Premios
1971: 2 Óscar: Mellor actor secundario (Johnson) e actriz sec. ( Leachman). 8 nom.
1971: Globo de Ouro: Mellor secundario (Johnson). 6 nomeamentos incluíndo drama
"Mírela por onde a mires segue a ser unha obra mestra (...) A banda sonora de Hank Williams e outros é marabillosa. Non a podes perder"
(Peter Bradshaw, The Guardian)
ADVERTENZAS: Segue a ser obrigatorio o uso da máscara dentro da sala. Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
Os símbolos son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión dobrada cos mesmos patróns E/G.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+16] recomendado para maiores de 16 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, [SC] Sen clasificación por idades.
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario