mércores 18 de marzo, na Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral de acceso para os/as socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme
Sipnose:
Natalia e Carlos son dous mozos namorados que loitan por sobrevivir na España actual. Os seus limitados recursos impídenlles satisfacer os seus desexos. Non teñen grandes ambicións porque non albergan grandes esperanzas.
Premios e mencións: 2014 · Festival de Cannes®: sección oficial «Un Certain Regard» :: Premios Goya®: nominada á mellor actriz revelación (Ingrid García Jonsson)
Crítica:
"Os actores novos rebordan naturalidade, os diálogos e as situacións son cribles, nada resulta de balde ou soa a impostura. É unha boa e necesaria película.… " Carlos Boyero (El País)
A cota xeral de acceso para socios e socias é de 2 €, co resgardo da «sesión filmoteca» deste luns, tes 1 € de desconto nesta semana, na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións de balde, deste xeito tes dous filmes por 5 €.
Para os non asociados/as, a cota de acceso xeral é de 2'5 € (+ IVE) e non se aplican descontos; xa tardas en facerte socio/a.
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario