Neste xaneiro do ano 2023 cúmprense 50 anos, en que o cine galego adquiríu a consciencia da nada. A orixe das xornadas sitúase entre os días 8 e 13 de xaneiro de 1973 cando se celebrou a "I Semán do Cine en Ourense".
Nesa primeira edición, a temática central destas xornadas e das vindeiras xiraron en torno as palabras de Xosé Lois López Cid... "Ya es alentador que se hable de nuestro cine inexistente, de nuestros directores alienados, de lo que podría filmarse, de lo que ya se filma, de planteamientos para un futuro. El cine gallego es la conciencia de su nada: ya es algo" (Programa da I Semán do Cine de Orense).
O compromiso claro das Xornadas era buscar un conciencia, unha procura pola independencia económica e política do cine. Pasaron 50 anos e debería seguir vixente aquel slogan dunha das edicións...o pobo non é mudo. Seguimos máis ou menos coas mesmas tensións autonomistas e autodeterministas...e "O cine debería seguir sendo o mellor vehículo para cadaún dos pobos nacionalidades e rexións que conforman o estado español", como así ben dicía Luis Álvarez Pousa
Talvez o cine galego teña máis conciencia ou non de ser...Talvez aínda siga perenne unha necesaria oportunidade á reflexión, a liberarnos dos vaivéns colonizadores e alienantes. Naquela época de fortes convulsións políticas, pasaron por Ourense realizadores, ensaistas, xornalistas, críticos e estudosos do cine en xeral, que discutiron sobre as diferentes alternativas ao cine marxinal das nacionalidades, ao cine político coas diferentes ponencias presentadas...entre moitos participaron; Elias Querejeta, José Luis Borau, Diego Galán, Juan María Bandrés, Pilar Miro, Enrique Rodríguez Baixeras, Euloxio Rodríguez Ruibal, Carlos Piñeiro, Eduardo Blanco Amor, Carlos Casares, Ramón Piñeiro, Antonio Román, Carlos Velo, Miguel Castelo, Miguel Gato, Eloy Lozano, Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas (Galicia), Fernando Lara (Madrid) Llorenç Soler e Julio Pérez Perucha (Valencia), Alberto Sánchez Millán e Luis Urbez (Aragón), Miguel Alcobendas (Andalucia), e Josep Miguel Martí i Ron (Catalunya). A formula reflexiva das Xornadas xiraba arredor de coloquios e proxeccións, que incluso se estenderon fóra da provincia de Ourense en varios puntos de Galicia e que tiveron repercursión en toda España con artigos de prensa, manifestos públicos e incluso unha carta dirixida ao entón ministro de cultura.
Os actos do 50 aniversario das xornadas, comezarán este sábado 14 de xaneiro de 2023 a partir das 11; 00 horas, na Casa da Cultura de Ourense (rúa Concello 11), espazo en que o Cineclube Padre Feijoo mantén a pantalla de cine aberta ao público da cidade cunha programación ininterrompida desde 1970. A asistencia é aberta e gratuíta.