30/11/20

Programación de decembro de 2020


Ciclo 50

Filmoteca CGAI

Festival AMAL en ruta

Ciclo de Outono en Ribadavia

O documental do mes



Camiñamos cara o final deste longo ano, engadindo as últimas citas ás celebracións do 50 aniversario. Pregamos tamén atención ás datas do AMAL en ruta que coinciden no primeiro fin de semana co ciclo de outono en Ribadavia, retrasado polas circunstancias do COVID a este mes e con mudanza de lugar e horas. Agardamos o pasedes tan ben coa programación que festexam os 50 anos coma co resto.






Ciclo 50





1 dec. 2020
mar.

«La batalla de Chile (1): La insurrección de la burguesía»

· (Chile, 1975) 100 min. [+18] VOE/SIng

Salvador Allende pon en marcha un programa de profundas transformacións sociais e políticas. Desde o primeiro día a dereita organiza contra el unha serie de folgas salvaxes mentres a Casa Branca o asfixia economicamente. A pesar do boicot (en marzo de 1973) os partidos que apoian a Allende obteñen o 43,4% dos votos. A dereita comprende que os mecanismos legais xa non lles serven. De agora en diante a súa estratexia será o golpe de estado.


"Abafador e admirable documental dun país que é lanzado ao caos coa inevitabilidade dunha traxedia grega"
(Kevin Thomas, LOS ANGELES TIMES)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





2 dec. 2020
mér.

«Citizen Kane» Cidadán Kane

· (EUA, 1941) 119 min. [A] VOSE

Un importante magnate estadounidense, Charles Foster Kane, dono dunha importante cadea de xornais, dunha rede de emisoras e dunha inimaxinable colección de obras de arte, morre en Xanadú, o seu fabuloso castelo de estilo oriental. A última palabra que pronuncia antes de expirar, "Rosebud", cuxo significado é un enigma, esperta unha enorme curiosidade tanto na prensa como entre a poboación. Así, un grupo de xornalistas emprende unha investigación para desentrañar o misterio.


Premios
1941: Oscar: premio mellor guión orixinal


"Unha metáfora potente da traizón aos principios, a dexeneración do soño americano, e unha intelixente observación sobre a natureza corruptora do poder"
(David Wood, BBC)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





3 dec. 2020
xov.

«La ciénaga» O pantano

· (Arxentina, 2001) 102 min. [A] VOE

En febreiro, nos pantanos do noroeste de Arxentina, a sufocante calor mestúrase con choivas tropicais. Dúas familias (unha de clase media urbana e outra de produtores rurais en decadencia) entrecrúzanse no sopor provinciano dunha Salta caótica e inmutable, onde nada sucede pero todo está a piques de estalar. Un día todo cambia cando un accidente une estas dúas familias.


Premios
2001: Festival de Berlín: Premio Alfred Bauer
2001: Festival de Sundance: mellor guión
2001: Festival da Habana: mellor película


"Escuro brote de talento, de estraña e vigorosa secuencia. Filme duro, violento e brusco"
(Ángel Fernández Santos, EL PAÍS)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





4 dec. 2020
ven.

«Yol» O camiño

, · (Turquía, 1982) 114 min. [+16] VOSG

Cinco prisioneiros dun cárcere turco reciben permiso para viaxar ás súas casas durante unha semana. Cada un deles ten os seus propios problemas, preocupacións e nostalxias. Rigorosas leis, escritas e non escritas, e un sistema brutal son unha carga que pesa sobre eles. Sofren violencia e exercen violencia. As vacacións, comezadas con esperanza, terminan con dor.


Premios
1982: Cannes: Palma de ouro (ex-aequo) e Premio FIPRESCI


"YOL é a obra fundamental de Yılmaz Güney, probablemente o director máis importante da historia do cine turco. A produción de Yol é tan interesante como a propia película: preso durante a rodaxe, o cineasta delega a dirección en Şerif Gören, antes de escapar da prisión para completar a montaxe en Suíza. A aventura que precedeu ao estreo da película contribuíu certamente ao seu impacto, con todo, non pode ocultarse completamente a calidade desta película"
(Louis Rossier, DAILY MOVIES)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





6 dec. 2020
dom.

«8½ (Otto e mezzo)» Fellini, oito e medio

· (Italia, 1963) 140 min. [+12] VOSE

Guido Anselmi é un prestixioso director de cinema que se atopa en metade dun proxecto imposible de acabar. O realizador está a atravesar unha crise de inspiración e a presión exercida polos que o rodean non lle axuda a saír do ensimismamento. Nesta situación, empeza a pasar revista aos feitos máis importantes da súa vida e a lembrar a todas as mulleres ás que amou.


Premios
1963: Oscar: premios mellor película de fala non inglesa e vestiario


"A alucinóxena obra mestra de Fellini é a máis película das películas (...) É unha obra que nunca deixa de recompensar e sorprender"
(Tara Brady, IRISH TIMES)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 h. (CUT+1)
  De balde




Filmoteca CGAI






7 dec. 2020
lun.

«La strada dei Samouni» A familia Samouni

· (Italia-Francia, 2018) 128 min. [ND] VOSG

Na periferia rural da cidade de Gaza, unha pequena comunidade de agricultores, a familia Samuni, disponse a celebrar unha voda. É a primeira festa desde a última guerra. Amal, Fuad, os seus irmáns e curmáns perderon a seus pais, os seus fogares e as súas oliveiras. O barrio no que viven está a ser reconstruído. Replantan as árbores e aran os campos, pero unha tarefa aínda máis difícil recae sobre estes mozos superviventes: reconstruír a súa propia memoria. A través dos seus recordos, A familia Samuni traza un profundo retrato dunha familia antes, durante e despois dos tráxicos sucesos que mudaron as súas vidas para sempre.


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20 h. (CUT+1)
  De balde



Festival AMAL en ruta


AMAL EN RUTA 2020 supón un percorrido polo mellor cine árabe da actualidade grazas á Fundación Araguaney





10 dec. 2020
xov.

«Soufra»

· (Singapur, 2017) 73 min. [ND] VOSE

Soufra narra a historia de Mariam Shaar, unha muller nada no campo de refuxiados palestinos de Burj El Barajneh (Beirut) que trata de crear unha empresa de restauración para mulleres como medio de supervivencia económica, social e persoal.

 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 h. (CUT+1)
  De balde





10 dec. 2020
xov.

«Look at me»

· (Catar - Tunes - Francia, 2018) 96 min. [ND] VOSE

A vida de Lofti, un inmigrante asentado en Marsella, cambia drásticamente o día que recibe unha chamada do seu irmán desde Tunes. A súa ex-esposa acaba de sufrir un infarto e Lofti tense que facer cargo do seu fillo de 9 anos afectado de autismo.

 
 
SESIÓN:
COTA:
  20:00 h. (CUT+1)
  De balde






11 dec. 2020
ven.

«La guerra empieza aquí»

· (España, 2018) 64 min. [ND] VOE/SE

O 13 de marzo do 2017, Ignacio Robles, bombeiro de Bizkaia, negouse a participar nun operativo de seguridade no porto de Bilbao. A manobra tiña como obxectivo o envío de toneladas de armamento fabricado en Euskadi a Arabia Saudita.

 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 h. (CUT+1)
  De balde





11 dec. 2020
ven.

«Mafak»

· (Palestina - EUA - Catar , 2018) 108 min. [ND] VOSE

Despois de 15 anos de prisión Ziad non recoñece o mundo que o rodea. A tecnoloxía cambiou, a sociedade non é a que era e empeza a comprender que os seus problemas non son só sociais, senón tamén psicolóxicos. Ziad sente que a súa única escapatoria pasa por volver ao momento no que se atopaba 15 anos atrás, con todo o que iso supón.

 
 
SESIÓN:
COTA:
  20:00 h. (CUT+1)
  De balde






12 dec. 2020
sáb.

«Sky and ground»

e · (EUA, 2018) 86 min. [ND] VOSE

Sky and Ground cóntanos a historia dos Nabi, unha familia siria - kurda que viaxa ilegalmente durante tres meses dende Aleppo a Alemaña. Un relato no que se mestura o medo coa esperanza por unha vida mellor.



 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 h. (CUT+1)
  De balde



Ciclo de Outono en Ribadavia





  12 Dec. 2020
Sáb.

«Estruturas. Pel contra pel»

e · (España, 2018) 77 min. [ND] VOG-E
O documental amosa un conxunto de actuacións de responsabilidade colectiva que repercuten no urbanismo e na paisaxe: a explotación forestal, os tendidos eléctricos de proporcións desmedidas, a actuación humana ante o crecemento pobacional, o abandono do patrimonio, as obras inacabadas, a especulación, etc.

