Proxéctase durante o mes de febreiro e marzo do 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …
15 Feb. 2016
Lun
«Belye Nochi Pochtalona Alekseya Tryapitsyna» · O carteiro das noites brancas
Dirixida por Andrei Konchalovsky · (2014)
Os habitantes do lago Kenozero viven do mesmo xeito que, durante séculos, viviron os seus antepasados. Nesa pequena comunidade, onde todos coñécense. só se produce o necesario para a supervivencia. Só se comunican co exterior grazas á lancha do carteiro, pero cando alguén rouba o motor da embarcación e, ademais, a muller que ama escápase á cidade, o carteiro emprenderá unha viaxe de auto descubrimento que lle axudará a comprender que non hai nada mellor que o fogar.
Comparte o evento ❯❯
22
Feb.
2016
Feb.
2016
Luns
«La Academia de las Musas» · A academia das musas
Dirixida por José Luis Guerín · (2015)
Un día, un profesor de filoloxía atópase con que a súa muller cuestiona e critica o enfoque pedagóxico das clases que imparte na «Academia das Musas» cuxo fin é rexenerar o mundo a través da poesía.
Comparte o evento ❯❯
29
Feb.
2016
Feb.
2016
Luns
«What We Do in the Shadows» · O que facemos nas sombras
Viago, Deacon e Vladislav son tres vampiros que comparten piso en Nova Zelandia. Fan o posible por adaptarse á sociedade moderna: pagan o aluguer, repártense as tarefas domésticas e tentan que lles conviden a entrar nos clubes. Unha vida normal, salvo por unha pequena diferenza: son inmortais e teñen que alimentarse de sangue humano. Cando o seu compañeiro do soto, Petyr, converte en vampiro a Nick, os nosos protagonistas deberán ensinarlle como funciona todo na súa recentemente estreada vida eterna.
Comparte o evento ❯❯
7
Mar.
2016
Mar.
2016
Luns
«Taxi Téhéran» · Taxi Teherán
Dirixida por Jafar Panahi · (2015)
Un taxi percorre as vibrantes e coloridas rúas de Teherán. Pasaxeiros moi diversos entran no taxi e expresan abertamente a súa opinión mentres son entrevistados o condutor que non é outro que o director do filme, Jafar Panahi. A súa cámara, colocada no cadro de mandos do vehículo, captura o espírito da sociedade iraniana a través desta viaxe.
Comparte o evento ❯❯
14
Mar.
2016
Mar.
2016
Luns
«En Duva Satt på en Gren och Funderade på Tillvaron» · Unha pomba pousouse nunha póla a reflexionar sobre a existencia
Dirixida por Roy Andersson · (2014)
Narra a vida de dous perdedores de entre 50 e 60 anos, dous vendedores de artigos de broma que viven nunha casa abandonada, e que teñen tres encontros coa morte. Cal Don Quixote e Sancho Panza do momento actual, Sam e Jonathan condúcennos por un percorrido caleidoscópico a través do destino do ser humano.
Comparte o evento ❯❯
Horarios CUT+2
Esta tempada, poñemos a proba a avaliación do filme segundo a programación vai desenvolvéndose, deste xeito, tedes unha ligazón no comentario de cada evento para encher unha pequena enquisa sobre o filme que vexas.
Talvez, se é máis sinxelo, recompilamos todas as publicacións coas súas enquisas de cada filme nunha páxina específica sobre o asunto.
Axúdanos coa túa participación e tamén a espallar os eventos do cineclube Padre Feijoo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario