Amosando publicacións coa etiqueta cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cine. Amosar todas as publicacións

09/01/23

Programación xaneiro - febreiro de 2023

50 anos das Xornadas de cine de Ourense

Filmoteca CCPF

Ciclo Desvelos


Recibimos un novo ano, sen abandonar de todo as celebracións, xa que debemos lembrar e festexar os 50 anos da inicial "Semana de cine en Ourense", que albergaría as posteriormente Xornadas do cine das nacionalidades e rexións.

Houbo un tempo de incerteza, de baleiro e soños coutados nos que o fundido a negro enchía todo. Foi aí cando un fato de mozos e mozas de Ourense apostaron por crear unhas xornadas de cine que reivindicaban un lugar ao audiovisual galego, lonxe dos estereotipos e folclorismos da época: Por que non se ía poder facer aquí o que se estaba a realizar noutros lugares? E así foi como as Xornadas de Cine de Ourense, que se celebraron entre 1973 e 1978, se converteron nun dos alicerces da historia do cine e do audiovisual galego.

Como non íamos recordalo hoxe, 50 anos despois?

Neste inicio anual da programación regular, coincidimos co Ciclo Desvelos en recuperar algúns recordos da infancia e adolescencia, da inocencia e dos temores sociais que nos reprimen e oscurecen. Na filmoteca dos luns, hai un trazo común co ciclo e transversal, como é a educación que se recibe, precisamente desde a infancia, desde o inicio deste ano, como estratexia fundamental e inspiracional do ben común e cara aos bos propósitos deste ano.


Lembramos a convocatoria de Asemblea ordinaria aos/ás socios/as e pregamos atención aos diferentes espazos, nos que se desenvolverá nesta ocasión a programación; inaugurándose co Ciclo Desvelos un novo espazo, do que antigamente tamén foi sala de cine como é o Teatro principal de Ourense e que nos permite coa infraestrura alí instalada pola Deputación provincial con ocasión do Festival de cine, acceder a filmes distribuídos en DCP, do que ata agora tiñamos que renunciar por carecer dese sistema na Casa da cultura.




«xan-feb 2023»· cartel realizado por Gael Carballo (CCPF)


Na canle de «You Tube» tedes o avance visual [.mp4 • 20'7 MB], que resume a programación e as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].

ATENCIÓN aos espazos de proxección: nesta ocasión a filmoteca dos luns son na casa da cultura ás 20: 30 horas (Rúa Concello,11) e as sesións de ciclo dos mércores son no Teatro principal ás 18 e 21 horas (Rúa da Paz, 9).


28/06/22

XI Marxes fílmicas: Vietnam

A crúa guerra vivida en Vietnam no século pasado foi motivo de guión e argumento para moitas cintas. Se hai un título que a todo o mundo lle vén á cabeza nese sentido, é a inesquecible «Apocalypse Now» (Francis Ford Coppola, 1979), rodada porén en Filipinas. Ademais, outras moi famosas foron «Good Morning Vietnam» (Barry Levinson, 1987), «A chaqueta metálica» (Stanley Kubrick, 1987) ou «O cazador» (Michael Cimino, 1978). Con todo, pouco máis se sabe da historia deste país, onde sempre se contaron os relatos desde os ollos occidentais e que pouco a pouco foi quen de gañarse un oco na sétima arte asiática.

Algunhas das mellores películas dos últimos anos son as seguintes, e agardamos se aventuren connosco nesta viaxe ao sueste asiático desde o patio do Museo Etnolóxico de Ribadavia.




«MF:Vietnam-2022»· cartel realizado por Manuel P. Barbeito (cineclupePF)


Os filmes proxéctanse na segunda e terceira semana do mes de xullo, luns e martes, os días 4, 5, 11 e 12 de xullo do 2022 nunha única sesión, ás 22:00 h., en VOSE (acceso de balde); no patio do de