(Prevemos a asistencia dos directores)


SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. (CEST) «Igrexa da Madalena de Ribadavia», Ourense
 De balde



Festival AMAL en ruta






13 dec. 2020
dom.

«Yomeddine»

· (Exipto, 2018) 93 min. [ND] VOSE

Beshay nunca saíu da colonia de leprosos na que o abandonaron sendo un neno. Trala morte da súa muller decide coller as súas escasas pertenzas e ir en busca das súas raíces xunto a Obama, un mozo orfo que se une a el no camiño



 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 h. (CUT+1)
  De balde



Ciclo de Outono en Ribadavia





  13 Dec. 2020
Dom.

«El bosque animado» O bosque animado

· (España, 1987) 103 min. [A] VOSE
Nun bosque fantástico dunha aldea galega do rural "naqueles anos nos que unha galiña custaba dúas pesetas e o bosque de Cecebre era máis extenso e máis frondoso" transcorre a vida, cun bandido que tenta asaltar algo, un poceiro coxo, unha ánima en pena, unha muller farta da explotación laboral á que a súa tía a somete e que decide buscar a vida na cidade, un meniño rebuldeiro cunha irmá tamén cativa que traballa máis que dorme, unhas solteiras da capital (Amparo Baró e Alicia Hermida) que foron á aldea para relaxarse, o cura, o garda civil e o señor do pazo chamado o D'Abondo.

Premios:
1987: Goya mellor película, actor e guión


SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. (CEST) «Igrexa da Madalena de Ribadavia», Ourense
 De balde



Filmoteca CGAI






14 dec. 2020
lun.

«Vitalina Varela»

· (Portugal, 2020) 124 min. [ND] VOSG

Vitalina aterra en Lisboa tres días despois do funeral do seu marido Joaquim. Foi campesiña durante toda a súa vida en Cabo Verde e estivo agardando ese billete de avión máis de 25 anos para reunirse con el. No barrio ninguén a coñece, ninguén a conforta, a veciñanza desconfía. Pasa apesarada os días e as noites como un pesadelo, pechada na casa de Joaquim. Alí descobre a súa vida secreta, as cinzas da súa relación e a pobreza dun soño do que só quedan os cimentos.


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20 h. (CUT+1)
  De balde


Ciclo 50





18 dec. 2020
ven.

«Arrebato» Arroutada

· (España, 1979) 110 min. [+18] VOE

Tras finalizar a súa segunda longametraxe, o cineasta José Sirgado séntese profundamente insatisfeito coa súa vida ao entrar na trintena. Debátese entre a insatisfacción que lle causa a súa carreira cinematográfica, as secuelas da súa adicción á heroína e a nostalxia da súa relación con Ana, que fora a protagonista da ópera prima. Un día, ao volver a casa, atópase coas dúas tentacións, a heroína e Ana, á súa disposición. Tamén recibe un misterioso paquete enviado por Pedro, un personaxe inquietante, que lle manda unha película gravada en Super 8 onde José atopará tanto unha vía de escape como o camiño sen retorno ao maior dos infernos.


Premios
1981: Festival Fantasporto: Premio da Crítica, mellor actor e guión


"Film de culto, moderno e/ou posmoderno, concibido cun orzamento mínimo, (...) 'Arrebato' integra un acoutado grupo de películas españolas que marcaron un antes e un despois na historia do cinema"
(Gustavo Castagna, TIEMPO ARGENTINO)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde





20 dec. 2020
dom.

«Rosemary's Baby» A semente do diaño

· (EUA, 1968) 136 min. [+16] VOSE

Guy e Rosemary Woodhouse, un matrimonio neoiorquino, múdanse a un edificio situado fronte a Central Park, sobre o cal, segundo un amigo, pesa unha maldición. Unha vez instalados, fanse amigos de Minnie e Roman Castevet, uns veciños que os colman de atencións. Ante a perspectiva dun bo futuro, os Woodhouse deciden ter un fillo; pero cando Rosemary queda embarazada, o único que lembra é facer o amor cunha estraña criatura que lle deixou o corpo cheo de marcas. Co paso do tempo, Rosemary empeza a sospeitar que o seu embarazo non é normal.


Premios
1968: Oscar: premio mellor actriz secundaria
1968: Globos de Ouro: premio mellor actriz secundaria
1968: David di Donatello: premios mellor dirección e actriz estranxeira


"Unha excelente versión da novela satánica de Ira Levin"
(VARIETY)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 h. (CUT+1)
  De balde


O documental do mes






21 dec. 2020
lun.

