Ciclo Abisal
Filmoteca
Sesión especial Club alpino ourensán
Existe unha profundidade sen fondo á que a vida se ve arrastrada coma un Maelstrom, en cuxo vórtice podemos abanear o amor, a familia, a amizade, a confianza e mesmo a memoria. Desde esa profundidade, abisal, seleccionamos as historias do ciclo dos mércores; coa esperanza de non obviar os procelosos estados que gobernan a sección de Filmoteca, dedicada principalmente neste caso a recuperar pequenas xoias case esquecidas da URSS (agora que xa pasaron tres décadas da súa desaparición) e a lembrar a interpretación de María Casares, xa que en 2022 cúmprese o centenario do seu nacemento. Tamén, sen pretendelo, homenaxearemos á xenialidade dun director cinéfilo, produtor e historiador, coa maxistral The Last Picture Show, xa contratada previamente á triste desaparición de Peter Bogdanovich o pasado 6 de xaneiro.
Na canle de «You Tube» tedes o avance visual [.mp4 • 20'7 MB], que resume a programación destes dous meses. Sempre é tempo de lembrar aos/ás bos/boas amigos/as, a música...e ás imaxes inesquecibles que alimentan o corazón.
Por último, lembrar que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela] e pregamos atención especial; á cita para as persoas socias das asembleas do luns 17 de xaneiro (+info.;aquí) [Abre outra xanela], tamén á sesión especial do xoves 27 de xaneiro e ao horario único (18 h) da última proxección do ciclo do mércores 23 de febreiro.