no salón de actos da biblioteca nodal de Ourense (rúa Concello 11), en sesións de 18, 20:30 e 23 h. e cunha cota xeral de entrada para socios/as de 4 €
Sipnose:
Narra a historia de amor entre Elise e Didier. Ela ten unha tenda de tatuaxes, el toca o banjo nunha banda. É amor ao primeiro ollo, a pesares das súas diferenzas. El fala, ela escoita. El é ateo e un inxenuo romántico. Ela ten unha cruz tatuada no cuello, e os pes no chan. A súa ledicia completase co nacemento da pequena Maybelle. Poren a nena enferma aos seis anos.
Premios e mencións: 2013 · Oscar®: nominada ao mellor film de fala non inglesa :: Festival de Tribeca: mellor guión e mellor actriz (Baetens) :: Premios do cinema Europeo: mellor actriz (Baetens); 5 nominacións :: Satellite Awards: mellor film estranxeiro :: Premios César®: mellor film estranxeiro.
Crítica:
"Un drama estridente levado ao lombo dunha música magnética. Todo elo, tanto a banda sonora como o propio film, moi pegadizos." Luis Martínez · (El Mundo)
Lembrade tamén que este luns de filmoteca, temos a última sesión epecial adicada ao ciclo sobre «A Ilustración»
Atención: unha única sesión, ás 20:30 h. e cunha cota xeral de entrada para socios/as de 2 €.
Non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario