16/12/08

‘Garage’


Esta é a nota de prensa enviada hoxe ao medios (se queres recibir información sobre as actividades do Cineclube, únete ao grupo de correo en http://groups.google.es/group/cineclubepf)


‘GARAGE’, A NOVA SORPRESA DO CINEMA IRLANDÉS,
PON FIN AO CICLO DE ESTREAS EN VERSIÓN ORIXINAL


Mañá, mércores 17 de decembro, o Cineclube Padre Feijoo e mais Cinebox Ourense presentan o filme Garage, do irlandés Lenny Abrahamson, que obtivo o Premio CICAE na Quincena dos Realizadores do Festival de Cannes de 2007. Os pases, ás 20.30 e 23.00 horas, terán lugar no Cinebox Ourense, no Centro Comercial Ponte Vella; as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario).
O filme é o derradeiro do cuarto ciclo «Estreas en Versión Orixinal», subtitulado nesta ocasión «Da comedia ao drama». Para o ciclo cóntase coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia, apoiada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, e mais da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
Garage conta a historia de Josie, un home que leva toda a vida traballando como encargado dunha ruinosa gasolineira no medio oeste irlandés. É introvertido e solitario, bastante optimista e, dunha maneira rara, feliz. Mais, de repente, a chegada de David á gasolineira traerá unha serie de mudanzas á súa até agora tranquila e monótona vida. O filme segue a optimista viaxe de Josie en busca do amor, e da aprobación dos demais.
Garage é a segunda colaboración entre o director Lenny Abrahamson e o guionista Mark O’Halloran, creadores en 2004 da multipremiada comedia negra Adam & Paul. Trátase, segundo os seus autores, dunha «traxicomedia asombrosa e hipnótica», cuxo estilo se podería definir como «pequeno slapstick» ou «slapstick tráxico». A película conseguiu media ducia de importantes premios internacionais, e catro dos Premios do Cinema e a Televisión Irlandeses (IFTA): mellor actor, mellor director, mellor guión e mellor filme.

09/12/08

‘Tropa de elite’


Esta é a nota de prensa enviada hoxe ao medios (se queres recibir información sobre as actividades do Cineclube, únete ao grupo de correo en http://groups.google.es/group/cineclubepf


‘TROPA DE ELITE’: O BRASIL MÁIS CONFLITIVO
NO CICLO DE ESTREAS EN VERSIÓN ORIXINAL


Mañá, mércores 10 de decembro, o Cineclube Padre Feijoo e mais Cinebox Ourense presentan o filme Tropa de Elite, do brasileiro José Padilha, que obtivo o Oso de Ouro no Festival de Berlín 2008. Os pases, ás 20.30 e 23.00 horas, terán lugar no Cinebox Ourense, no Centro Comercial Ponte Vella; as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario).
Prosegue deste xeito o cuarto ciclo «Estreas en Versión Orixinal», subtitulado nesta ocasión «Da comedia ao drama». Para o ciclo cóntase coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia, apoiada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, e mais da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
Tropa de Elite está ambientada no Rio de Janeiro en 1997. Conta como a Nascimento, capitán do BOPE (Batalhão de Operações Policiais Especiais), a tropa de elite da Policía do Rio, lle é asignado o mando dun dos grupos que teñen a misión de «pacificar» as favelas do ‘morro’ de Turano, debido á visita de Xoán Paulo II, quen vai instalarse nunha zona próxima. O capitán, baixo unha presión constante, comeza a notar os efectos do estrés. Ten que executar as ordes recibidas, en canto tenta encontrar un substituto, xa que a súa muller está nos seus últimos días de embarazo e lle pide constantemente que abandone a primeira liña do Batalhão.
Proxecto nacido inicialmente como documental, Tropa de Elite conta no formato de ficción como actúa en realidade a policía brasileira na loita contra as bandas de delincuentes que pululan polas favelas. O filme, ademais de numerosos premios, como os «BR» do cinema brasileiro, obtivo o Oso de Ouro do Festival de Berlín, nunha edición en que o xurado estivo presidido por Costa-Gavras, o que pon o acento na súa condición de filme político e de denuncia.

02/12/08

‘Honeydripper Blues Bar’


Esta é a nota de prensa enviada hoxe ao medios (se queres recibir información sobre as actividades do Cineclube, únete ao grupo de correo en http://groups.google.es/group/cineclubepf


‘HONEYDRIPPER BLUES BAR’: CINEMA E MÚSICA
NO CICLO DE ESTREAS EN VERSIÓN ORIXINAL

Mañá, mércores 3 de decembro, o Cineclube Padre Feijoo e mais Cinebox Ourense presentan o filme Honeydripper Blues Bar (Honeydripper), do norteamericano John Sayles, que obtivo o Premio ao mellor guión no Festival de San Sebastián 2007. Os pases, ás 20.30 e 23.00 horas, terán lugar no Cinebox Ourense, no Centro Comercial Ponte Vella; as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario).
Continúa así o cuarto ciclo «Estreas en Versión Orixinal», subtitulado nesta ocasión «Da comedia ao drama». Para o ciclo cóntase coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia, apoiada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, e mais da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
Honeydripper Blues Bar conta unha historia ambientada na Alabama rural de 1950. Tyrone, pianista e dono dun pequeno bar, espera salvar o seu local da ruína contratando o máis famoso guitarrista de blues do momento, Guitar Sam. Cando chega o día da actuación, o músico non aparece no tren en que debía chegar. Tyrone terá que buscar unha solución para non perder a grande oportunidade de mudar a súa sorte.
John Sayles, o realizador de Casa de los babys ou Lone Star, dirixe esta película interpretada por Danny Glover no papel protagonista. A crítica ten escrito dela que é «un conto melancólico e vibrante, tan contaxioso e infalíbel como os tres acordes do rock and roll» (Ricardo Aldarondo, Fotogramas) e unha «cálida homenaxe ao blues rural» (Ángel S. Harguindey, El País).

25/11/08

‘Yo serví al rey de Inglaterra’

Esta é a nota de prensa enviada hoxe ao medios (se queres recibir información sobre as actividades do Cineclube, únete ao grupo de correo en http://groups.google.es/group/cineclubepf)

‘YO SERVÍ AL REY DE INGLATERRA’ ABRE O
CUARTO CICLO DE ESTREAS EN VERSIÓN ORIXINAL


Mañá, mércores 26 de novembro, o Cineclube Padre Feijoo e mais Cinebox Ourense presentan o filme Yo serví al rey de Inglaterra (Obsluhoval jsem anglického krále), do checo Jirí Menzel, que obtivo o Premio da Crítica Internacional no Festival de Berlín en 2007. Os pases, ás 20.30 e 23.00 horas, terán lugar no Cinebox Ourense, no Centro Comercial Ponte Vella; as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario).
Con este filme comeza o cuarto ciclo «Estreas en Versión Orixinal», subtitulado nesta ocasión «Da comedia ao drama». Para o ciclo cóntase coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia, apoiada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, e mais da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
Yo serví al rey de Inglaterra conta a historia dun camareiro provinciano moi ambicioso, que quere converterse en millonario. Para tal fin, pretende escoitar e observar todo, e utilizar todo o que escoitou e observou. Con esa convicción e un desexo irrefreábel de compracer a todo o mundo, axiña abandona o seu primeiro emprego, nun pub, por un bordel de luxo e, finalmente, por un elegante restaurante art nouveau de Praga. Cando chega o final da década de 1930, as cousas comezan a mudar: Hitler ocupa Sudetenland e está a dividir Checoslovaquia.
Jirí Menzel, director de clásicos como Trens rigorosamente vixiados, volve inspirarse, por sexta vez na súa carreira, na obra do falecido escritor checo Bohumil Hrabal. «O seu sentido do humor e a súa adornada forma de narrar varios episodios da vida dun aprendiz ambicioso ofrecían infinidade de momentos que estiven encantado de rodar», afirma o realizador. A novela, editada en España por Destino, é para Menzel «un dos seus maiores logros, unha visión do mundo moderno e dunha parte da historia do século XX reflectidas na vida dun home.» Ademais de triunfar nos galardóns da cinematografía checa (gañou catro «Leóns Checos»), o filme levou o premio ao mellor filme no Festival de Comedia de Peñíscola e o premio da Fipresci (a asociación da crítica internacional) no Festival de Berlín de 2007.

19/11/08

Estreas en Versión Orixinal 4


O CINECLUBE PADRE FEIJOO E CINEBOX OURENSE PRESENTAN
O CUARTO CICLO DE ESTREAS EN VERSIÓN ORIXINAL

Durante as próximas semanas (a última de novembro e as tres primeiras de decembro), o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense proxectarán catro filmes dentro do seu novo ciclo «Estreas en Versión Orixinal 4: Da comedia ao drama». Catro títulos de procedencias moi diversas, premiados en diferentes festivais, e que van, como se indica, desde a comedia con toques dramáticos até o drama social. En todos os casos, trátase de filmes que se proxectan en versión orixinal con subtítulos en castelán. Para o ciclo cóntase novamente co apoio da Federación de Cineclubes de Galicia, da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia e da Vicerreitoría do Campus de Ourense.
O primeiro dos títulos, previsto para o mércores 26 de novembro, é Yo serví al rey de Inglaterra, do checo Jirí Menzel —director de clásicos como Trenes rigurosamente vigilados—, que obtivo o Premio da Crítica Internacional no Festival de Berlín en 2007. O segundo, para o 3 de decembro, será Honeydripper Blues Bar, unha película que retrata o ambiente musical dun bar de blues na Alabama dos anos cincuenta, a cargo do cineasta John Sayles (director de filmes como Lone Star ou Casa de los Babys); o filme conseguiu o Premio ao mellor guión no Festival de San Sebastián.
O terceiro título, que se proxectará o 10 de decembro, é Tropa de elite, un filme brasileiro dirixido por José Padilha, que narra os problemas ocasionados polo narcotráfico nas favelas do Rio de Janeiro, e que conseguiu o Oso de Ouro no Festival de Berlín. Por último, o 17 de decembro chegará Garage, unha nova sorpresa da cinematografía irlandesa; trátase dun filme dirixido por Lenny Abrahamson que gañou, entre outros, o Premio CICAE da prestixiosa Quincena dos Realizadores do Festival de Cannes.
Cúmprese un ano de colaboración do Cineclube cos Cinebox Ourense, que se concretou en catro ciclos ademais deste (tres da serie «Estreas en Versión Orixinal» e un de «Cinema e BD», dentro das Xornadas de Banda Deseñada), nos cales a resposta do público ten sido moi boa, mesmo superando as expectativas dos organizadores. Esas 24 proxeccións xa efectuadas, aínda que estean lonxe do ritmo normalizado que permitiría contar cunha sala pública, fan que o Cineclube e o Cinebox nos congratulemos polo éxito conseguido.


Ciclo Estreas en Versión Orixinal 4
Da comedia ao drama


Ciclo Estreas en Versión Orixinal 4: Da comedia ao drama
Novembro-decembro 2008
Cinebox Ourense
Entrada: 4 euros (3 euros con carné universitario)
Versión Orixinal Subtitulada

Co apoio de:
Federación de Cineclubes de Galicia
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual – Xunta de Galicia
Vicerreitoría do Campus de Ourense

26-11-08 Yo serví al rey de Inglaterra

03-12-08 Honeydripper Blues Bar

10-12-08 Tropa de elite

17-12-08 Garage

• Mércores 26 de novembro de 2008 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h
Yo serví al rey de Inglaterra
Obsluhoval jsem anglického krále. República Checa/Eslovaquia, 2006. Cor, 120 min. Dirección: Jiří Menzel • Produción: Rudolf Biermann (AQS, Barrandov Studios, Magic Box Slovakia, TV Nova, UPP) • Guión: Jiří Menzel, segundo a novela de Bohumil Hrabal • Fotografía: Jaromír Šofr • Montaxe: Jiří Brožek • Música: Aleš Březina • Intérpretes: Ivan Barnev (Jan Dítě, novo), Oldřich Kaiser (Jan Dítě, vello), Julia Jentsch (Lisa), Martin Huba (Skřivánek), Marián Labuda (Walden), Milan Lasica (profesor), Josef Abrhám (Brandejs), Jiří Lábus (director do hotel), Jaromír Dulava (Karel) • Estrea na República Checa: 11/1/2007 • Estrea en España: 18/7/2008 • Versión orixinal en checo con subtítulos en castelán.

• Web oficial (checo e inglés): http://www.anglickykral.cz/

• Festival de Berlín 2007: Premio da crítica internacional (Fipresci)
• Leóns Checos 2007: Mellor filme, Mellor director, Mellor fotografía, Mellor actor secundario (Martin Huba)
• Festival de Comedia de Peñíscola 2008: Mellor filme
• Festival de Sofía 2007: Premio do público

Jan Dítě é camareiro provinciano moi ambicioso; quere converterse en millonario e sabe como conseguilo: escoitándoo todo e observándoo todo, e utilizando todo o que escoitou e observou. Con esa convicción e un desexo irrefreábel de compracer a todo o mundo, axiña abandona o seu primeiro emprego, nun pub, por un bordel de luxo e, finalmente, por un elegante restaurante art nouveau de Praga. Pero agora chegou o final da década de 1930, e as cousas están mudando: Hitler ocupou Sudetenland e está a dividir Checoslovaquia.


• Mércores, 3 de decembro de 2008 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h
Honeydripper Blues Bar
Honeydripper. EUA, 2007. Cor, 123 min. Dirección e guión: John Sayles • Produción: Maggie Renzi (Anarchist’s Convention Films, Honeydripper Films) • Fotografía: Dick Pope • Montaxe: John Sayles • Música: Mason Daring • Intérpretes: Danny Glover (Tyrone Purvis), Lisa Gay Hamilton (Delilah), Yaya DaCosta (China Doll), Charles S. Dutton (Maceo), Mary Steenburgen (Amanda Winship), Vondie Curtis Hall (Slick), Gary Clark Jr. (Sonny Blake), Dra. Mable John (Bertha Mae), Stacy Keach (sheriff Pugh), Absalom Adams (Lonnie) • Estrea en EUA: 28/12/2007 • Estrea en España: 16/5/2008 • Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán.

• Web oficial (inglés): http://honeydripper-movie.com
• Web oficial (español): http://www.golem.es/honeydripper

• Festival de San Sebastián 2007: Premio ao mellor guión

Na Alabama rural de 1950, Tyrone, pianista e dono dun pequeno bar, espera salvar o seu local da ruína contratando o máis famoso guitarrista de blues do momento, Guitar Sam. Cando chega o día da actuación, o músico non aparece no tren en que debía chegar. Tyrone terá que buscar unha solución para non perder a grande oportunidade de mudar a súa sorte.


• Mércores, 10 de decembro de 2008 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h
Tropa de élite
Tropa de elite. Brasil, 2007. Cor, 115 min. Dirección: José Padilha • Produción: Marcos Prado, José Padilha (Zazen Produções, Posto 9, Feijão Filmes, The Weinstein Company) • Guión: José Padilha, Rodrigo Pimentel, Bráulio Mantovani • Fotografía: Lula Carvalho • Montaxe: Daniel Rezende • Música: Pedro Bromfman • Intérpretes: Wagner Moura (capitán Nascimento), André Ramiro (André Matias), Caio Junqueira (Neto), Milhem Cortaz (capitán Fábio), Fernanda Machado (Maria), Maria Ribeiro (Rosane), Paulo Vilela (Edu), Fernanda de Freitas (Roberta), André Mauro (Rodrigues), Fábio Lago (Baiano) • Estrea no Brasil: 12/10/2007 • Estrea en España: 18/7/2008 • Versión orixinal en portugués, con subtítulos en castelán.

• Web oficial (portugués): http://www.tropadeeliteofilme.com.br
• Web oficial (español): http://www.brasilelite.com

• Festival de Berlín 2007: Oso de Ouro
• Grande Prêmio BR do Cinema Brasileiro 2008: Mellor actor (Wagner Moura), Mellor actor secundario (Milhem Cortaz), Mellor fotografía, Mellor director, Mellor montaxe – ficción, Mellor maquillaxe, Mellor son, Mellores efectos especiais
• Festival de Cinema Latinoamericano de Lima 2008: Premio do público
• Premios da Asociación de Críticos de São Paulo 2008: Mellor director, Mellor montaxe

Rio de Janeiro, 1997. A Nascimento, capitán do BOPE (Batalhão de Operações Policiais Especiais), a tropa de elite da Policía do Rio, élle asignado o mando dun dos grupos que teñen a misión de «pacificar» as favelas do ‘morro’ de Turano, debido á visita de Xoán Paulo II, quen vai instalarse nunha zona próxima. O capitán, baixo unha presión constante, comeza a notar os efectos do estrés. Ten que executar as ordes recibidas, en canto tenta encontrar un substituto, xa que a súa muller está nos seus últimos días de embarazo e lle pide constantemente que abandone a primeira liña do Batalhão.


• Mércores, 17 de decembro de 2008 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h
Garage
Garage. Irlanda, 2007. Cor, 85 min. Dirección: Lenny Abrahamson • Produción: Ed Guiney (Element Pictures, Broadcasting Commission of Ireland, Bórd Scannán na hÉireann, Film4, Radio Telefís Éireann) • Guión: Mark O’Halloran • Fotografía: Peter Robertson • Montaxe: Isobel Stephenson • Música: Stephen Rennicks • Intérpretes: Pat Shortt (Josie), Anne-Marie Duff (Carmel), Conor Ryan (David), Don Wycherley (Breffni), Andrew Bennett (Sully), Michael Denis Conway (Garda), Tom Hickey (Sr. Skerrit), George Costigan (Dan), John Keogh (Sr. Gallagher) • Estrea en Irlanda: 5/10/2007 • Estrea en España: 18/7/2008. Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán.

• Web oficial (inglés): http://www.garagethefilm.com
• Web oficial (español): http://www.avalonproductions.es/garage

• Festival de Cannes – Quincena dos Realizadores 2007: Premio CICAE
• Festival de Bratislava 2007: Mención especial Premio Ecuménico
• Festival de Cinema Británico de Dinard 2007: Premio Coup de Cœur
• Premios do Cinema e a Televisión Irlandeses (IFTA) 2008: Mellor actor principal (Pat Shortt), Mellor director, Mellor filme, Mellor guión
• Festival de Cinema de Comedia de Monte-Carlo 2007: Mellor actor (Pat Shortt)
• Festival de Cinema Xove de Turín 2007: Mellor filme, Mellor filme internacional

Josie leva toda a vida traballando como encargado dunha ruinosa gasolineira no medio oeste irlandés. É introvertido e solitario, bastante optimista e, dunha maneira rara, feliz. Mais, de repente, a chegada de David á gasolineira traerá unha serie de mudanzas á súa até agora tranquila e monótona vida. David e Josie agrádanse e non tardan en conectar. De boas a boas, aquel adulto solitario vese reflectido no rapaz, e non dubidará en sentar con el, e con otros rapaces da súa idade, a beber cervexas nas vías do tren. Carmel, que traballa nunha tenda na cidade e que sempre tratou ben a Josie, comeza a descubrir sentimentos moi intensos que non é capaz de definir, e que terminan facendo perigar a súa relación con Josie.

07/10/08

‘Persépolis’

Esta é a nota de prensa enviada hoxe ao medios (se queres recibir información sobre as actividades do Cineclube, únete ao grupo de correo en http://groups.google.es/group/cineclubepf)

‘Persépolis’, nas Xornadas de Banda Deseñada

Mañá, mércores 8 de outubro de 2008, dentro do programa das XX Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, proxectarase, en estrea en Ourense, o filme Persépolis, de Marjane Satrapi e Vincent Paronnaud. As sesións, no Cinebox Ourense (C. C. Ponte Vella), serán ás 20.30 e 23 h. A entrada é de 3 euros.
Persépolis é a adaptación a cinema da coñecida novela gráfica homónima de Marjane Satrapi, quen codirixe a adaptación xunto con Vincent Paronnaud. Entre outros galardóns, recibiu o Premio do Xurado no Festival de Cannes.
Conta a historia dunha nena que medra no Irán da Revolución Islámica. A través dos seus ollos vemos como as esperanzas do seu pobo quedan rotas cando os fundamentalistas toman o poder. Intelixente e sen medo, Marjane engana os «gardiáns sociais» e descobre o punk, Abba e Iron Maiden. Mais cando o seu tío é executado sen piedade e as bombas caen arredor de Teherán na guerra entre Irán e Iraq, o medo diario que rodea a súa vida é palpábel.

30/09/08

‘El castillo ambulante’

Esta é a nota de prensa enviada hoxe aos medios:

‘EL CASTILLO AMBULANTE’, DE HAYAO MIYAZAKI, NO CINECLUBE


Dentro do programa das XX Xornadas de Banda Deseñada de Ourense proxectarase, nas salas Cinebox, mañá mércores 1 de outubro, ás 20.30 e ás 23 h, o filme xaponés de animación El castillo ambulante, do director Hayao Miyazaki (autor das premiadas La princesa Mononoke e El viaje de Chihiro, entre outras). As entradas terán un prezo de 3 euros. A proxección será en versión orixinal subtitulada.
El castilo ambulante, que adapta a novela homónima de Diana Wynne Jones, conta a historia Sophie, unha rapaza que traballa nunha tenda de sombreiros, que un día coñece o mago Howl, un mozo con poderes extraordinarios e extremadamente sedutor. O encontro entre ambos non pasa desapercibido para a Bruxa das Landas, quen odia visceralmente a Howl. Cando Sophie volve á tenda, a Bruxa, facéndose pasar por unha clienta, engánaa e enfeitízaa, transformándoa nunha anciá de 90 anos que non pode revelar a súa verdadeira identidade.
O filme foi candidato ao Oscar como mellor filme animado e gañou no Festival de Venecia a Osella de Ouro. Até agora permanecía inédito nas pantallas comerciais ourensás.

26/09/08

Cinema e BD


Dentro do programa das XX Xornadas de Banda Deseñada de Ourense haberá proxeccións de cinema en pantalla grande, coa colaboración das salas Cinebox e do Cineclube Padre Feijoo. Serán dous filmes inéditos nas salas comerciais da cidade: o mércores 1 (20.30 e 23 h), El castillo ambulante, do xenial director Hayao Miyazaki (tamén autor de cómic), e o mércores 8 (20.30 e 23 h), Persépolis, codirixida pola autora da BD homónima en que se basea, Marjane Satrapi. Ambos os filmes foron gañadores de diferentes premios, ademais de teren sido nomeados para os Oscar na categoría de película de animación: El castillo ambulante recibiu a Osella de Ouro no Festival de Venecia, e Persépolis o Premio do Xurado no Festival de Cannes.


• Mércores 1 de outubro, 20.30 e 23 h: El castillo ambulante, de Hayao Miyazaki

Miyazaki, autor de manga e director de cinema (Nausicaä no Val do Vento e Porco Rosso son mangas e filmes seus) trae esta película gañadora da Osella de Ouro no Festival de Venecia e candidata ao óscar ao mellor filme de animación.

Hauru no ugoku shiro. Xapón, 2004. Cor, 119 min · Dirección: Hayao Miyazaki · Produción: Toshio Suzuki (Tokuma Shoten, Studio Ghibli, Nippon Television Network, Dentsu, Buena Vista Home Entertainment, Mitsubishi, Toho) · Guión: Hayao Miyazaki, baseado na novela de Diana Wynne Jones · Música: Joe Hisaishi · Fotografía: Okui Atsushi · Montaxe: Takeshi Seyama. Voces: Chieko Baisho (Sofî), Takuya Kimura (Hauru), Akihiro Miwa (Arechi no Majo), Tatsuya Gashuin (Karushifâ), Ryunosuke Kamiki (Marukuru), Mitsunori Isaki (Koshô), Yo Oizumi (Kakashi), Akio Ôtsuka (Kokuô), Daijiro Harada (Hin), Haruko Kato (Sariman) · Estrea no Xapón: 20/11/2004; estrea en España: 3/3/2006. Versión orixinal en xaponés subtitulada en castelán.



• Mércores 8 de outubro, 20.30 e 23 h: Persépolis, de Marjane Satrapi e Vincent Paronnaud

Marjane Satrapi codirixe a adaptación da súa obra máis coñecida, a autobiografía da súa nenez no Irán da revolución e a súa adolescencia e xuventude en Europa. Premio do Xurado no Festival de Cannes.
Persepolis. Francia, 2007. Cor, 95 min. Dirección: Marjane Satrapi e Vincent Paronnaud · Produción: Marc-Antoine Robert, Xavier Rigault (2.4.7. Films) · Guión: Marjane Satrapi, Vincent Paronnaud, baseado nas novelas gráficas de Marjane Satrapi · Montaje: Stéphane Roche · Música: Olivier Bernet · Voces: Chiara Mastroianni (Marjane adolescente e adulta), Catherine Deneuve (Tadji, nai de Marjane), Danielle Darrieux (avoa), Simon Abkarian (Ebi, pai de Marjane), Gabrielle Lopes (Marjane nena), François Jerosme (tío Anouche). Estrea en Francia: 27/6/2007; estrea en España: 31/10/2007. Versión orixinal en francés subtitulada en castelán.

Web oficial en castelán: http://www.persepolislapelicula.es/

17/06/08

‘En un mundo libre...’


Esta é a nota que enviamos hoxe aos medios.

Se queres recibir información de próximas actividades do Cineclube, apúntate en http://groups.google.com/group/cineclubepf ou escríbenos a cineclubepf@gmail.com


‘EN UN MUNDO LIBRE...’ PECHA O CICLO DE CINEMA SOCIAL

Mañá mércores 18 de xuño de 2008, o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense continuarán co ciclo «Estreas en versión orixinal 3: Cinema Social» coa coprodución En un mundo libre... (It’s A Free World..., 2007), dirixida polo británico Ken Loach. Os pases, ás 20.30 e 23.00 horas, terán lugar no Cinebox Ourense, no Centro Comercial Ponte Vella; as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario). Para este ciclo cóntase novamente coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia, apoiada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, e mais da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
En un mundo libre... conta a historia de Angie, unha muller chea de enerxía, enxeño e ambición. Despois de quedar sen traballo, tenta refacerse e demostrar o que vale: Angie e a súa compañeira de piso deciden ser as súas propias xefas, e abren unha axencia de traballo temporal para traballadores inmigrantes, que actúa nun mundo inestábel en que o traballo é barato e as leis só serven para ser ignoradas.
O director Ken Loach segue a axitar as conciencias de Gran Bretaña co seu cinema. Agora céntrase na situación laboral dos inmigrantes. «Ao seu chámaselle traballo flexíbel, que é un concepto estupendo para as persoas que dan emprego, mais nada bo para quen traballa», explica o cineasta, interesado na evolución laboral da sociedade inglesa. Moi atento á súa vontade de reflectir a realidade que o rodea, o seu relato ten unha clara intención: «Mostrar un cambio na concienciación social que defende a idea de que estamos sos e non temos responsabilidades cara ao resto do mundo. Un estado que nos leva de regreso aos anos de Margaret Thatcher».

10/06/08

‘This Is England’


‘THIS IS ENGLAND’, NO CICLO DE CINEMA SOCIAL

Mañá mércores 11 de xuño de 2008, o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense continuarán co ciclo «Estreas en versión orixinal 3: Cinema Social» co filme británico This is England (2006), dirixido por Shane Meadows. Os pases, ás 20.30 e 23.00 horas, terán lugar no Cinebox Ourense, no Centro Comercial Ponte Vella; as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario). Para este ciclo cóntase novamente coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia, apoiada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, e mais da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
This is England sitúanos na Inglaterra de principios dos oitenta. Shaun, de 12 anos, é un neno solitario cuxo pai morreu en combate na guerra das Malvinas e que crece nunha aldea costeira moi gris. No transcurso das vacacións, encontra novos modelos masculinos cando o «adoptan» os cabezas rapadas locais. Cos seus novos amigos, Shaun encontra un mundo de festas, coñece o seu primeiro amor e descobre os encantos das botas Dr. Martins. É entón cando coñece a Combo, un skinhead racista, maior ca el, que acaba de saír do cárcere. Mentres a banda de Combo acosa as minorías étnicas locais, todo parece preparado para o arranque dun proceso de maduración que levará a Shaun da inocencia á experiencia.
Galardoada, entre outros, nos festivais de Xixón e Londres, e nos premios Bafta (da Academia Británica do Cinema), This is England supón, en palabras do crítico Jordi Costa en Fotogramas, «un mirar cara atrás sen ira, mais coa ollada limpa de nostalxias, que desvela as dinámicas de subsolo da Gran Bretaña thatcherista, onde a Guerra das Malvinas deixou algo máis que baixas e infectou un inconsciente colectivo que supuraría un incendiado nacionalismo».

03/06/08

‘All The Invisible Children’

Esta á a nota de prensa enviada hoxe aos medios. Se queres recibir información puntual no teu e-mail, escríbenos a cineclubepf@gmail.com


COMEZA O CICLO DE CINEMA SOCIAL
CON ‘ALL THE INVISIBLE CHILDREN’


Mañá mércores 4 de xuño de 2008, o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense darán comezo ao ciclo «Estreas en versión orixinal 3: Cinema Social» co filme All the invisible children (2005), dirixido por oito realizadores de distintos países, entre os que se encontran Ridley Scott, Emir Kusturica, Spike Lee e John Woo. Os pases, ás 20.30 e 23.00 horas, terán lugar no Cinebox Ourense, no Centro Comercial Ponte Vella; as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario). Para este ciclo cóntase novamente coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia, apoiada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, e mais da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
All the invisible children [«Todos os nenos invisíbeis»] é unha iniciativa que reúne varios dos directores máis recoñecidos do mundo para retratar as historias de loita e adversidade de sete nenos anónimos arredor do mundo. Así, coñecemos a Tanza, un neno soldado en África; a Uroš, a punto de saír dun reformatorio xuvenil en Serbia; a Blanca, unha adolescente de Brooklyn de pais drogadictos, que acaba descubrindo que é seropositiva; a Bilu e João, que sobreviven como ‘meninos da rua’ en São Paulo; a Jonathan, un fotógrafo de prensa desilusionado, que redescobre a esencia da vida a través da infancia; a Ciro e o seu amigo Bertucciello, que asaltan en Nápoles un condutor para roubarlle o seu rolex e emprenden unha fuxida cara a unha infancia verdadeira; por último, a Song Song e Little Cat, dúas nenas que viven dúas vidas paralelas en circunstancias opostas nunha cidade chinesa.
O filme, feito en apoio das actividades de Unicef, conta cos realizadores Kátia Lund (co-directora do afamado filme brasileiro Cidade de Deus), Mehdi Charef (director francés de orixe alxeriana, gañador de varios premios en Cannes), Stefano Venerusso (axudante de dirección en producións como Gangs of New York e El cartero y Pablo Neruda), Emir Kusturica (afamado director de filmes como El tiempo de los gitanos ou Underground), Ridley Scott (non menos coñecido autor de filmes como Blade Runner ou Thelma e Louise), neste caso coa súa filla Jordan Scott (directora de dúas curtametraxes, a dirixir agora a súa primeira longa), e John Woo (director chinés de persoais filmes de acción, primeiro en Hong Kong e posteriormente en Hollywood).

27/05/08

Ciclo Estreas en Versión Orixinal 3: Cinema Social


Xuño 2008

Cinebox Ourense
Entrada: 4 euros (3 euros con carné universitario)
Versión Orixinal Subtitulada

Co apoio de:
Federación de Cineclubes de Galicia
Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual – Xunta de Galicia
Vicerreitoría do Campus de Ourense

• Mércores, 4 de xuño de 2008

A visión de sete directores sobre os nenos do mundo

All The Invisible Children

(Mehdi Charef, Emir Kusturica, Spike Lee, Kátia Lund, Jordan Scott, Ridley Scott, Stefano Veneruso, John Woo, Italia, 2005)

• Mércores 11 de xuño de 2008

A vida de barrio na Inglaterra dos 80

This is England

(Shane Meadows, Reino Unido, 2006)

• Mércores 18 de xuño de 2008

O mercado laboral globalizado

En un mundo libre...

(Ken Loach, Reino Unido/Italia/Alemaña/España, 2007)


• Mércores, 4 de xuño de 2008
ALL THE INVISIBLE CHILDREN
All The Invisible Children. Italia, 2005. Cor, 124 min • Dirección: Mehdi Charef, Emir Kusturica, Spike Lee, Kátia Lund, Jordan Scott, Ridley Scott, Stefano Veneruso, John Woo • Produción: Chiara Tilesi, Stefano Veneruso, Maria Grazia Cucinotta (MK Film Productions, Rai Cinema) • Guión: Kátia Lund, Eduardo Tripa, Stribor Kusturica, Diego De Silva, Stefano Veneruso, Cinqué Lee, Joie Lee, Jordan Scott, Li Qiang, Mehdi Charef • Fotografía: Glusica Milorad, Toca Seabra, Milorad Glusica, Vittorio Storaro, Cliff Charles, James Whitaker, Zeng Nianping, Philippe Brelot • Montaxe: Estevan Santos, Svetolik Mica Zajc, Ugo de Rossi, Barry Alexander Brown, Dayn Williams, Robert Ferretti, Yannick Kergoat • Música: Antonio Pinto, Tejo Damasceno, Rica Amabis, Stribor Kusturica, Zoran Marijanović, Dejan Sparavalo, Nenad Janković, Maurizio Capone, Terence Blanchard, Ramin Djawadi, Lin Hai, Rokia Traoré • Intérpretes: Vera Fernandes (Bilu), Francisco Anawake De Freitas (João), Uroš Milovanović (Uroš), Dragan Zurovac, Vladan Milojević, Daniele Vicorito (Ciro), Emanuele Vicorito (Bertucciello), Peppe Lanzetta, Hannah Hodson (Blanca), Andre Royo (Sammy), Coati Mundi (Eneba), David Thewlis (Jonathan), Kelly MacDonald (muller de Jonathan), Jack Thompson (James), Zhao Zicun (Song Song), Qi Ruyi (Little Cat), Wang Bin, Adama Bila (Tanza), Elysée Rouamba (Kali) • Estrea en Italia: 3/3/2006 • Estrea en España: 14/12/2007.

Iniciativa que reúne varios dos directores máis recoñecidos do mundo para retratar as historias de loita e adversidade de sete nenos anónimos arredor do mundo. Tanza, un rapaz de só doce anos, loita pola liberdade. Uroš está a punto de saír dun reformatorio xuvenil. Blanca, unha adolescente de Brooklin cuxos pais son drogadictos, acaba descubrindo que é seropositiva. Bilu e João sobreviven como ‘meninos da rua’ de São Paulo. Jonathan, un fotógrafo de prensa desilusionado, redescobre a esencia da vida a través da infancia. Ciro e o seu amigo Bertucciello asaltan un condutor para roubarlle o seu rolex e emprenden unha fuxida cara a unha infancia verdadeira. Song Song e Little Cat viven dúas vidas paralelas en circunstancias opostas.


• Mércores 11 de xuño de 2008
THIS IS ENGLAND
This is England. Reino Unido, 2006. Cor, 98 min • Dirección e guión: Shane Meadows
• Produción: Mark Herbert (FilmFour, UK Film Council, EM media, Screen Yorkshire, Warp Films, Big Arty Productions.) • Fotografía: Danny Cohen • Montaxe: Chris Wyatt • Música: Ludovico Einaudi • Intérpretes: Thomas Turgoose (Shaun), Stephen Graham (Combo), Jo Hartley (Cynth), Joe Gilgun (Woody), Andrew Shim (Milky), Vicky McClure (Lol), Rosamund Hanson (Smell), Andrew Ellis (Gadget), Kieran Hardcastle (Kes), Jack O'Connell (Pukey Nicholls) • Estrea no Reino Unido: 27/4/2007 • Estrea en España: 4/1/2008.

Sitio oficial (inglés): http://www.thisisenglandmovie.co.uk/

Premios do Cinema Independente Británico 2006: Mellor filme, Mellor novo actor (Thomas Turgoose)
Premios Bafta 2008: Mellor filme británico
Festival de Cinema de Xixón 2007: Premio «Enfants Térribles» (Xurado Xuvenil)
Festival de Cinema de Londres 2006: Premio ao Talento en Gran Bretaña (Mark Herbert)
Festival de Mons 2008: Mellor filme europeo, Premio do Xurado xuvenil
Festival de Newport 2007: Mellor director

Inglaterra, a principios dos oitenta. Shaun, de 12 anos, é un neno solitario cuxo pai morreu en combate na guerra das Malvinas e que crece nunha aldea costeira moi gris. No transcurso das vacacións, encontra novos modelos masculinos cando o «adoptan» os cabezas rapadas locais. Cos seus novos amigos, Shaun encontra un mundo de festas, coñece o seu primeiro amor e descobre os encantos das botas Dr. Martins. É entón cando coñece a Combo, un skinhead racista, maior ca el, que acaba de saír do cárcere. Mentres a banda de Combo acosa as minorías étnicas locais, todo parece preparado para o arranque dun proceso de maduración que levará a Shaun da inocencia á experiencia.

• Mércores 18 de xuño de 2008
EN UN MUNDO LIBRE...
It’s a free world... Reino Unido/Italia/Alemaña/España, 2007. Cor, 98 min • Dirección: Ken Loach • Produción: Rebecca O’Brien (Sixteen Films, Tornasol Films, BIM Distribuzione, EMC Produktion, SPI International, Channel Four, Filmstiftung Nordrhein-Westf Alen, Polish Film Instutute) • Guión: Paul Laverty • Fotografía: Nigel Willoughby • Montaxe: Jonathan Morris • Música: George Fenton • Intérpretes: Kierston Wareing (Angie), Juliet Ellis (Rose), Leslaw Zurek (Karol), Joe Siffleet (Jamie), Colin Coughlin (Geoff), Maggie Hussey (Cathy), Raymond Mearns (Andy), Davoud Rastgou (Mahmud), Mahin Aminnia (mujer de Mahmud), David Doyle (Tony) • Estrea no Reino Unido: 13/9/2007 • Estrea en España: 22/2/2008.

Festival de Venecia 2007: Osella de Ouro ao mellor guión, Premio EIUC, Mención de honra do Premio Signis

Angie non recibiu unha educación demasiado esmerada, pero está chea de enerxía, enxeño e ambición. Non é a primeira vez que queda sen traballo, mais agora tenta refacerse e demostrar o que vale. Angie e a súa compañeira de piso deciden ser as súas propias xefas, e abren unha axencia de traballo temporal para traballadores inmigrantes que actúa nun mundo inestábel en que o traballo é barato e as leis só serven para ser ignoradas.

11/04/08

‘El salario del silencio’



O CINECLUBE PADRE FEIJOO, VERDEGAIA E NAMCHE FILMS PRESENTAN
‘EL SALARIO DEL SILENCIO’

O próximo luns día 14 de abril de 2008, nunha única proxección ás 20.00 h, presentarase en Ourense o filme documental El salario del silencio, dirixido por Henrique Banet e escrito e producido por Mabel Rivera. A proxección será, excepcionalmente, no Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11).
Na proxección, presentada coa colaboración da empresa produtora do filme, Namche Films SL, e mais a organización ecopacifista Verdegaia e o Cineclube Padre Feijoo, estarán presentes os autores do filme, Henrique Banet e Mabel Rivera. No propio local haberá exemplares do filme en formato DVD para quen queira mercar un.
O documental El salario del silencio fai un repaso pola historia da instalación da planta gasificadora de Reganosa en Mugardos e polos perigos que entraña a súa localización.
El Salario del silencio é, en palabras dos seus autores, «unha historia máis de enfrontamentos entre a sociedade e o poder (económico e, por sometemento, político), unha historia máis de traizón aos cidadáns e, sobre todo, é a historia dun silencio cómplice que permitiu que esta maquinaria de depredación fose avanzando».
O filme é a primeira produción de Namche Films, empresa creada por Henrique Banet e Mabel Rivera, cuxo segundo título, Unha lousa sobre O Courel (2008), foi presentada en Ourense hai un mes.

El salario del silencio. Galicia, 2007 • Dirección: Henrique Banet • Produción: Mabel Rivera (Namche Films) • Guión: Mabel Rivera e Henrique Banet • Montaxe: Henrique Banet • Narradora: Mabel Rivera • Versión orixinal en castelán. Data de estrea: 5-2007

Máis información sobre o documental: http://www.namchefilms.es/namchefilms-000021.html#an1
Verdegaia: http://www.verdegaia.org/

06/03/08

‘Unha lousa sobre O Courel’


O CINECLUBE PADRE FEIJOO, VERDEGAIA E NAMCHE FILMS PRESENTAN
‘UNHA LOUSA SOBRE O COUREL’


O próximo mércores día 12 de marzo de 2008, nunha única proxección ás 20.30 h, presentarase en Ourense o filme documental Unha lousa sobre O Courel, dirixido por Henrique Banet e escrito e producido por Mabel Rivera. A proxección será, excepcionalmente, no Salón de Actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11).
Na proxección, presentada coa colaboración da empresa produtora do filme, Namche Films SL, e mais a organización ecopacifista Verdegaia e o Cineclube Padre Feijoo, estarán presentes os autores do filme, Henrique Banet e Mabel Rivera. No propio local haberá exemplares do filme en formato DVD para quen queira mercar un.
O documental Unha lousa sobre O Courel ten tres partes ben diferenciadas. Na primeira analízanse algunhas das características que fan que esta comarca sexa algo irrepetíbel para Galicia, contando, entre outros, con numerosos testemuños de científicos de renome. A segunda parte céntrase fundamentalmente nas numero­sísimas irregularidades que está a cometer a canteira da Campa, contando con apoio político e mediático, e dando a coñecer algunhas das contradicións en que se move o alcalde de Folgoso do Courel, que repite unha e outra vez que a xente está desinformada sobre o que é un Parque Natural, a pesar de que esta é a súa terceira lexislatura. A terceira parte lévanos á veciña Asturias, ao Parque Natural de Somiedo, un exemplo de desenvolvemento sustentábel e xerador de riqueza e postos de traballo, como nos expón o seu alcalde.
Unha lousa sobre O Courel mostra, en definitiva, a historia da manipulación informativa para xustificar e impor a depredación económica dunha comarca co apoio dos propios prexudicados ao facerlles crer que non hai outra solución.
O filme é a segunda produción de Namche Films, empresa creada por Henrique Banet e Mabel Rivera, cuxo primeiro título, El salario del silencio (2007), fai un repaso pola historia da instalación da planta gasificadora de Reganosa en Mugardos e polos perigos que entraña a súa localización.

