07/03/15

«Short Term 12» · As Vidas de Grace

mércores 11 de marzo, na de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral de acceso para os/as socios/as de 4  (non socios/as: 5  + IVE), o filme



cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 23'5 MB] VOS

Título: «Short Term 12» · Las Vidas de Grace
(As Vidas de Grace)

Ano:
País:
Director:
Guión: Destin Cretton
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 96 min.
Produtora: Cinedigm | Animal Kingdom | Traction Media
Distribuidora: La Aventura Audiovisual
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Grace () é unha moza de vinte e tantos anos que traballa como supervisora en Short Term 12, un centro de acollida para adolescentes en situación de vulnerabilidade. Encántalle o seu emprego e vive entregada ao coidado dos rapaces. Pero ao mesmo tempo, pesa sobre ela un pasado conflitivo que a chea de angustia. A raíz do ingreso no centro dunha rapaza intelixente e inqueda, decátase de que non pode seguir eludindo os problemas que arrastra dende a infancia.

Premios e mencións:
2013 · Festival de Locarno: selección oficial de longametraxes a concurso :: Seminci de Valladolid: sección oficial a concurso :: Premios Gotham: mellor actriz ()

Crítica:
"Temas sensibles abordados coa sutileza do que quere emocionar e cautivar pola vía da naturalidade (…) un filme marabilloso… "
David Broc (Fotogramas)



Folla de sala: Short Term 12 [.pdf • 156 kB]


Filme non recomendable para menores de trece anos.



luns 9 de marzo, na «sesión de Filmoteca» ás 20:30 e 23 h.  
Luns de Filmoteca

A cota xeral de acceso para socios e socias é de 2 , co resgardo da «sesión filmoteca» deste luns, tes 1  de desconto nesta semana, na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións de balde, deste xeito tes dous filmes por 5 .
Para os non asociados/as, a cota de acceso xeral é de 2'5  (+ IVE) e non se aplican descontos; xa tardas en facerte socio/a.

Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.

(horarios CUT+1)

Ningún comentario: