Un ano despois do noso reencontro coa casa da cultura, enchidos de orgullo e satisfación coas mellores instalacións posibles e coa sobresaínte colaboración da
Biblioteca Pública e da resposta cidadán, é nos grato comunicar ao noso distinguido público, unha nova tempada que tentaremos que vos entusiasme, que sexa
fantástica.
De seguido presentámosvos esta excelsa programación, non sen antes lembraros que…:
Non permitimos a entrada despois de comenzada a proxección, polo que vos pregamos puntualidade (aparte de apagar os dispositivos móbiles).
Os días, horarios de proxección e cotas de entrada serán os habituais;
luns (filmoteca ás 20:30 e 23
h.) 2 euros,
mércores (ciclo ás 18, 20:30 e 23
h.) 4 euros, (agás nalgunhas datas especiais con sesións que vós anunciaríamos oportunamente); procurade vir co troco xusto de moedas, evitar se vós é posible traer billetes grandes.
Aos non asociados, selle engadiran os oportunos custes de mantenemento da actividade máis o
IVE correspondente.
¹
Sentimos non poder ofreceros ainda a venda anticipada polo que podes acadar a cota de acceso media hora antes de cada sesión como até o momento, e sobre os descontos especiais, temos pensado implementalos nalgunhas sesións para os socios/as en situación de desemprego, estudantes e pensionistas, os avisaremos cando así sexa.
Cartaz do ciclo cinema «Fantástico» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Inauguramos a tempada cun pequeno ciclo de «
cinema Fantástico» onde exploramos as analoxías dunhas historias situadas no abrente do tercer milenio, onde a pesares de ter todo ao noso alcance, non somos amos dos nosos propios destinos. Descríbesen modelos de vida inquientantes, non só pola arquitectura dos seus opresivos escenarios, senón polas clarividentes semellanzas ca sociedade actual, onde batallan os nosos paraísos artificiais, creados para tratar de esquecer os dilemas éticos que planean sobre as nosas xerárquicas vidas. Desexamos crer que hai esperanza, que non temos un límite atormentado e próximo, como declamaba —no anterior milenio—
David Bowie a
Ziggy Stardust e que nos servíu de inspiración para ofreceros este
avance visual [.mp4 • 5'2 MB] do ciclo.
Non te alporices por este futuro post-punk, sempre te podes evadir co fútbol, coas tronistas pretendentes, ou co último combinado etílico xurdido polas ofertas do super; para consumir ao calor dunha noite de botellón, é posible ser así de artificiais?
Agardemos que os filmes non vos deixen indeferentes e que procuredes paraísos máis naturais.
Abertos a todo tipo propostas (e de xente), fumos quen de compoñer este
avance visual [.mp4 • 5'8 MB] dos
luns de filmoteca; agardemos que ao vosa mente non quede perturbada ao escoitar ao
trekkie William Shatner, (se acertades a comprender a frenética lírica orixinal de
Jarvis Branson Cocker é grazas ao dueto de
Joe Jackson).