Proxectaremos no ciclo «Primavera de Música» aparte do noso lugar habitual, noutros espazos (recoñecidos pola súa programación musical) como son o café cultural Auriense, «El Pueblo» e café pop Torgal. Neles terás avances dos filmes que proxectamos na Biblioteca Pública así como filmes inesquecíbeis, nunha sóa sesión única e con acceso de balde, ás 20:30 h. os martes, xoves e venres do mes de abril de 2015
martes 7 de abril do 2015
Lugar: Café cultural «El Pueblo»
rúa Samuel Eiján 1, Ourense. Na Biblioteca Pública o martes 28 de abril do 2015.Folla de sala: Venid a las cloacas: La historia de la Banda Trapera del Río [.pdf • 310 kB]
xoves 9 de abril do 2015
Lugar: Café cultural Auriense
praza do Correxedor 11, Ourense. Na Biblioteca Pública o xoves 30 de abril do 2015.Folla de sala: Petey & Ginger [.pdf • 313 kB]
martes 14 de abril do 2015
Lugar: Café cultural «El Pueblo»
rúa Samuel Eiján 1, Ourense; único pase.Folla de sala: The Clash: Westway to the World [.pdf • 350 kB]
xoves 16 de abril do 2015
Lugar: Café pop Torgal
rúa Celso Emilio Ferreiro 20, Ourense. Na Biblioteca Pública o martes 28 de abril do 2015.Folla de sala: The Beat Is the Law: Fanfare for the Common People [.pdf • 231 kB]
venres 17 de abril do 2015
Lugar: Café pop Torgal
rúa Celso Emilio Ferreiro 20, Ourense; único pase.Folla de sala: I Am Trying to Break Your Heart [.pdf • 259 kB]
martes 21 de abril do 2015
Lugar: Café cultural «El Pueblo»
rúa Samuel Eiján 1, Ourense; único pase.Folla de sala: The Rolling Stones: Sweet Summer Sun from Hyde Park [.pdf • 388 kB]
xoves 23 de abril do 2015
Lugar: Café cultural Auriense
praza do Correxedor 11, Ourense. Na Biblioteca Pública o xoves 30 de abril do 2015.Folla de sala: American Interior [.pdf • 481 kB]
venres 24 de abril do 2015
Lugar: Café pop Torgal
rúa Celso Emilio Ferreiro 20, Ourense; único pase (atención) ás 18 h.Folla de sala: Shut Up and Play the Hits [.pdf • 315 kB]
Lembrade que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección e os filmes do ciclo non son recomendables a menores de trece anos.
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados para este ciclo, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios. Agardamos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.
¹
Horarios CUT+1
Aquelas proxeccións con aviso de cota de acceso de balde, para os socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co IVE actual do 21%.
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario