29/11/12

Filmes Seleccionados


Neste ano de records de asistencia e compromiso dos abonados á programación do Cineclube, anímándose incluso a presentar algún dos filmes programados, queríamos antes de que o mundo remate (polo calendario Maia ou polos recortes neoliberais), adicar un ciclo de filmes seleccionados por vós, a modo de agradecemento ou consideración da fidelidade.

Por iso, deste ciclo que vos presentamos; os dous primeiros filmes, son o resultado do inquérito previo ás persoas que presentaron algún dos filmes desta tempada, e o terceiro e último do ciclo (19 de decembro), depende aínda de ti.

Este é o detalle da programación, no que advertimos que, o primeiro filme ten un horario distinto, motivado pola duración. O resto será nos horarios habituais. (No Cinebox, Centro C. Pontevella)

03/11/12

Marxes fílmicas en Ribadavia


















No mes de novembro, aparte do Festival internacional de cine de Ourense (OUFF), o cineclube xunto coa Federación de cineclubes de Galicia, colaboran nun ciclo de miradas etnográficas, que coordina o Museo etnolóxico de Ribadavia. Os venres deste mes, proxectaranse os traballos que se inclúen no apartado de “Marxes fílmicas”, que comezará o día 9 de novembro co filme Electroclass. Los materiales, o día 16, Circo, o día 23, e El sol en el sol del membrillo e mais Ya viene, aguante, riégueme, mátame, que se proxectarán os dous o día 30, completan a programación deste ciclo de cine.

Podedes ver e descargar, toda a programación no blog  do propio museo 

A programación regular do cineclube, estimamos que coincidirá pasado o día da folga xeral, con filmes seleccionados para rematar o ano.