11/02/16

programación febreiro—marzo 2016

ciclo «Tránsito: Europa II»
Extra: II ciclo de Cine e Medicina · Ociourense 2016

Fai 70 anos, despois das consecuencias da segunda guerra mundial, Winston Churchill pronunciou un histórico discurso na Universidade de Zurich, no que alentaba á creación dos Estados unidos de Europa, non cun obxectivo mercantil, do que é tristemente en exclusiva agora, se non para mellorar o nivel de vida dos cidadáns e a cooperación entre os estados da vella Europa.

En pleno baño sanguinario no Kurdistán e Siria, …Europa non ten respostas a este mundo bipolar, non existe solidaridade nen dereitos humanos; a estratexia europea, viaxa polos camiños da desregulación e privatización do público, en sendeiros de desemprego e deflación salarial, e incluso con pontes de restricción economicista, que alcanza cotas de esperpento en España incluso, coa liberdade de expresión ou decisión (tanto individual como colectiva).

Este é o asfalto da situación actual que, cons distintas estacións, visitamos nesta segunda parte do tránsito europeo; unha guerra de independencia, a soidade e despersonalización do individuo, e temas tan universais como o amor, a cobiza e a corrupción, que xunto coas propostas da filmoteca dos luns, agroman historias que cremos necesarias… agardemos que a sátira xudicial actual, se ausente, por adulterio coa liberdade.



ciclo «tránsito: Europa II» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Coma sempre, unha fermosa voz ilustra a nosa banda sonora do avance visual [.mp4 • 30'4 MB] do ciclo, sabendo que podemos ser malos por un día (e heroes), porén sempre saberemos que nos falta algo, tristes á vez polo que xa perdimos.








15 Feb. 2016
Lun

«Belye Nochi Pochtalona Alekseya Tryapitsyna» · O carteiro das noites brancas

Dirixida por · (2014)
Os habitantes do lago Kenozero viven do mesmo xeito que, durante séculos, viviron os seus antepasados. Nesa pequena comunidade, onde todos coñécense. só se produce o necesario para a supervivencia. Só se comunican co exterior grazas á lancha do carteiro, pero cando alguén rouba o motor da embarcación e, ademais, a muller que ama escápase á cidade, o carteiro emprenderá unha viaxe de auto descubrimento que lle axudará a comprender que non hai nada mellor que o fogar.

SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).




Extra: II ciclo de cine do Colexio de médicos

16 Feb. 2016
Mar

«Epizoda u Zivotu Beraca Zeljeza» · A muller do chatarreiro

Dirixida por · (2013)
Senada, a nai dunha familia xitana que vive da chatarra, comeza un día a sangrar e a ter fortes dores no estómago. No hospital comunícanlle que tivo un aborto espontáneo, e recoméndanlle unha urxente intervención cirúrxica, pero ao carecer de cobertura sanitaria, non pode ser atendida. O seu marido, Nazif, tratará de atopar durante eses días máis chatarra para vender, e lograr os 500 euros que custa a operación.

SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CEST)
 





17
Feb.
2016
Mérc.

«Mandariinid» · Mandarinas


Dirixida por · (2013)
En 1990, estala a guerra nunha provincia xeorxiana que busca a independencia. Ivo, un estoniano, decide quedar, a diferenza do resto dos seus compatriotas, para axudar ao seu amigo Margus coa colleita de mandarinas. Ao comezar o conflito, dous soldados resultan feridos diante da súa casa, e Ivo vese obrigado a coidar deles.



SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CET)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto






22
Feb.
2016
Luns

«La Academia de las Musas» · A academia das musas


Dirixida por · (2015)
Un día, un profesor de filoloxía atópase con que a súa muller cuestiona e critica o enfoque pedagóxico das clases que imparte na «Academia das Musas» cuxo fin é rexenerar o mundo a través da poesía.



SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).





24
Feb.
2016
Mérc.

«The Lobster» · Lagosta


Dirixida por · (2015)
Narra unha historia de amor non convencional, ambientada nun mundo distópico, no que segundo as regras establecidas, os solteiros son arrestados e enviados a un lugar onde teñen que atopar parella nun prazo de 45 días. O tema central é a soidade, o temor a morrer só, a vivir só, e tamén ao temor a vivir con alguén.



SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CET)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto






29
Feb.
2016
Luns

«What We Do in the Shadows» · O que facemos nas sombras


Dirixida por e · (2014)
Viago, Deacon e Vladislav son tres vampiros que comparten piso en Nova Zelandia. Fan o posible por adaptarse á sociedade moderna: pagan o aluguer, repártense as tarefas domésticas e tentan que lles conviden a entrar nos clubes. Unha vida normal, salvo por unha pequena diferenza: son inmortais e teñen que alimentarse de sangue humano. Cando o seu compañeiro do soto, Petyr, converte en vampiro a Nick, os nosos protagonistas deberán ensinarlle como funciona todo na súa recentemente estreada vida eterna.



SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).





  2
Mar.
2016
Mérc.

«45 Years» · 45 Anos


Dirixida por · (2015)
Falta só unha semana para o 45 aniversario da súa voda, e Kate Mercer está moi ocupada cos preparativos da festa. Pero entón chega unha carta dirixida ao seu marido, na que se lle notifica que, nos glaciares dos Alpes suízos, apareceu conxelado o cadáver do seu primeiro amor.



SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CET)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto






  7
Mar.
2016
Luns

«Taxi Téhéran» · Taxi Teherán


Dirixida por · (2015)
Un taxi percorre as vibrantes e coloridas rúas de Teherán. Pasaxeiros moi diversos entran no taxi e expresan abertamente a súa opinión mentres son entrevistados o condutor que non é outro que o director do filme, . A súa cámara, colocada no cadro de mandos do vehículo, captura o espírito da sociedade iraniana a través desta viaxe.



SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).





  9
Mar.
2016
Mérc.

«Anime Nere» · Calabria, Mafia do sur


Dirixida por · (2014)
Nun pequeno pobo da rexión de Calabria, os irmáns Carbone levan anos vivindo do lucrativo negocio familiar: o tráfico de drogas. Eran fillos de pastores, pero agora forman parte da familia criminal calabresa da contorna da 'Ndrangheta.
Luciano, o maior, afastado do resto da familia, tenta manterse á marxe até que o seu conflitivo fillo Leo empeza a achegarse ao seu carismático tío Luigi e os seus turbios negocios. Cando Leo perde o control unha noite, o tres irmáns ven forzados a unirse de novo para defender a honra e as vidas da familia.



SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CET)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto






14
Mar.
2016
Luns

«En Duva Satt på en Gren och Funderade på Tillvaron» · Unha pomba pousouse nunha póla a reflexionar sobre a existencia


Dirixida por · (2014)
Narra a vida de dous perdedores de entre 50 e 60 anos, dous vendedores de artigos de broma que viven nunha casa abandonada, e que teñen tres encontros coa morte. Cal Don Quixote e Sancho Panza do momento actual, Sam e Jonathan condúcennos por un percorrido caleidoscópico a través do destino do ser humano.



SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CEST)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).




Extra: II ciclo de cine do Colexio de médicos

15 Feb. 2016
Mar

«La famille Bélier» · A familia Bélier

Dirixida por · (2014)
Todos os membros da familia Bélier son xordomudos, excepto Paula, de 16 anos. Ela fai de intérprete para os seus pais, especialmente no que respecta ao funcionamento da granxa familiar. Un día, alentada polo seu profesor de música, que descubriu o seu talento para o canto, decide prepararse para a audición do coro de radio France, pero trátase dunha elección que a obrigará a distanciarse da súa familia.

SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CEST)
 





16
Mar.
2016
Mérc.

«Macbeth»


Dirixida por · (2015)
Esta é a historia dun líder guerreiro, involucrado nunha guerra e que se propón reconstruír a relación coa súa esposa. Trátase dunha das traxedias máis importantes da literatura. Adaptación da obra de William Shakespeare.



SESIÓNS:
COTA:
 18 · 20:30 e 23 h. (CET)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as). Posibilidade de desconto














Horarios CUT+2

Esta tempada, poñemos a proba a avaliación do filme segundo a programación vai desenvolvéndose, deste xeito, tedes unha ligazón no comentario de cada evento para encher unha pequena enquisa sobre o filme que vexas.

Talvez se, é máis sinxelo, recompilamos todas as publicacións coas súas enquisas de cada filme nunha páxina específica sobre o asunto.

Axúdanos coa túa participación e tamén a espallar os eventos do cineclube Padre Feijoo.


Ningún comentario: