mércores 29 de outubro do 2014
26/10/14
«Oslo, 31. August» · Oslo, 31 de agosto
22/10/14
ciclo «Cinema e Memoria»
Cada venres, do 24 de outubro ao 7 de novembro, na Biblioteca Pública (rúa Concello 11, Ourense), nunha única sesión: ás 18 h. e con entrada de balde, para celebrar o día das Bibliotecas e o mes da ciencia, programamos un ciclo de sesións especiais «Cinema e Memoria», grazas a colaboración da Biblioteca Pública, Goethe-Institut e DocsBarcelona
Velaquí tedes, de seguido, os filmes seleccionados e un avance visual do ciclo [. mp4 • 4'6 Mb], que como sempre o podedes ollar no canle de You Tube do cineclubePF.
19/10/14
«La Vénus a la Fourrure» · A Venus das Peles
mércores 22 de outubro do 2014
(A Venus das Peles)
Ano: 2013
País: Francia
Director: Roman Polanski
Guión: Roman Polanski e David Ives
Música: Alexandre Desplat
Fotografía: Pawel Edelman e Wolfgang Thaler
Reparto: Mathieu Amalric, Emmanuelle Seigner…
Duración: 96 min.
Produtora: R.P. Productions | Les Films Alain Sarde
Distribuidora: Wanda Visión
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 2.35:1 · HD-DTS
Idiomas: francés e alemán · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
12/10/14
«The Broken Circle Breakdown» · Alabama Monroe
mércores 15 de outubro do 2014
Ano: 2012
País: Bélxica
Director: Felix Van Groeningen
Guión: Carl Joos e Felix Van Groeningen
Música: Bjorn Eriksson
Fotografía: Ruben Impens
Reparto: Veerle Baetens, Johan Heldenbergh, Nell Cattrysse, Geert Van Rampelberg, Nils De Caster…
Duración: 112 min.
Produtora: Topkapi Films
Distribuidora: Golem Distribución
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 2.35:1 · HD-DTS
Idiomas: flamenco e inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
09/10/14
programación outubro—novembro 2014
Precisamente, que se celebra o aniversario do pasamento do pai «Feijoo», un dos célebres ilustrados do século XVIII, coinciden agora signos de sistemas políticos diferentes, porén eternamente iguais; antes era «baixo a lei de deus», e agora «baixo o poder da constitución». Posteriormente no porvir do depotismo ilustrado debuxouse, unha Europa na que todo …era polo pobo, pero sen o pobo.
Casualidades ou non á situación actual, creíamos conveniente retratar —non só a ilustración, na honra de quen temos o nome ao noso cineclube- se non tamén dunha eclética mini-viaxe dos filmes actuais de Europa, traballos con características organolépticas como o noso avance visual [.mp4 • 5'9 MB] para o ciclo «tránsito Europa».
Cartaz do ciclo «tránsito Europa» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Agardamos que os principios básicos da ilustración sigan vixentes en vós, e animen á crítica en xeral contra o establecido, e en particular, cos filmes programados, sabede que os vosos comentarios e suxestións son moi celebrados pola equipa do cineclube.
ciclo «tránsito: Europa»
Proxéctase durante o meses de outubro—novembro de 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da biblioteca nodal de Ourense (rúa Concello 11) nos seguintes días:
os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. agás o mércores 12 e xoves 13 de novembro, no que só hai dúas sesións, ás 20:30 e 23 h.
Cota xeral de socios/as de 4 € …
Sesións de Filmoteca · outubro—novembro 2014
Proxéctase durante os meses de outubro-novembro do 2014 na Casa de Cultura, salón de actos da biblioteca nodal de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. agás o luns 13 de outubro e o 10 de novembro, que por mor da longa duración do filme, só temos unha única sesión ás 20:30 h; cota xeral de 2 € os filmes seguintes …
Sesións especiais: «A Ilustración»
Sesións especiais: ciclo «cinema e memoria»
Cada venres, do 24 de outubro ao 7 de novembro, na Biblioteca Pública (rúa Concello 11, Ourense), nunha única sesión: ás 18 h. e con entrada de balde, para celebrar o día das Bibliotecas e o mes da ciencia, programamos un ciclo de sesións especiais «Cinema e Memoria», grazas a colaboración da Biblioteca Pública, Goethe-Institut e DocsBarcelona, os seguintes filmes:
venres 24 de outubro do 2014
Día Internacional das Bibliotecas
(Na procura da Memoria)
Ano: 2008
País: Alemaña
Director: Petra Seeger
Guión: Petra Seeger e Eric Kandel
Música: Walter W. Cikan, Marnix Veenenbos, Petr Spatina e Bernhard Fleischmann
Fotografía: Robert Winkler e Mario Masini
Reparto: Eric Kandel, Markus Giefing, Angelika Kropej…
Duración: 95 min.
Produtora: FilmForm Köln GmbH | WDR | ORF | ARTE | Institute for Science and Technology Austria
Distribuidora: Goethe-Institut
Exhibición: Dixital DV d · Cor · Ratio 1.78:1 · Dolby dixital
Idiomas: alemán e inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Un retrato de Eric Kandel, premio Nobel e probablemente o neurocientífico máis importante da actualidade. Un home maior fascinante, a quen Petra Seeger observa en New York, Viena e Cahors. Kandel fala das súas investigacións científicas e da relación destas coa súa vida: cando era un neno e vivíu o Holocausto.
Premios e mencións:
2009 · Imagine Science Film Festival, New York.
2010 · WPA Film Festival: premio do público :: Atlanta Jewish Film Festival :: Rio de Janeiro International Jewish Film Festival.
Crítica:
"Un retrato apaisoante (…) unha xenerosa introducción a alguen do que paga a pena coñecer e que sabe unha chea"
A.O. Scott · (The New York Times)
venres 31 de outubro do 2014
(Conecta e prega)
Ano: 2010
País: Alemaña
Director: Jens Schanze
Guión: Jens Schanze
Música: Rainer Bartesch
Reparto: Joseph Weizenbaum, Raymond Kurzweil, Hiroshi Ishiguro, Minoru Asada, Giorgio Metta…
Duración: 95 min.
Produtora: MaschaFilm | Bayrische Rundfunk
Distribuidora: Goethe-Institut
Exhibición: Dixital DV d · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital 5.1
Idiomas: alemán, italiano, inglés e xaponés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
«Plug & Pray» é un filme documental tan crítico como informativo e cheo de humor, que trata sobre a construcción de máquinas intelixentes e sobre o pioneiro neste eido da investigación: Joseph Weizenbaum (1923—2008). Centrase principalmente non tanto nos detalles técnicos, senón máis ben nas implicacións éticas, inclusive relixiosas, que conleva o desenvolvemento de intelixencias artificiais.
Premios e mencións:
2010 · Bavarian Film Award: premio mellor documental :: Paris International Science Film Festival: gran premio do xurado :: Mostra de Ciencia e Cinema da Coruña: primeiro premio ao mellor filme.
Crítica:
"O filme de Schanze establece un equilibrio entre forma e contido, cunha pulida técnica…."
Robert Koehler · (Variety)
venres 7 de novembro do 2014
(Tolos polas partículas)
Ano: 2013
País: Estados Unidos
Director: Mark Levinson
Guión: Mark Levinson
Música: Robert Miller
Fotografía: Wolfgang Held e Claudia Raschke
Reparto: Martin Aleksa, Nima Arkani-Hamed, Savas Dimopoulos, Monica Dunford, Fabiola Gianotti…
Duración: 99 min.
Produtora: Anthos Media
Distribuidora: Parallel 40
Exhibición: Dixital DV d · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital 5.1
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
«Particle Fever» segue a historia de seis brillantes científicos que tratan de desentrañar os misterios do universo, documentando os éxitos e os fracasos no avance científico máis significativo e inspirador do planeta.
Premios e mencións:
2013 · Sheffield Doc/Fest., Yorkshire (Reino Unido): premio mellor documental.
Crítica:
"«Particle Fever» é un filme fascinante sobre a ciencia, e unha emocionante, reveladora e as veces conmovedor filme sobre os científicos."
A.O. Scott · (The New York Times)
06/10/14
«Snowpiercer» · Rompeneves
mércores 8 de outubro do 2014
(Rompeneves)
Ano: 2013
País: Corea do Sur
Director: Bong Joon-ho
Guión: Bong Joon-ho e Kelly Masterson
Música: Marco Beltrami
Fotografía: Kyung-Pyo Hong
Reparto: Chris Evans, Song Kang-ho, Tilda Swinton, Jamie Bell, Octavia Spencer…
Duración: 126 min.
Productora: Moho Films | Opus Pictures
Distribuidora: Good Films
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 1.85:1 · HD-DTS
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
Un errado experimento para solucionar o problema do quecemento global case acabou destruíndo a vida sobre a Terra. Os únicos sobreviventes foron os pasaxeiros do «Snowpiercer», un tren que percorre o mundo impulsado por un motor de movemento eterno. Adaptación da novela gráfica «Lle Trasperceneige», escrita por Jean-Marc Rochette e Jacques Loeb.
Premios e mencións:
2013 · Asia-Pacific Film Festival (APFF): 5 nominacións (incluíndo o de mellor filme), acadou o premio de dirección artística.
2014 · Asian Film Awards: 5 nominacións (incluíndo o de mellor filme).
Crítica:
"Un filme duro de asimilar, pero tremendamente brillante e que non deixa a ninguén indiferente, sexas da clase social que sexas."
Eduardo Serradilla · Film Kino - Canarias Ahora (elDiario.es)
Folla de sala: Snowpiercer [.pdf • 149 kB]
Lembrade tamén que os luns, temos «sesión de Filmoteca» ás 20:30 e 23 h. e cunha cota xeral de entrada para socios/as de 2 €.
(horarios CUT+1)