Os pases, como vén sendo habitual, serán ás 20.30 e ás 23.00 horas, no Cinebox Ourense (Centro Comercial Ponte Vella), e as entradas serán de 4,00 euros (3,00 euros no caso de estudantes con carné universitario, parados e maiores de 65 anos).
Para o ciclo cóntase co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, así como da Federación de Cineclubes de Galicia.
O ciclo «Unha ollada ao palmarés do 64º Festival de Cannes» traerá a Ourense os filmes Melancolía, El niño de la bicicleta, e El árbol de la vida.
O 11 de xaneiro proxectarase Melancolía, película danesa dirixida por Lars Von Trier, que gañou o Premio á mellor actriz no Festival de Cannes de 2011, así como varios premios do cine europeo, incluido o premio ao mellor filme.
O 18 de xaneiro será exhibida a fita de orixe belga El niño de la bicicleta, de Jean Pierre e Luc Dardenne, que obtivo o Gran premio do xurado do Festival de Cannes 2011.
O 25 de xaneiro, El árbol de la vida será a película que reciba proxección; dirixida polo estadounidense Terrence Malick, e obtivo a Palma de ouro á mellor película do Festival de Cannes 2011.
O seguinte ciclo programado, en febreiro, será de cine político, cun retrato sobre a xerarquia relixiosa, en "Habemus Papam" de Nanni Moretti, o terrorismo islámico en "4 lions" de Chris Morris, e sobre a corrupción política "Il Divo" de Paolo Sorrentino, do cal teredes contada e amplia información.
Mira o tráiler coa programación de xaneiro e febreiro en: http://www.youtube.com/watch?v=Mu9Pq7qcgCo
Descarga o tríptico
Ningún comentario:
Publicar un comentario