20/07/18

Cine de verán 2018

As viaxes de Sullivan...clásicos por barrios, en Seixalvo

Cine no xardín do Museo Arqueolóxico de Ourense


Na habitual cita cinematográfica do verán, e das actividades do Veránêarte de Escua, preparamos un programa coma sempre, con acceso de balde e nunha única sesión.



Deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Atentos aos días e lugares, e aos imprevistos e inoportunos fenómenos meteorolóxicos, que poden alterar a programación !


As viaxes de Sullivan...clásicos por barrios, en Seixalvo


  1 Ago. 2018
Mer.

«Sullivan's Travels» As viaxes de Sullivan

Dirixida por · (1941)
Obsesionado coa idea de filmar unha película sobre a miseria e o sufrimento, o director de cine John L. Sullivan convence os executivos do estudo para que lle permitan percorrer o país disfrazado de vagabundo antes de comezar a rodar. Despois de traballar como peón para unha viúva que espera máis que madeira, foxe de casa, pero o camión que o recolle lévao de volta a Hollywood. Sentíndose completamente frustrado, Sully entra nunha cafetería onde coñece unha actriz loura que, entusiasmada co seu proxecto, decide acompañalo na súa aventura.

Agradecidos á colaboración da AA.VV. San Breixo de Seixalvo


SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST) "Auditorio" de «Penouzos, Seixalvo», Ourense
 De balde



Cine no xardín do museo


  8 Ago. 2018
Mer

«El rey tuerto» O rei chosco *

Dirixida por · (2016)
Dúas amigas, Lidia (Betsy Túrnez) e Sandra (Ruth Llopis), que non se viron durante moito tempo, deciden organizar unha cea de parellas para coñecer os seus respectivos noivos: David (Alain Hernández), policía antidisturbios, e Ignasi (Miki Esparbé), un documentalista social que perdeu un ollo por mor dunha bola de goma que o golpeou nunha manifestación. Todo isto animado polos discursos que un político (Xesc Cabot) dá desde a televisión. Catro personaxes que quedan para cear, recordar os vellos tempos e poñerse ao día.

*ATENCIÓN: Proxección aprazada polo risco de tormenta para o luns 13 de agosto, no mesmo lugar e hora

SESIÓN:
COTA:
  21:30 h. (CEST) no xardín do «Museo Arqueolóxico» de Ourense
 De balde



  22 Ago. 2018
Mer.

«Curtas internacionais premiadas no FICBUEU»

FOX
Jaqueline Lentzou (Grecia, 2016) 28 min.
Sección oficial nos festivais de Locarno, Saraxevo e Atenas. Primeiro Premio no FICBUEU 2017

Atenas, Grecia. Unha vaga de calor. Stephanos está a traballar e escoitar rap, mentres a súa nai está planificando o día. Tras outra pelexa entre eles, el queda só para coidar dos seus dous irmáns máis novos e Lucy, o can da familia.


RUAH
Flurin Giger (Suíza,2016) 18 min.
Nomeado á mellor curta na Biennale de Venecia e Festival de Sitges 2016. Segundo Premio no FICBUEU 2017.

Nove personaxes, catro historias, unha situación. Como actuar ao saber que algo grande, algo irreversible, algo do que non pode fuxir ou loitar, vai pasar.


WALD DER ECHOS
Luz Olivares Capelle (Austria, 2016) 30 min.
Mellor película nos Austrian Film Awards e premio á Mellor Dirección no FICBUEU 2017.

Unha adolescente, Christina, perde aos seus amigos no bosque. Ao buscalos, deles atopa os corpos de tres nenos afogados na beira dunha lagoa. Nas vacacións de verán, nas profundidades do bosque, tres nenos, curmáns, xogan ao redor dun lago cando atopan unha moza afogada na auga. Que é real e que é un espello?


BIER & CALIPPO
Paul Ploberger (Austria, 2017) 28 min.
Presente nos festivais de Max Ophüls, Münster e Salzburgo. Mellor Música no FICBUEU 2017.

Un grupo adolescente quere ir de xira. Jojo, a moza da banda, é levada a unha área de descanso polo seu pai preocupado por unha reunión, mentres a súa amiga Toni discute e o resto da banda están borrachos.


SESIÓNS:
COTA:
  21:30 h. (CEST) no xardín do «Museo Arqueolóxico» de Ourense
 De balde



  29 Ago. 2018
Mer.

«Curtas nacionais premiadas no FICBUEU»

LENI K
Alberto Taibo (España, 2015) 19 min.
Mellor Curta e Mellor Director en CyLnema en corto. Mellor Guión FICBUEU 2017

"Leni K." é unha "home movie" gravada pola fotógrafa e cineasta alemá Leni Kastell durante a súa estadía de cinco meses na casa dos seus cuñados en Tierra de Campos, durante o ano 1945.


TIMECODE
Juanjo Giménez Peña (España, 2017) 15 min.
Nomeado á Mellor Curta de Ficción nos Oscar, Palma de Ouro á Mellor curta Festival de Cannes e Mellor Curta de Ficción nos Goya. Premio do Público no FICBUEU 2017.

Luna é unha vixiante de seguridade que traballa no aparcadoiro dunhas oficinas. Cansa do seu traballo e do seu xefe, túrrnase con Diego, a quen apenas ve uns segundos ao día. A partir dun curioso achado, Luna descubrirá unha maneira de comunicarse co seu compañeiro.


LA DISCO RESPLANDECE
Chema García Ibarra (España-Turquia, 2016) 12 min.
Mención Especial no Festival de San Sebastián. Gran Premio do Xurado Semana de Cine de Medina del Campo. Mellor Curta Española no FICBUEU 2017.

Un sábado en abril. Vai bo tempo. A sombra da montaña crece mentres cae a tarde. Cinco nenos preparan a noite: teñen alcol, coche e música. Dá igual que a discoteca leve anos pechada.


NÉBOA
Claudia Costafreda (España, 2017) 18 min.
Mellor Curta Iberoamericana no Festival de Huesca. Mellor Curta Galega no FICBUEU 2017.

Telma, unha muller de 5 anos, regresa a Galicia coa intención de devolver a Desiderio, o can que herdou hai dous meses, logo da morte do seu pai. Para ela acabará sendo unha viaxe de encontro coas orixes nas que terá que superar e afrontar un conflito latente que a mantivo lonxe da súa terra e, sobre todo, do seu pai.


23 DE MAYO
David Martín de los Santos (España,2016) 16 min.
Mención Especial do Xurado no Festival de Cine Español de Málaga. Mellor Película Documental no Festival de Medina del Campo

As voces de dúas mulleres e os vestixios dunha casa detida no tempo rescatan a memoria dos que viviron alí.


DECORADO
Alberto Vázquez Rico (España,2016) 11 min.
Goya Mellor Curta Animada e Mellor Curta Internacional de Animación no Festival Internacional de Vila do Conde. Participación na Quincena de Realizadores de Cannes 2016.

O deterioro dunha relación e a forma en que isto afecta ao mundo que os rodea.


SESIÓNS:
COTA:
  21:30 h. (CEST) no xardín do «Museo Arqueolóxico» de Ourense
 De balde






Todas as proxeccións son en VO/VOS. O filme "O rei chosco" é recomendado para maiores de sete anos.

Pregamos puntualidade e advírtese a obriga de non fumar dentro do xardín do Museo. O cineclube como organizador da actividade, en base á Lei de espectáculos de Galicia, pode impedir a presenza no recinto de quen incumpra a condición advertida para a boa celebración da actividade e en cumprimento das normas de uso da instalación pública

Por último, temos previsto retomar a programación regular no salón de actos da Biblioteca pública, #CasaDaCultura en outubro




Horarios CUT+1



Ningún comentario: