30/03/21

Clube de cine Nós #CCPF


O Cineclube Padre Feijoo presenta unha nova actividade en colaboración coa Biblioteca Pública Nós.

O clube de cinema, á semellanza dos clubes de lectura, é un sistema sinxelo e efectivo de fomentar o cine, orientado neste caso por parte do Cineclube a determinadas filmografias, estilos ou mesmo directores/as da historia da sétima arte.

O funcionamento baséase na visión dun filme de xeito individual por parte dun colectivo ou grupo de persoas interesadas e convocadas arredor das instalacións da Biblioteca.

Estas persoas reuniranse periodicamente para comentar, valorar a obra e intercambiar as súas impresións. A posta en común serve para a aprendizaxe sobre o filme comentado, podendo trasladarse mediante a escritura, vídeo ou presentación do filme estudado, nas instalacións do Cineclube para unha audiencia xeral.

Deste xeito créase unha sinerxia de colaboración e aprendizaxe educativa comúns, insertas nos propios principios fundacionais do Cineclube.

A nosa intención é comezar o 27 de abril con esta actividade, nunha xuntanza fundacional na Biblioteca pública Nós.

De estares interesado/a, podes escribir á conta de correo do Cineclube e/ou da Biblioteca pública (*).



(*) Contas de correo:
[ cineclubepf (arroba) gmail (punto) com]
[biblio (punto) publica (punto) ourense (arroba) xunta (punto) gal]


O funcionamento previsto temporalízase arredor dun filme por mes; cunha discusión e proposta do filme que explorar, tempo para a visión individual e a posterior xuntanza para a reflexión colectiva e difusión pública do filme e dos resultados do debate.