28/03/15

programación abril 2015

A programación deste abril ven cargada de simbolismos, indefinidos e embriagados (despois de recuperar felizmente o convenio co «CGAI») deste xeito, vos presentamos nos «luns de filmoteca», filmes relacionados coa bela arte de pintar; Para o resto deste mes, establecendo certa analoxía ca pintura de Botticelli «A primavera» e as regras musicais, vos propoñemos unha inxente harmonía de estilos musicais dispares, un concerto co espírito da natureza, con abundancia de elementos, persoaxes e posturas a retratar.

Existe unha convicción xeral sobre a música, sobre o seu poder para aliviar as melancolías dos deprimidos e deter a furia dos violentos. A piques de estrear esta primavera, que ben puidera vir recortarda (neste caso, non polo goberno, senon polas influenzas estacionais e caprichosas do tempo), tentaremos reconducir a mobilización hormonal que nos asexa, ao ritmo duns sons e imaxes incandescentes, un bulebule entre o noso espazo habitual da , e outros espazos (recoñecidos pola súa programación musical) como son, o , e no (aos cales agradecésmoslle a súa colaboración).
Poderás ollar nestes locais, os avances dun fin de festa espectacular!, que programamos na última semana de abril (na Biblioteca pública, proxeccións todos os día da semana). Atentos pois, porque algún destes filmes inesquecíbeis, só podéranse ver nun único pase.
Aventura o teu corazón a ritmos efervescentes, libera as túas endorfinas co sentido de humor dalgún dos filmes, e que florezan as túas emocións con inéditas imaxes, para dar a benvida a esta «Primavera de música» como se merece e combater -si así fora- o sentimento de impotencia.


programación abril 2015
Cartaz da programación de abril 2015, deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Este programación está libre de hipersensibilidades, mais se tes algunha dúbida, consulta co… farnacéutico; porén, tamén podes seguir as túas propias intuicións, xa deberías saber que, o cineclube, poucas veces defrauda, non si?
Coma sempre no canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 7'2 MB] deste ciclo e de seguido, os filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios.


ciclo «Primavera de Música»

Proxectaremos neste ciclo, os martes, mércores e xoves do mes de abril de 2015 no salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións os mércores: 18, 20:30 e 23 h. como é habitual, e os demáis días (martes, xoves e venres) só dúas sesións, ás 20:30 e ás 23 h.
A cota xeral de acceso para os socios/as é de 4 , non socios/as de 5  (+ IVE) os mércores, tendo a posibilidade de bonificación dun euro, se asistes nesa mesma semana ao «luns de filmoteca»
Os martes, xoves e venres a cota xeral de acceso para socias/os é de 2 , non socios/as de 2'5  (+ IVE).
Temos programación especial deste ciclo noutros lugares, no seguinte ligazón tes máis información dos filmes, datas e horarios.



ciclo «Primavera de Música» * extra

Proxectaremos no ciclo «Primavera de Música» aparte do noso lugar habitual, noutros espazos (recoñecidos pola súa programación musical) como son o café cultural Auriense, «El Pueblo» e café pop Torgal. Neles terás avances dos filmes que proxectamos na así como filmes inesquecíbeis, nunha sóa sesión única e con acceso de balde, ás 20:30 h. os martes, xoves e venres do mes de abril de 2015



Sesións de Filmoteca · abril 2015

Proxéctase os luns do mes de abril (e maio) do 2015, no salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en dúas sesións: 20:30 e 23 h. agás o día 20 de abril, que por mor da longa duración do filme, só temos unha única sesión ás 20:30 h.
Cota xeral de acceso para os socios/as de 2 , non socios/as de 2'5  (+ IVE)…


20/03/15

«Leviafan» · Leviatán

mércores 25 de marzo, na de Ourense (rúa Concello 11), en dúas únicas sesións: ás 18 e 21 h., cota xeral de acceso para os/as socios/as de 4  (non socios/as: 5  + IVE), o filme



cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 15 MB] VOS

Título: «Leviafan» Левиафан · (Leviatán)
Ano:
País:
Director:
Guión: Andrei Zvyagintsev e .
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 141 min.
Produtora: Sergey Melkumov | Alexander Rodnyansky | Marianna Sardarova
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: ruso · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

14/03/15

«Hermosa juventud» · Fermosa Xuventude

mércores 18 de marzo, na de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral de acceso para os/as socios/as de 4  (non socios/as: 5  + IVE), o filme



cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 13'2 MB] VO

Título: «Hermosa juventud» · (Fermosa Xuventude)
Ano:
País:
Director:
Guión: Jaime Rosales
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 100 min.
Produtora: Fresdeval Films
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)

07/03/15

«Short Term 12» · As Vidas de Grace

mércores 11 de marzo, na de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral de acceso para os/as socios/as de 4  (non socios/as: 5  + IVE), o filme



cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 23'5 MB] VOS

Título: «Short Term 12» · Las Vidas de Grace
(As Vidas de Grace)

Ano:
País:
Director:
Guión: Destin Cretton
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 96 min.
Produtora: Cinedigm | Animal Kingdom | Traction Media
Distribuidora: La Aventura Audiovisual
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)