31/01/12

Cine político


09/01/12

Ciclo Palmarés de Cannes 2011

A fin do mundo, a paternidade e o sentido da vida, baixo a óptica de Lars VonTrier, os irmáns Dardenne, e Terrence Malick.

Coincide, ademáis do seu palmarés, as sempres discutibles razóns do xurado, que só poderemos comprobar, previa inspección sensitiva, no último lugar habitual das proxeccións do cineclube, (CINEBOX; centro comercial Pontevella) e para o cal, debes ter en conta, o seguinte detalle da orde, horas e días.


• Mércores 11 de xaneiro de 2012 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h

Melancolía
Melancholia. Dinamarca/Alemaña/Suecia, 2011. Cor, 136 min • Dirección: Lars Von Trier • Produción: Meta Louise Foldager - Zentropa Entertainments / Memfis Film / Slot Machine / Zentropa International Köln / BIM Distribuzione / Eurimages / Trollhättan Film AB / arte France Cinéma • Guión: Lars von Trier • Fotografía: Manuel Alberto Claro • Montaxe: Molly M. Stensgaard • Intérpretes: Kirsten Dunst, Charlotte Gainsbourg, Kiefer Sutherland, Charlotte Rampling, Alexander Skarsgård, Stellan Skarsgård, Udo Kier, John Hurt, Brady Corbet, Cameron Spurr, Jesper Christensen • Estrea: 18/05/2011 • Estrea en España:11/10/2011 • Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán.

Web oficial: http://www.melancholiathemovie.com/

• Festival de Cannes 2011: Mellor actirz
Premios 2011 do Cine Europeo: Mellor película, fotografía e deseño de producción

Justine (Kirsten Dunst) e Michael (Alexander Skarsgård) celebran a súa voda cunha fastuosa celebración na casa da súa irmá (Charlotte Gainsbourg) e o seu cuñado (Kiefer Sutherland). Mentras tanto, o planeta Melancolía se dirixe cara a Terra...


• Mércores 18 de xaneiro de 2012 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h

O neno da bicicleta
Le gamin au vélo (The Kid With The Bike). Bélxica/Francia/Italia, 2011. Cor, 87 min • Dirección: Jean Pierre e Luc Dardenne • Produción: Jean-Pierre Dardenne, Luc Dardenne • Guión: Jean-Pierre Dardenne, Luc Dardenne • Fotografía: Alain Marcoen • Montaxe: Raphaëlle Dufosset e Tristan Meunier • Interprétes: • Estrea: 15/05/2011 • Estrea en España: 24/10/2011 • Versión orixinal en francés con subtítulos en castelán.

• Festival de Cannes 2011: Gran premio do xurado
• Premio 2011 do cine europeo: mellor guión

Cyril, un neno de once anos, fuxe do fogar de acollida, onde o seu pai deixouno, despois da promesa de recollelo. Cyril proponse atopalo, colle refuxio no gabinete dun médico, onde coñece a unha razapa na sala de espera. Así, por pura casualidade, entabla unha relación de amizade durante os fins de semana...



• Mércores 25 de xaneiro de 2012 • Cinebox Ourense, 20.30 e 23 h

A árbore da vida
The Tree of Life • EE.UU, 2011. Cor, 138 min • Dirección: Terrence Malick • Produción: Sarah Green, e Sarant Hill • Guión: Terrence Malick • Fotografía: Emmanuel Lubezki • Montaxe: Hank Corwin, Jay Rabinowitz, Daniel Rezende, Billy Weber e Mark Yoshikawa • Intérpretes:Brad Pitt, Jessica Chastain, Hunter McCracken, Sean Penn, Laramie Eppler, Tye Sheridan, Fiona Shaw, Crystal Mantecon, Pell James, Joanna Going, Kari Matchett, Michael Showers • Estrea: 16/05/2011 • Estrea en España: 16/09/2011 . Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán.

• Festival de Cannes 2011: mellor película
Jack (Hunter McCracken) é un neno que vive cos seus irmáns e os seus pais, na norteamérica dos anos cincoenta. Mentras que a súa nai (Jessica Chastain) encarna o amor e a tenrura no seno familiar, o seu pai (Brad Pitt) representa a severidade; posto que se cre na obriga de ensinarlle o mundo. Así nesta viaxe que comeza coa perda da inocencia chegará aos nosos días, cun Jack, adulto (Sean Penn), lembrando certos momentos trascendentes da sua infancia, e da influencia destes, no que é agora.

Programación xaneiro-febreiro 2012; +CINE

O mércores 11 de xaneiro comeza o novo ciclo da programación mantida polo Cineclube Padre Feijoo, nesta ocasión, xunto co Festival internacional de cine independente de Ourense (OUFF), que levará o título conxunto para toda a temporada de “+ cine” (Ourense 2012; O cine suma).

Os pases, como vén sendo habitual, serán ás 20.30 e ás 23.00 horas, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella), e as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario, parados e maiores de 65 anos).

Para o ciclo cóntase co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia.

O ciclo «Unha ollada ao palmarés do 64º Festival de Cannes» traerá a Ourense os filmes Melancolía, El niño de la bicicleta, e El árbol de la vida.

O 11 de xaneiro proxectarase Melancolía, película danesa dirixida por Lars Von Trier, que gañou o Premio á mellor actriz no Festival de Cannes de 2011, así como varios premios do cine europeo, incluido o premio ao mellor filme.

O 18 de xaneiro será exhibida a fita de orixe belga El niño de la bicicleta, de Jean Pierre e Luc Dardenne, que obtivo o Gran premio do xurado do Festival de Cannes 2011.

O 25 de xaneiro, El árbol de la vida será a película que reciba proxección; dirixida polo estadounidense Terrence Malick, e obtivo a Palma de ouro á mellor película do Festival de Cannes 2011.

O seguinte ciclo programado, en febreiro, será de cine político, cun retrato sobre a xerarquia relixiosa, en "Habemus Papam" de Nanni Moretti, o terrorismo islámico en "4 lions" de Chris Morris, e sobre a corrupción política "Il Divo" de Paolo Sorrentino, do cal teredes contada e amplia información.


Mira o tráiler coa programación de xaneiro e febreiro en: http://www.youtube.com/watch?v=Mu9Pq7qcgCo


Descarga o tríptico