25/05/22

Programación maio - xuño de 2022

Filmoteca CGAI

Primavera Musical

VII Ciclo do colexio de médicos

Sesións extraordinarias + >[Abre outra xanela]


Tras dous anos complicados (e pandémicos) de ausencia do cine musical nos lugares habituais da música ao vivo da cidade, recuperamos a Primavera musical con cinco filmes en catro escenarios distintos.

Neste tempo de perdas e dificultades lembramos a un amigo da música (e dos músicos) no café Pop Torgal, xunto coa estrea de filmes inéditos, como a evolución da música da escena musical de Berlín, o punk galego e mesmo filmes de culto que dilapidan e profetizan un vendaval de recordos e sensacións.




«PM-2022»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


"Se ti tes pánico escénico, un ollo clínico
médico, un teste cínico-técnico
Que podes esperar?
Aínda que fose científico
máxico, esotérico, de México
o que quixera é facerche bailar"... (1)
como o adianto en vídeo [.mp4 • 20'7 MB] que anuncia a programación.

Non esquezan o último filme da tempada da filmoteca e as outras interesantes e extraordinarias propostas que se programan na sala do cineclube; aparte desta Primavera musical.
Por último, lembrar que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].



Primavera musical 2022


A música e o cine voltan aos bares habituais nos que programan concertos. Cinco filmes en catro escenarios distintos e en VOS (Versión orixinal subtítulada).
Aparte dos habituais luns e mércores na Casa de Cultura de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café Pop Torgal, El Pueblo Café cultural e Café cultural Auriense.