Unha lousa sobre O Courel. Galicia, 2008. Cor, 60 min • Dirección: Henrique Banet • Produción: Mabel Rivera (Namche Films) • Guión: Mabel Rivera e Henrique Banet • Montaxe: Henrique Banet • Música: Emilio Cao • Narradora: Mabel Rivera • Versión orixinal en galego e castelán. Data de estrea: 1-2008

Máis información sobre o documental: http://www.namchefilms.es/namchefilms-000021.html#an2
Verdegaia: http://www.verdegaia.org/

04/03/08

‘Once (Una vez)’


Esta é a nota de prensa que enviamos hoxe aos medios (se queres recibilas no teu email, xunto con outras novas sobre as actividades do Cineclube, só tes que subscribirte escribindo a cineclubepf@gmail.com)


‘ONCE’ PECHA O SEGUNDO CICLO DE ESTREAS EN VERSIÓN ORIXINAL

Mañá, mércores 5 de marzo de 2008, como final do ciclo «Estreas en Versión Orixinal 2», que desenvolven conxuntamente o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense, proxectarase a película Once (Una vez) (Irlanda, 2006), do director John Carney, gañadora do Oscar 2008 á mellor canción orixinal. Os pases serán ás 20.30 e ás 23.00 horas, nas salas do Cinebox Ourense, no C. C. Ponte Vella; as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros con carné universitario).
Para este segundo ciclo «Estreas en Versión Orixinal» cóntase coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia, apoiada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, e mais da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e a Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Deporte.
Once conta a historia dun xove cantante e compositor que interpreta as súas cancións polas rúas de Dublín. Durante o día, para gañar algún diñeiro extra, interpreta coñecidos temas para os transeúntes, mais polas noites toca os seus propios. O seu talento non pasa desapercibido para unha rapaza inmigrante checa que vende flores na rúa para sacar adiante a súa filla e a súa nai. Ambos acaban de improviso facendo un dueto nunha tenda de música e será entón cando descubran que algo os une.
Gañadora dos premios do público nos festivais de Sundance e Dublín, Once é unha comedia musical que está a ter un éxito sen precedentes. O director, John Carney, di sobre a orixe da película: «sempre quixen facer un filme que, sen ser un “musical” tradicional (como os dos anos 40), utilizase numerosas cancións para contar unha historia moderna, unha historia de amor». Michael Phillips, no Chicago Tribune, comentaba sobre ela que é «un musical moito máis emocionante que todas as adaptacións que nos últimos 20 anos se teñen levado de Broadway a Hollywood».
Once ía ser proxectada dentro do ciclo o 13 de febreiro, pero un problema de distribución obrigou a adiar as proxeccións até mañá, 5 de marzo.

26/02/08

‘Irina Palm’


Esta é a nota de prensa que enviamos hoxe aos medios (se queres recibilas no teu email, xunto con outras novas sobre as actividades do Cineclube, só tes que subscribirte escribindo a cineclubepf@gmail.com)


‘IRINA PALM’ NO CICLO DE ESTREAS EN VERSIÓN ORIXINAL

Mañá, mércores 27 de febreiro de 2008, dentro do ciclo «Estreas en Versión Orixinal», que desenvolven conxuntamente o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense, proxectarase o filme Irina Palm (Bélxica/Reino Unido, 2005), do director Sam Garbarski. Os pases serán ás 20.30 e ás 23.00 horas, nas salas do Cinebox Ourense, no C. C. Ponte Vella; as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros con carné universitario).
Para este segundo ciclo «Estreas en Versión Orixinal» cóntase coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia, apoiada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, e mais da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e a Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Deporte.
Irina Palm é unha comedia gañadora dun dos premios do público do Festival de Berlín 2007, no que participou na sección oficial. Conta como Maggie, unha viúva de 50 anos, necesita desesperadamente diñeiro para pagar o tratamento médico que necesita o seu neto. Despois de varios fracasos na súa busca dun emprego, Maggie encontra a súa oportunidade nun sex shop traballando baixo o pseudónimo de Irina Palm. Deberá enfrontarse á hipocrisía provinciana, ademais de cuestionarse a súa propia moral.
A gran protagonista do filme é Marianne Faithfull, cantante e cantautora, actriz de teatro, cinema e televisión, que ten participado en películas de Godard (Origen USA), Patrice Chéreau (Intimidad) ou, máis recentemente, Sofia Coppola (María Antonieta). Sam Garbarski é director de cinema publicitario e de varias curtametraxes; nacido en Alemaña, reside en Bruxelas, e esta é a súa segunda longametraxe.
O crítico Frédéric Strauss, na revista francesa Télérama, comentaba a respecto do filme: «Sam Garbarski conseguiu facer algo lixeiro, divertido e conmovedor. Irina Palm é unha fábula sobre a audacia e o valor en feminino.»

19/02/08

‘Last Days’


Esta é a nota de prensa que enviamos aos medios (lembramos que quen queira recibilas no seu email, xunto con outras novas sobre as actividades do Cineclube, só ten que subscribirse escribindo a cineclubepf@gmail.com)


PROSEGUE O CICLO DE ESTREAS EN VERSIÓN ORIXINAL
CON ‘LAST DAYS’

Mañá, mércores 20 de febreiro de 2008, dentro do ciclo «Estreas en Versión Orixinal», que desenvolven conxuntamente o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense, proxectarase o filme Last Days (EE. UU., 2005), do director Gus Van Sant. Os pases serán ás 20.30 e ás 23.00 horas, nas salas do Cinebox Ourense, no C. C. Ponte Vella; as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros con carné universitario).
Para este segundo ciclo «Estreas en Versión Orixinal» cóntase coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia, apoiada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, e mais da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e a Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Deporte.

Last Days é un filme inspirado nos últimos días da vida de Kurt Cobain, líder do grupo de rock Nirvana, aínda que emprega unha historia con personaxes ficticios. É a reflexión do director Gus Van Sant (Drugstore Cowboy, El indomable Will Hunting) sobre o tumulto interior que engole un brillante mais atormentado músico nas últimas horas da súa vida. Michael Pitt (protagonista de The Dreamers, de B. Bertolucci) encarna a Blake, un artista introspectivo cuxo éxito o deixou nun lugar solitario, con xente que depende del e vellos amigos que continuamente lle piden favores e diñeiro. O filme segue a Blake a través das horas que pasa na súa casa e os arredores sendo un fuxitivo da súa propia vida.
Afondando no estilo das súas películas anteriores, Gerry e Elephant, Van Sant superpón imaxes e sons para articular unha paisaxe emocional, creando un traballo dinámico. Ao igual que Elephant, que gañara a Palma de Ouro, Last Days tamén participou no Festival de Cannes, onde conseguiu en 2005 o Gran Premio Técnico ao Mellor deseño de son.
Last Days foi escollida pola revista RockdeLux como o mellor filme estreado en España no ano 2007. Peter Travers comentou en Rolling Stone: «Van Sant prosegue a mesma elíptica busca iniciada en Gerry e Elephant. A viaxe é dura, mais innegabelmente hipnótica.»

07/02/08

Cambio de datas de proxección de ‘Once’


Por mor dun problema da empresa distribuidora da película, o filme Once (Una vez), de John Carney, non poderá ser proxectado o próximo mércores 13 de febreiro, como estaba previsto dentro do ciclo «Estreas en Versión Orixinal», que desenvolven conxuntamente o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense.
As proxeccións pospóñense para o mércores 5 de marzo de 2008, con pases ás 20.30 e ás 23.00 horas, nas salas do Cinebox Ourense, e entradas ao mesmo prezo, de 4,00 euros (3,00 euros con carné universitario).
O resto da programación mantense tal e como estaba prevista.
Pregamos desculpas polo cambio, totalmente alleo ás intencións do Cineclube e de Cinebox Ourense.

29/01/08

‘El romance de Astrea y Celadón’


Esta é a nota de prensa que enviamos hoxe aos medios:


COMEZA O SEGUNDO CICLO DE ESTREAS EN VERSIÓN ORIXINAL
CON ‘EL ROMANCE DE ASTREA Y CELADÓN’

Mañá, mércores 30 de xaneiro, dará comezo o segundo ciclo «Estreas en Versión Orixinal», que desenvolven conxuntamente o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense, co filme El romance de Astrea y Celadón (Les amours d’Astrée et de Céladon, Francia/Italia/España, 2007), do veterano director francés Eric Rohmer. Os pases serán ás 20.30 e ás 23.00 horas, nas salas do Cinebox Ourense, no C. C. Ponte Vella; as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros con carné universitario).
Para este novo ciclo «Estreas en Versión Orixinal» cóntase coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia, apoiada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, e mais da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e a Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Deporte.
El romance de Astrea y Celadón conta unha historia ambientada nos tempos dos druídas. Nun bosque marabilloso, o pastor Celadón e a pastora Astrea ámanse cun amor puro. Enganada por un pretendente, Astrea rexeita a Celadón, que, desesperado, se arroxa a un río. Ela cre que está morto, pero foi salvado en segredo por unhas ninfas. Fiel á súa promesa de non volver aparecer aos ollos da súa amada, Celadón terá que superar as probas para rachar a maldición. Rohmer adapta o capítulo central de L’Astrée, unha novela de Honoré d’Urfé (1607-1628) considerada a historia de amor máis louca da literatura barroca.
O filme participou na sección oficial do Festival de Venecia 2007. Marie-Noëlle Tranchant, en Le Figaroscope, afirmaba que «reborda graza e frescura, sensualidade rebuldeira e elegancia moral», e continuaba dicindo que é «un pequeno milagre de beleza ateigado de humor e alegría de vivir».
Eric Rohmer, nacido en Nancy en 1920, foi profesor de letras e crítico de diversas publicacións, e redactor xefe de Les Cahiers du Cinéma. Director de longametraxes desde 1959, acadou a fama internacional coa súa serie de filmes «Seis contos morais» (con títulos como La rodilla de Clara, Cuncha de Ouro en San Sebastián, ou La coleccionista, León de Prata en Berlín), á que seguiron as series «Comedias e proverbios» e «Contos das catro estacións». Entre os seus outros premios están o Gran Premio do Xurado de Cannes por La Marquesa de O... (1976) ou o León de Ouro en Venecia por El rayo verde (1986). Asiduo da programación do Cineclube Padre Feijoo, Rohmer é un dos grandes do cinema de todos os tempos.

22/01/08

‘Tierra’



Esta é a nota que enviamos hoxe aos medios:




PROXECCIÓN ESPECIAL EN ESTREA DO DOCUMENTAL ‘TIERRA’

Mañá, mércores 23 de xaneiro de 2008, o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense presentarán o filme Tierra (Earth, 2007), de Alastair Fothergill e Mark Linfield. Os pases serán ás 20.30 e ás 23.00 horas, nas salas do Cinebox Ourense, no Centro Comercial Ponte Vella; as entradas serán de 5,00 euros.
Tierra é unha fascinante viaxe polo planeta, de norte a sur e ao longo das catro estacións, para retratar os contrastes entre as diferentes partes do mundo e as súas transformacións naturais. O documental mostra algunhas das paisaxes máis asom­brosas, desde as cadeas montañosas máis destacadas até os maiores saltos de auga e os desertos máis áridos. E tamén mostra algúns dos animais máis incríbeis, cuxas vidas se encontran en precario equilibrio. Co comezo do cambio no ritmo das estacións, a súa loita pola sobrevivencia faise cada vez máis dura.
Alastair Fothergill traballa desde 1983 na Unidade de Historia Natural da BBC, onde colaborou con figuras como David Attemborough; entre 1992 e 1998 foi xefe desa unidade, e deixou o posto para dirixir o filme Deep blue – La película del planeta azul, que renovou o interese internacional polo cinema documental de natureza. Sobre Tierra, comenta que a súa intención é «que a xente poida gozar duns espectáculos naturais do noso planeta que poucos teñen a oportunidade de contemplar en directo. A variedade e a cantidade de recursos ao longo do gran período de tempo necesario que iso implica fai que ninguén —até o de agora— fose capaz de o lograr».
En efecto, foron precisos cinco anos de filmación, corenta equipos de especialistas e as máis modernas técnicas de rodaxe en alta definición. Ao longo de 200 localizacións en 26 países de todo o mundo, conseguíronse escenas nunca antes vistas.
A música do filme foi composta por George Fenton, autor das partituras de Las amistades peligrosas, Grita libertad e Gandhi, entre outros títulos. Tierra foi exhibida no Festival de Cine de San Sebastián de 2007, dentro da sección oficial, aínda que fóra de competición.

16/01/08

Programación para xaneiro e febreiro

Continúa a colaboración entre Cineclube Padre Feijoo e Cinebox Ourense
UNHA PROXECCIÓN ESPECIAL E UN NOVO CICLO DE ESTREAS EN V.O. COMPOÑEN A PROGRAMACIÓN PARA XANEIRO E FEBREIRO

Cinco filmes compoñen a programación que o Cineclube Padre Feijoo e Cinebox proxectarán en xaneiro e febreiro de 2008 en Ourense. Primeiramente, o vindeiro rcores 23 de xaneiro farase a proxección especial da estrea do documental Tierra (Earth, Reino Unido/Alemaña, 2007), de Alastair Fothergill e Mark Linfield, un esperado e ambicioso filme que percorre o planeta para dar unha visión innovadora da natureza a través das máis modernas tecnoloxías de rodaxe en alta definición e que chega da man da BBC.

O mércores 30 de xaneiro dará comezo o segundo ciclo «Estreas en Versión Orixinal», co filme El romance de Astrea y Celadón (Francia/Italia/España, 2007), no cal o veterano director Eric Rohmer aplica a súa intelixente visión a un clásico da literatura francesa do século xvii. Seguirá no ciclo o día 13 de febreiro [ATENCIÓN: pasa para o 5 de marzo] Once (Irlanda, 2006), de John Carney, unha celebrada comedia musical que recibiu o Premio do Público no Festival de Sundance. O mércores 20 continuará con Last Days (EE. UU., 2005), de Gus Van Sant, filme inspirado nos derradeiros días de Kurt Cobain, líder do grupo Nirvana. Finalmente, o mércores 27 de febreiro pechará o ciclo Irina Palm (Bélxica/Reino Unido), unha comedia dramática dirixida por Sam Garbarsky e gañadora dun dos premios do público do Festival de Berlín.

Os pases serán en todos os casos ás 20.30 e ás 23.00 horas, nas salas do Cinebox Ourense, no Centro Comercial Ponte Vella; as entradas serán de 5,00 euros nas sesións do filme Tierra, e de 4,00 euros (3,00 euros para estudantes con carné universitario) en todas as demais.

Para o novo ciclo «Estreas en Versión Orixinal» cóntase coa colaboración da Federación de Cineclubes de Galicia, apoiada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, e mais da Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo e a Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

Prosegue, por tanto, a aposta pola versión orixinal subtitulada (en que se proxectarán todos os filmes agás Tierra) de filmes inéditos na cidade, distribuídos no estado nos últimos meses, con presenza forte en festivais internacionais (San Sebastián, Venecia, Sundance, Cannes e Berlín).

O Cineclube Padre Feijoo, sen local fixo de proxección desde que problemas técnicos obrigaron a deixar a sala da Biblioteca Pública en maio de 2004, vén organizando pequenos ciclos coa axuda das salas comerciais de cinema e o apoio de diversas institucións. Despois do éxito do primeiro ciclo «Estreas en Versión Orixinal», volve unir os seus esforzos con Cinebox Ourense, o único cinema comercial en activo actualmente na nosa cidade.


Programación completa

Sesión especial

Entrada única: 5 euros
Cinebox Ourense, 20.30 e 23.00 h

• Mércores 23 de xaneiro de 2008 Cinebox Ourense, 20.30 e 23.00 h
Tierra (Earth)

Earth. Reino Unido/Alemaña, 2007. Cor, 99 min • Dirección: Alastair Fothergill, Mark Linfield • Producción: Sophokles Tasioulis, Alix Tidmarsh (Greenlight Media AG, BBC Worldwide) • Guión: Leslie Megahey, Alastair Fothergill, Mark Linfield • Fotografía: Andrew Anderson, Doug Anderson, Doug Allan e outros • Montaxe: Martin Elsbury • Música: George Fenton • Estrea no Reino Unido: 16-1-2007• Estrea en España: 26-10-2007. Versión dobrada en castelán.

Festival de San Sebastián 2007: sección oficial (fóra de competición)

Web oficial (castelán): http://www.loveearth.com/es
Web oficial (inglés): http://www.loveearth.com/uk/film

Os autores do filme ‘Deep blue’ emprenden unha fascinante viaxe pola Terra, de norte a sur e ao longo das catro estacións, para retratar os contrastes entre as diferentes partes do planeta e as súas transformacións naturais. O documental mostra algunhas das paisaxes máis asombrosas deste planeta, desde as cadeas montañosas máis destacadas até os maiores saltos de auga e os desertos máis áridos. E tamén mostra algúns dos animais máis incríbeis, cuxas vidas se encontran en precario equilibrio. Co comezo do cambio no ritmo das estacións, a súa loita pola sobrevivencia se fai cada vez máis dura.


Ciclo ‘Estreas en Versión Orixinal 2’

Co apoio de: Federación de Cineclubes de Galicia • Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia • Delegación Provincial de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia • Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Entradas: 4,00 euros • Con carné universitario: 3,00 euros

Cinebox Ourense, 20.30 e 23.00 h

• Mércores 30 de xaneiro de 2008: El romance de Astrea y Celadón
• Mércores 13 de febreiro de 2008: Once
• Mércores 20 de febreiro de 2008: Last Days
• Mércores 27 de febreiro de 2008: Irina Palm

• Mércores 30 de xaneiro de 2008 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23.00 h
El romance de Astrea y Celadón

Les amours d’Astrée et de Céladon. Francia/Italia/España, 2007. Cor, 109 min • Dirección: Eric Rohmer • Produción: François Etchegaray, Jean-Michel Rey, Philippe Liégeois (Compagnie Eric Rohmer, Rezo Productions, Bim Distribuzione, Alta Producción) • Guión: Eric Rohmer, segundo a obra ‘L'Astrée’ de Honoré d’Urfé • Fotografía: Diane Baratier • Montaxe: Mary Stephen • Música: Jean-Louis Valero • Intérpretes: Stéphanie de Crayencour (Astrea), Andy Gillet (Celadón), Cécile Cassel (Leonida), Véronique Reymond (Galatea), Jocelyn Quivrin (Lícidas), Rosette (Silvia), Mathilde Mosnier (Filis), Rodolphe Pauly (Hylas), Serge Renko (Adamás), Arthur Dupont (Semire) • Versión orixinal en francés con subtítulos en castelán • Estrea en Francia: 5-9-2007 • Estrea en España: 5-9-2007.

Festival de Venecia 2007: sección oficial • Festival de Estocolmo 2007: sección oficial • Festival Internacional de Toronto 2007: sección Mestres • Festival de Nova York 2007: sección cinema francés • Festival de Rio de Janeiro 2007: sección Panorama do cinema mundial

Nun bosque marabilloso, en tempos dos druídas, o pastor Celadón e a pastora Astrea ámanse cun amor puro. Enganada por un pretendente, Astrea rexeita a Celadón, que, desesperado, se arroxa a un río. Ela cre que está morto, pero foi salvado en segredo por unhas ninfas. Fiel á súa promesa de non volver aparecer aos ollos da súa amada, Celadón terá que superar as probas para rachar a maldición.
Eric Rohmer descobre para o cinema a máis louca historia de amor da literatura barroca, ‘L'Astrée’ de Honoré d’Urfé (1607-1628).
«Un filme que reborda graza e frescura, sensualidade rebuldeira e elegancia moral. Rohmer ofrécenos un pequeno milagre de beleza ateigado de humor e alegría de vivir.» Marie-Noëlle Tranchant, ‘Le Figaroscope’


• Mércores 13 de febreiro de 2008 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23.00 h [ATENCIÓN: cambio de data a 5 de marzo de 2008]
Once

Once. Irlanda, 2006. Cor, 85 min • Dirección e guión: John Carney • Produción: Martina Niland (Samson Films, Irish Film Board, RTE) • Fotografía: Tim Fleming • Montaxe: Paul Mullen • Música: Glen Hansard • Intérpretes: Glen Hansard (rapaz), Markéta Irglová (rapaza), Hugh Walsh (Timmy), Gerry Hendrick (guitarrista), Alastair Foley (baixista), Geoff Minogue (Eamon), Bill Hodnett (pai do rapaz), Danuse Ktrestova (nai da rapaza), Mal Whyte (Bill), Niall Cleary (Bob) • Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán • Estrea en Irlanda: 23-3-2007 • Estrea en España: 31-10-2007.

Oscar 2008 á Mellor canción orixinal • Festival de Sundance 2007: Premio do Público • Festival de Cinema de Flandres 2007: Premio do Xurado Novo • Festival de Cinema de Dublín 2007: Premio do Público • Festival de Dinard 2007: Mención Especial
Web oficial (castelán): www.avalonproductions.es/once
Web oficial (inglés): www.foxsearchlight.com/once

Un xove cantante e compositor interpreta as súas cancións polas rúas de Dublín. Durante o día, para gañar algún diñeiro extra, interpreta coñecidos temas para os transeúntes, mais polas noites toca os seus propios. O seu talento non pasa desapercibido para unha rapaza inmigrante checa que vende flores na rúa para sacar adiante á súa filla e á súa nai. Ambos acaban de improviso facendo un dueto nunha tenda de música e será entón cando descubran que algo os une.
«Un musical moito máis emocionante que todas as adaptacións que nos últimos 20 anos se teñen levado de Broadway a Hollywood.» Michael Phillips, ‘Chicago Tribune’

• Mércores 20 de febreiro de 2008 • Cinebox Ourense • 20.30 e 23.00 h
Last Days

Last Days. EE. UU., 2005. Cor, 97 min. • Dirección e guión: Gus Van Sant • Produción: Dany Wolf (HBO Films, Meno Film Company, Picturehouse Entertainment, Pie Films Inc.) • Fotografía: Harris Savides • Montaxe: Gus Van Sant • Música: Rodrigo Lopresti • Intérpretes: Michael Pitt (Blake), Lukas Haas (Luke), Asia Argento (Asia), Scott Green (Scott), Nicole Vicius (Nicole), Ricky Jay (detective), Ryan Orion (Donovan), Kim Gordon (executiva) • Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán • Estrea nos EE. UU.: 22-7-2005 • Estrea en España: 22-6-2007.

Festival de Cannes 2005: Gran Premio Técnico (Mellor deseño de son)
Web oficial (castelán): www.vertigofilms.es/last-days
Web oficial (inglés): http://www.lastdaysmovie.com/

Blake é un artista introspectivo que sofre o peso da fama, as obrigas persoais e un fondo sentimento de illamento. Levado polas impresionantes árbores, Blake intérnase nun denso bosque, onde encontra un manancial de auga. Á mañá seguinte volve á súa casa, unha elegante mais descoidada mansión. Moita xente anda a buscalo, mais el non quere ser encontrado. Na bruma das súas derradeiras horas, Blake busca a inspiración no bosque para a súa derradeira canción. Finalmente encontrará unha solución á súa atormentada existencia.
Inspirada nos últimos días da vida de Kurt Cobain, líder do grupo Nirvana.
«Van Sant prosegue a mesma elíptica busca iniciada en ‘Gerry’ e ‘Elephant’. A viaxe é dura, mais innegabelmente hipnótica.» Peter Travers, ‘Rolling Stone’

• Mércores 27 de febreiro de 2008 • Cinebox Ourense • 20.30 e 23.00 h
Irina Palm

Irina Palm. Bélxica/Alemaña/Luxemburgo/Reino Unido/Francia, 2007. Cor, 103 min • Dirección: Sam Garbarski • Produción: Sébastien Delloye, Diana Elbaum (Entre Chien et Loup, Ipso Facto, Les Films du Plat Pays, Liaison Cinématographique, Pallas Film, Samsa Film) • Guión: Martin Herron, Philippe Blasband, Sam Garbarski • Fotografía: Christophe Beaucarne • Montaxe: Ludo Troch • Música: Ghinzu • Intérpretes: Marianne Faithfull (Maggie), Miki Manojlovic (Miki), Kevin Bishop (Tom), Siobhán Hewlett (Sarah), Dorka Gryllus (Luisa), Jenny Agutter (Jane), Corey Burke (Olly), Meg Wynn-Owen (Julia), Susan Hitch (Beth), Flip Webster (Edith) • Estrea en Bélxica: 18-4-2007 • Estrea en España: 14-12-2007. Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán.

Festival de Berlín 2007: sección oficial, premio do público do ‘Berlinen Morgenpost’ • Festival de Cinema de São Paulo: sección oficial

Web oficial (castelán): www.golem.es/irinapalm
Web oficial (inglés): http://www.irinapalm-themovie.com/

Maggie, viúva de 50 anos, necesita desesperadamente diñeiro para pagar o tratamento médico que necesita o seu neto. Despois de varios fracasos na súa busca dun emprego, Maggie encontra a súa oportunidade nun sex shop traballando baixo o pseudónimo de Irina Palm. Deberá enfrontarse á hipocrisía provinciana, ademais de cuestionarse a súa moral.
«Sam Garbarski conseguiu facer algo lixeiro, divertido e conmovedor. ‘Irina Palm’ é unha fábula sobre a audacia e o valor en feminino.» Frédéric Strauss, ‘Télérama’