11/02/16

programación febreiro—marzo 2016

ciclo «Tránsito: Europa II»
Extra: II ciclo de Cine e Medicina · Ociourense 2016

Fai 70 anos, despois das consecuencias da segunda guerra mundial, Winston Churchill pronunciou un histórico discurso na Universidade de Zurich, no que alentaba á creación dos Estados unidos de Europa, non cun obxectivo mercantil, do que é tristemente en exclusiva agora, se non para mellorar o nivel de vida dos cidadáns e a cooperación entre os estados da vella Europa.

En pleno baño sanguinario no Kurdistán e Siria, …Europa non ten respostas a este mundo bipolar, non existe solidaridade nen dereitos humanos; a estratexia europea, viaxa polos camiños da desregulación e privatización do público, en sendeiros de desemprego e deflación salarial, e incluso con pontes de restricción economicista, que alcanza cotas de esperpento en España incluso, coa liberdade de expresión ou decisión (tanto individual como colectiva).

Este é o asfalto da situación actual que, cons distintas estacións, visitamos nesta segunda parte do tránsito europeo; unha guerra de independencia, a soidade e despersonalización do individuo, e temas tan universais como o amor, a cobiza e a corrupción, que xunto coas propostas da filmoteca dos luns, agroman historias que cremos necesarias… agardemos que a sátira xudicial actual, se ausente, por adulterio coa liberdade.



ciclo «tránsito: Europa II» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Coma sempre, unha fermosa voz ilustra a nosa banda sonora do avance visual [.mp4 • 30'4 MB] do ciclo, sabendo que podemos ser malos por un día (e heroes), porén sempre saberemos que nos falta algo, tristes á vez polo que xa perdimos.


ciclo «tránsito: Europa» II

Proxéctase durante o mes de febreiro e marzo do 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os mércores ás 18, 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …

Sesións de Filmoteca · febreiro—marzo 2016

Proxéctase durante o mes de febreiro e marzo do 2016 na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), os luns ás 20:30 e 23 h. os seguintes filmes …