Amosando publicacións coa etiqueta 50 anos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 50 anos. Amosar todas as publicacións

09/01/23

Programación xaneiro - febreiro de 2023

50 anos das Xornadas de cine de Ourense

Filmoteca CCPF

Ciclo Desvelos


Recibimos un novo ano, sen abandonar de todo as celebracións, xa que debemos lembrar e festexar os 50 anos da inicial "Semana de cine en Ourense", que albergaría as posteriormente Xornadas do cine das nacionalidades e rexións.

Houbo un tempo de incerteza, de baleiro e soños coutados nos que o fundido a negro enchía todo. Foi aí cando un fato de mozos e mozas de Ourense apostaron por crear unhas xornadas de cine que reivindicaban un lugar ao audiovisual galego, lonxe dos estereotipos e folclorismos da época: Por que non se ía poder facer aquí o que se estaba a realizar noutros lugares? E así foi como as Xornadas de Cine de Ourense, que se celebraron entre 1973 e 1978, se converteron nun dos alicerces da historia do cine e do audiovisual galego.

Como non íamos recordalo hoxe, 50 anos despois?

Neste inicio anual da programación regular, coincidimos co Ciclo Desvelos en recuperar algúns recordos da infancia e adolescencia, da inocencia e dos temores sociais que nos reprimen e oscurecen. Na filmoteca dos luns, hai un trazo común co ciclo e transversal, como é a educación que se recibe, precisamente desde a infancia, desde o inicio deste ano, como estratexia fundamental e inspiracional do ben común e cara aos bos propósitos deste ano.


Lembramos a convocatoria de Asemblea ordinaria aos/ás socios/as e pregamos atención aos diferentes espazos, nos que se desenvolverá nesta ocasión a programación; inaugurándose co Ciclo Desvelos un novo espazo, do que antigamente tamén foi sala de cine como é o Teatro principal de Ourense e que nos permite coa infraestrura alí instalada pola Deputación provincial con ocasión do Festival de cine, acceder a filmes distribuídos en DCP, do que ata agora tiñamos que renunciar por carecer dese sistema na Casa da cultura.




«xan-feb 2023»· cartel realizado por Gael Carballo (CCPF)


Na canle de «You Tube» tedes o avance visual [.mp4 • 20'7 MB], que resume a programación e as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].

ATENCIÓN aos espazos de proxección: nesta ocasión a filmoteca dos luns son na casa da cultura ás 20: 30 horas (Rúa Concello,11) e as sesións de ciclo dos mércores son no Teatro principal ás 18 e 21 horas (Rúa da Paz, 9).


30/11/20

Programación de decembro de 2020


Ciclo 50

Filmoteca CGAI

Festival AMAL en ruta

Ciclo de Outono en Ribadavia

O documental do mes



Camiñamos cara o final deste longo ano, engadindo as últimas citas ás celebracións do 50 aniversario. Pregamos tamén atención ás datas do AMAL en ruta que coinciden no primeiro fin de semana co ciclo de outono en Ribadavia, retrasado polas circunstancias do COVID a este mes e con mudanza de lugar e horas. Agardamos o pasedes tan ben coa programación que festexam os 50 anos coma co resto.



19/09/20

50 anos, 50 filmes



Cincuenta anos desde o inicio de todo na escola de maxisterio Padre Feijoo e cincuenta filmes para festexar medio século de existencia. A selección dolorosamente deixa moitas películas inesquecíbeis e abre unha luz sobre outras …grandes e oportunas para que as gocedes en pantalla grande (como debe ser).

Para que non perdas ningunha, podes descargar o seguinte arquivo [.ics · 98 kB] iCal e despois, terás que abrilo coa aplicación de calendario que dispoñas no teu trebello móbil (ou computadora).

Tamén tes a opción de descargar en PDF o listaxe completo [.pdf · 88 kB]



«50anos, 50 filmes» [ir.gl/50ccpf] cartaz deseñado por Leo Sousa (cineclupePF)


Dadas as particularidades deste magno ciclo festivo, pregamos unha atención especial aos días e horas de proxección, que se interpoñen ademais con outros ciclo previstos; Filmoteca do CGAI, o documental do mes e o ciclo de outono no Museo etnolóxico de Ribadavia, dos cales daremos cumprida información da programación mes a mes, tan axiña como sexa posible.

Deseguido o detalle da programación…