«Overseas»

· (Bélxica-Francia, 2019) 90 min. [ND] VOSE

As candidatas que traballan nun centro de adestramento para realizar tarefas domésticas prepáranse, como moitas outras filipinas, para a nostalxia e os malos tratos que adoitan sufrir cando abandonan o seu país.

(Organizado pola oficina cultural da Vicerreitoría do campus de Ourense da Universidade de Vigo)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  De balde



Ciclo 50






22 dec. 2020
mar.

«Chun gwong tsa sit» Happy together

· (Hong Kong, 1997) 98 min. [+13] VOSE

Yiu-Fai e Po-Wing levan un tempo xuntos moi namorados e deciden viaxar desde Hong Kong a Arxentina para empezar unha nova vida de cero. A chegada ao novo país parece transformar as cousas e Po-Wing abandona a Yiu-Fai, que comeza a traballar nun bar de tango para conseguir o diñeiro dun billete de volta a casa. Un día Po-Wing reaparece, pero esta igual que sempre e Yiu-Fai busca estabilidade na súa vida.


Premios
1997: Festival de Cannes: premio mellor dirección


"Estraña e subxugante"
(Omar Khan, CINEMANÍA)


 
 
SESIÓN:
COTA:
  17:00 e 20:00 h. (CUT+1)
  De balde



Ciclo de Outono en Ribadavia





  26 Dec. 2020
Sáb.

«O apóstolo»

· (España, 2012) 72 min. [ND] VOG
Un preso foxe do cárcere para tentar atopar un tesouro agochado hai anos nunha aldea do Camiño de Santiago, pero o que atopa suporalle unha condena maior da que fuxiu. Vellos misteriosos, estrañas desaparicións, trasnos, un cura estraño e o arcipreste de Santiago xúntanse no Camiño. Un filme de misterio, humor, animación e invención.

Premios:
2013: Festival de Annecy: Premio do público
2013: Fantasporto: Premio especial do xurado
2014: Animamundi; Mellor película de animación


SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. (CEST) «Igrexa da Madalena de Ribadavia», Ourense
 De balde





  27 Dec. 2020
Dom.

«O que arde»

· (España, 2019) 85 min. [+7] VOG
Nos Ancares lucenses, Amador Coro (interpretado por Amador Arias) é un veciño pirómano que sae do cárcere e regresa á súa casa, coa súa nai Benedicta (intepretada por Benedicta Sánchez), a súa cadela Luna e as súas vacas. As súas vidas transcorren con normalidade no medio da natureza até que un día un lume arrasa a rexión.

Premios:
2019: Festival de Cannes; Un certain regard
2019: Goya: Mellor actriz revelación e fotografía
2019: Festival Mar de plata; mellor película e guión


SESIÓN:
COTA:
  19:00 h. (CEST) «Igrexa da Madalena de Ribadavia», Ourense
 De balde






Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura (onde estaba a Biblioteca Pública), rúa Concello 11 - Ourense agás as de Ribadavia, que son na Igrexa da Madalena. Pregamovós puntualidade.

Os acrónimos utilizados son: VO = versión orixinal, VOS = versión orixinal subtitulada, VOSE = versión orixinal subtitulada en castelán, VOSG = Versión orixinal subtitulada en galego, VDE = versión dobrada en castelán, VDG = versión dobrada en galego.

A calificación por idades de cada filme amósase con: [A] = apta para todos os públicos, [+N] = recomendado para maiores de N anos (onde N é a idade mínima recomendábel) e [SC]/[ND] = sen calificación ou non dispoñíbel.

ADVERTENZAS: O cineclube conta cun protocolo de medidas anti COVID, que obriga a unha entrada e saída diferentes da sala, aforo reducido, hixienización e ventilación entre sesións e obrigación do uso da máscara en todo momento. Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo o incuprimento das normas citadas, da expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

* Agás para os filmes con audiodescrición, así sinalizados [AD)))]

AD)))
  A audiodescrición é posíbel coa AudescMobile da Fundación ONCE para os sistemas operativos Android e iOS (de balde). Non é preciso máis software e/ou hardware adicional. O/A usuario/a coa aplicación instalada no seu trebello móbil, descarga a audiodescrición do filme que desexa ver e unha vez na sala, conecta os seus auriculares e inicia a aplicación co arquivo da audiodescrición; o arquivo sonoro sincronízase de xeito automático co filme.





Ningún comentario: