«O estado das cousas»
«Filmoteca CGAI»
«Extra: IV Ciclo de cine e medicina»
Dicía Michael Moore, na presentación de "Capitalismo, unha historia de amor" (proxectado o 3 de xuño de 2014 no cineclube), que o seu obxectivo é expor as
preguntas que debe facerse a sociedade. Neste caso, programamos en concordancia co citado director e activista, catro filmes para a refexión oportuna de cada espectador...a corrupción desde a falta de ética individual,a relixión e a nacionalidade que enfronta a cada individio sen posibilidade de encontro,a ideoloxía ou o paradigma actual de que xa non é moderna, e o totalitarismo ou devir á falla de liberdade individual actual. Faltounos a organización do estado ou a monarquia cunha comedia, ben propia da situación...pero que non puido entrar por falta de contestación da distribuídora en España.
Advertimos, que a clase política non vai mudar nada pola súa propia iniciativa persoal, porque para eles non ten sentido ser valentes, é demasiado arriscado. As persoas son as que teñen que facer que cambien. Así, cando emerxa a verdade e o panorama estea claro, os que se encollían de ombreiros e ironizaban cambiarán de idea e pareceranse precisamente ás persoas illadas das que se burlaran. Todo o noso apoio, a eses valentes que en calquera parte do mundo loitan para cambiar as cousas.
De seguido o avance visual [.mp4 • 20'3 MB] e cartel que adianta a programación.