14/04/22

Programación de abril e maio 2022

Filmoteca CGAI

Ciclo Naufraxios

VII Ciclo do colexio de médicos


Alá polo 1818, en plena emerxencia cultural francesa pola volta da monarquía, Théodore Géricault pintou "Escena de naufraxio"; un cadro que daquela causou furor. A crítica dicía que «Interpela e atrae todas as miradas». Naturalmente, todos recoñecían a traxedia da Medusa. As opinións dividíronse segundo a tendencia política. Os conservadores sinalaron supostos erros artísticos; o realismo obsceno da escena e o horror que provocaba no espectador, era afastado daquela dos canons da beleza clásica. Os liberais, en cambio, viron na pintura a condena do novo réxime e da súa desidia, a metáfora dun gran naufraxio nacional. A presenza dun mariñeiro negro no centro da composición tamén deixa patente o compromiso do pintor nun momento en que se intensificaba a loita contra a escravitude e trátaa de negros.

Polo seu realismo, dramatismo e teatralidade, o lenzo converteuse no manifesto da pintura romántica, vehículo de paixóns, desesperación e morte. O conde Ou’ Mahony exclamou: «Que espectáculo máis repugnante, pero que obra tan bela!».




«ab-mai-2022»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Esta pequena introdución ven a conta dos grandes dramas e historias fermosas que seleccionamos. Todas son belas, interpelan ás emocións e os sentidos, porén teñen a negrura dun realismo case obsceno, e incluso nalgún caso, poden provocar o horror ou a fascinación subversiva dalgunhas das propostas dos luns de Filmoteca (que estreamos de novo coa habitual colaboración co CGAI). Lembren tamén a programación do VII ciclo do colexio de médicos e por favor, non perdan ningunha sesión do ciclo dos naufraxios. A crítica dicía que interpelan á mirada...e a bo seguro non as esquecerán, como a música de Nacho Vegas que xira arredor das imaxes do vídeo [.mp4 • 20'7 MB] que anuncia a programación.

Por último, lembrar que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].



Ciclo Naufraxios

Durante os mércores de abril e maio de 2022, proxectaremos co título Naufraxios o ciclo de filmes que a continuación detallamos; lembrando, que podedes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]

Filmoteca CGAI de abril e maio de 2022

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada da Filmoteca de Galicia - CGAI, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos durante abril e maio de 2022, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


(Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí) [Abre outra xanela]