30/11/14
«Only Lovers Left Alive» · Só os Amantes Sobreviven
27/11/14
programación decembro 2014
Lamentablemente, perdeuse unha peculiar costume da antiga Roma, consistente en que cando un xeneral desfilaba vitorioso polas rúas de Roma, corría tras el un servo para lembrarlle as limitacións da natureza humana, co fin de impedir que incorrese na soberbia e pretendese, ao xeito dun deus omnipotente, usar o seu poder ignorando as limitacións impostas pola lei e o costume. Facíao pronunciando a frase «Memento mori», e con ela, lembrábase que mirara tras de si, que era un home e non un deus.
Cantos desgustos, con tarxetas escuras, banqueiros, curas e políticos, poderíanse evitar do vampirismo da cousa pública e volatilidade da ética, que nos separan cada vez máis, con tanta rapidez dun mundo totalmente diferente ao noso.
Como o tempo voa neste mundo «tempus fugit», programamos para rematar o ano, a seguinte programación, que agardemos gostedes. Podedes ollar o avance visual [.mp4 • 4'5 MB] da programación (ou calquera doutros avances realizados), no canle de «You Tube».
Os mércores de nadal
Proxéctase no mes de decembro de 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11) os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. Cota xeral de socios/as de 4 € …
Sesións de Filmoteca · decembro 2014
Proxéctase durante o mes de decembro de 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. agás o día 1 de decembro, que por mor da longa duración do filme, só temos unha única sesión ás 20:30 h; a cota xeral para os socios/as é de 2 € e os seguintes filmes…
12/11/14
«Nymphomaniac» · (2)
xoves 13 de novembro do 2014
Ano: 2013
País: Dinamarca
Director: Lars von Trier
Guión: Lars von Trier
Música: Kristian Eidnes Andersen
Fotografía: Manuel Alberto Claro
Reparto: Charlotte Gainsbourg, Stellan Skarsgård, Shia LaBeouf, Willem Dafoe, Jamie Bell…
Duración: 124 min.
Produtora: Zentropa Entertainments
Distribuidora: Golem Distribución
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 2.35:1 · HD-DTS
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Historia dunha ninfómana contada por ela mesma. Unha fría noite invernal, un vello solteirón (Stellan Skarsgård) atopa nun calexón a unha moza (Charlotte Gainsbourg) ferida e case inconsciente. Despois de recollela e coidala, sinte curiosidade por saber cómo puido chegar esa muller a semellante situación; escoita atentamente o relato que ela fai da súa vida, unha vida chea de conflitos e turbias relacións.
Premios e mencións:
2014 · Festival de Berlín: sección oficial fora de concurso (a versión estendida).
Crítica:
"Do mesmo xeito que nos seus últimos filmes, von Trier combina aquí a estética preciosista co desaliño formal, o referente pictórico cos vestixios do Dogma 95. O autor conformou un estilo moi reconocible que non é só unha ferramenta de expresión, senón o catalizador das súas obsesións."
David Parages · (ElDiario.es)
Folla de sala: Nymphomaniac [.pdf • 719 kB]
(horarios CUT+1)
Filme non recomendado para menores de 16 anos
09/11/14
«Nymphomaniac» · (1)
mércores 12 de novembro do 2014
Ano: 2013
País: Dinamarca
Director: Lars von Trier
Guión: Lars von Trier
Música: Kristian Eidnes Andersen
Fotografía: Manuel Alberto Claro
Reparto: Charlotte Gainsbourg, Stellan Skarsgård, Stacy Martin, Shia LaBeouf, Connie Nielsen…
Duración: 117 min.
Produtora: Zentropa Entertainments
Distribuidora: Golem Distribución
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 2.35:1 · HD-DTS
Idioma: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Historia dunha ninfómana contada por ela mesma. Unha fría noite invernal, un vello solteirón (Stellan Skarsgård) atopa nun calexón a unha moza (Charlotte Gainsbourg) ferida e case inconsciente. Despois de recollela e coidala, sinte curiosidade por saber cómo puido chegar esa muller a semellante situación; escoita atentamente o relato que ela fai da súa vida, unha vida chea de conflitos e turbias relacións.
Premios e mencións:
2014 · Festival de Berlín: sección oficial fora de concurso (a versión estendida).
Crítica:
"Hai imaxes explícitas, pero sen intención erótica: o que pretende o director danés é peneirar ao público, mergullalo nos pliegues máis ocultos da condición humana, incomodar e chamar á reflexión. En definitiva, trátase de von Trier en estado puro."
David Parages · (ElDiario.es)
Folla de sala: Nymphomaniac [.pdf • 719 kB]
Lembra tamén que o xoves 13, temos «Nymphomaniac (2)» con este mesmo horario, 18:00 e 21 h.
(horarios CUT+1)
Filme non recomendado para menores de 16 anos
02/11/14
«Jeune et Jolie» · Noviña e Bonita
mércores 5 de novembro do 2014
(Noviña e Bonita)
Ano: 2013
País: Francia
Director: François Ozon
Guión: François Ozon
Música: Philippe Rombi
Fotografía: Pascal Marti
Reparto: Marine Vacth, Géraldine Pailhas, Frédéric Pierrot, Charlotte Rampling, Johan Leysen…
Duración: 94 min.
Produtora: Mandarin Cinéma | Mars Films | France 2 Cinéma | Foz | Canal+ | Ciné + | France Televisions
Distribuidora: Golem Distribución
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 1.85:1 · HD-DTS
Idioma: francés e alemán · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Isabelle, unha moza fermosa de 17 anos que pertence a unha familia de clase alta de París, semella ter o mundo aos seus pes. Poren tras un verán no que a perda da virxindade lle resulta decepcionante, unha viaxe de autodescubrimento sexual a embarcaraa a partires do outono nunha dobre vida: estudante de día e prostituta de luxo polas tardes. Esta é a súa historia, a través de catro estacións e catro cancións.
Premios e mencións:
2013 · Premios César®: Nominada a mellor actriz revelación e secundaria.
Crítica:
"Ten o mellor de François Ozon (…) un director ao que, cando lle saen ben as cousas ten un punto moi hipnótico, moi inquietante. Este film o é (…) é moi perturbadora, non é de balde."
Carlos Boyero · (El País)
Folla de sala: Jeune et Jolie [.pdf • 170 kB]
Lembrade tamén que os luns, temos «sesión de Filmoteca» ás 20:30 e 23 h. e cunha cota xeral de entrada para socios/as de 2 €.
(horarios CUT+1)