«Próxima estación: Islandia»
O cinema islandés non amosa os arquetipos que flúen na nosa cabeza cando relacionamos ao cinema realizado no extremo noroeste de Europa, foxen das melopeas eternas e o suicidio dos seus irmáns finlandeses, tampouco teñen preocupacións existenciais como o cinema nórdico; o cinema insular practica un discurso (tanto político como económico) afastado das influencias xerais que se desenvolven no continente.
Analizamos moi sucintamente, o estado de graza da súa recente filmografía, pola que obtiveron loureiros no Festival de San Sebastián ou na Seminci de Valladolid
Completamos a programación de novembro, coa programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) os luns ás 20:30 e 23 h. agás para o filme de Abbas Fahdel «Homeland (Iraq Year Zero)» no que só teremos unha única sesión (20:30 h) dividida en dúas xornadas (días 21 e 28 de novembro).
Embarca connosco nesta viaxe a historias inauditas, cheas de imaxinación como a banda sonora de «Of Monsters and Men» do noso avance [.mp4 • 20'2 MB] e goza dunhas fermosísimas paraxes, incólumes…