mércores 25 de marzo, na Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en dúas únicas sesións: ás 18 e 21 h., cota xeral de acceso para os/as socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme
Sipnose: Kolia vive nunha vila ás beiras do mar de Barents, ao norte de Rusia. Ten un taller de mecánica ao carón da súa casa, onde vive coa súa nova esposa e o seu fillo, froito dunha relación anterior. O alcalde do pobo está decidido a apropiarse da casa e do taller de Kolia custe o que custe. Primeiro intenta mercar o terreo, pero Kolia non está disposto a vender.
Premios e mencións: 2014 · Premios Oscar®: nominada ao mellor filme de fala non inglesa :: Globos de Ouro: mellor filme de fala non inglesa
Crítica:
"Un drama tráxico, sobrio e convincente (…) Interpretada e dirixida cunha ambición inquebrantable, movéndose cunha deliberada lentitude, acelerando periodicamente nos momentos de gran dramatismo e suspense… " Peter Bradshaw (The Guardian)
A cota xeral de acceso para socios e socias é de 2 €, co resgardo da «sesión filmoteca» deste luns, tes 1 € de desconto nesta semana, na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións de balde, deste xeito tes dous filmes por 5 €.
Para os non asociados/as, a cota de acceso xeral é de 2'5 € (+ IVE) e non se aplican descontos; xa tardas en facerte socio/a.
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario