Chega o cinema para os máis pequenos… e para toda a familia. Procurando no abrente imaxinativo dos máis cativos, propómosvos tres traballos de animación na súa versión orixinal, subtitulados ao castelán, do país galo grazas a colaboración do «Institut Française» que, a bo seguro, estimularán o seu maxín ainda que non acadasen a ler todos os subtítulos.
Cartaz do ciclo «Petit cinéma» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)
Os filmes proxectaranse nos tres primeiros mércores do mes de xullo nunha única sesión matinal, ás 11:30 h. e acceso de balde até completar o aforo do salón de actos da Biblioteca Pública (112 butacas); é doado supoñer que dito ciclo, vai dirixido especialmente para os cativos a partires de 7—8 anos, avós e avoas (acompañados ou non), estudantes da lingua francesa (aforran ir de campamento ao país veciño) e público en xeral, tedes unha quenda semanal para a vosa axenda e que de seguido vos reflictimos con máis detalle datas e historias:
mércores 1 de xullo do 2015
Velo avance do filme:
You Tube [.mp4 • 26'4 MB] VO
Título: «Le Chat du Rabbin» · El Gato del Rabino
O Gato do Rabino
Ano: 2011
País: Francia
Director: Antoine Delesvaux e Joann Sfar
Guión: Joann Sfar
Música: Olivier Daviaud
Xénero: Animación
Reparto (voces): François Morel, Maurice Benichou, Afsia Herzi, Daniel Cohen…
Duración: 90 min.
Producción: Autochenille
Distribuidora: UGC Distribution
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: francés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
Tras comerse un periquito, o gato dun rabino adquire a capacidade de falar, e non só iso, senón que se volve un estudioso das crenzas do seu amo, criticándoas como só un gato podería facelo, e establecendo unha forte amizade coa filla do relixioso.
Premios e mencións:
2012 · Festival de
Gijón (Asturias, España): mellor filme de animación ::
Annie Award (
Los Angeles, Estados Unidos): nominación mellor filme e mellor director.
2011 · Premios
César®: mellor filme de animación ::
Festival international du film d'animation d'Annecy (
Rhône-Alpes, Francia): mellor longametraxe de animación :: Premios do Cinema Europeo: nominación mellor longametraxe de animación.
Crítica:
"Lonxe dos grandes filmes do xénero (…) un filme estimable e divertido, algo máis longo do que debería pero que perfila moi ben aos seus persoaxes…"
Pablo González Taboada (
Cinemanía)
mércores 8 de xullo do 2015
Velo avance do filme:
You Tube [.mp4 • 7 MB] VOS
Título: «Le Tableau» · El Lienzo
A Pintura
Ano: 2011
País: Francia
Director: Jean-François Laguionie
Guión: Jean-François Laguionie e Anik Leray
Música: Pascal Le Pennec
Xénero: Animación
Reparto (voces): Jean Barney, Chloé Berthier, JB Blanc, Steve Blum…
Duración: 76 min.
Producción: BE-FILMS | Blue Spirit Animation | uFilm
Distribuidora: Rezo Films
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.77:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: francés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
Narra as desventuras duns personaxes que se saen dun cadro inacabado para buscar ao seu creador noutras obras. O seu deseño gráfico inspírase en
Matisse,
Derain e
Bonnard.
Premios e mencións:
2012 ·
Festival international du film d'animation d'Annecy (
Rhône-Alpes, Francia): sección oficial longametraxes a concurso :: Festival de
Gijón (Asturias, España): sección oficial longametraxes de animación a concurso.
2011 · Premios
César®: nominación mellor filme de animación.
Crítica:
"Dunha imaxinación desbordante (…) por medio dun ton amable, establécese unha crítica social evidente coa loita de clases como núcleo (…) a súa tese é tan intelixente como agradecida, lembrando por momentos á liberdade creativa de exercicios (superiores, iso si) como
A viaxe de Chihiro (
Sen to Chihiro no Kamikakushi) ou «Paprika, detective dos sonos» (Paprika)…"
Pablo González Taboada (
Cinemanía)
mércores 15 de xullo do 2015
Velo avance do filme:
You Tube [.mp4 • 5'8 MB] VO
Título: «Kirikou et la Sorcière» · Kirikú y la bruja
Kirikú e a Meiga
Ano: 1998
País: Francia
Director: Michel Ocelot
Guión: Michel Ocelot
Música: Youssou N'Dour
Xénero: Animación
Reparto (voces): Doudou Gueye Thiaw, Maimouna N'Diaye, Awa Sene Sarr, Robert Liensol…
Duración: 74 min.
Producción: Les Armateurs | Odec Kid Cartoons | Monipoly Productions | Trans Europe Film | Studio O | France 3 Cinéma | RTBF | Exposure | Canal+
Distribuidora: Alta Films
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: francés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
Nunha aldea africana arrasada pola bruxa «
Karaba», que estendeu un maleficio e que, segundo conta, comeuse aos habitantes do poboado, nace Kirikú. O valente neno decide enfrontarse á bruxa para salvar á súa xente, pero no canto da violencia decide usar a astucia e o saber.
Premios e mencións:
1999 ·
Festival international du film d'animation d'Annecy (
Rhône-Alpes, Francia): mellor longametraxe.
Crítica:
"Coma se estivésemos ante varios cadros de
Henri Rousseau que de súpeto cobrasen movemento,
Ocelot e a súa estética bidimensional inspirada na arte pictórica de África Occidental chocan de fronte contra as convencións estéticas do cinema de animación da época…"
Diana Albizu (
Sensacine)
Lembrade que temos aberta unha enquisa para coñecer a vosa avaliación do traballo desenvolto pola equipa do cineclube neste ano; tamén tes, ao seguir destas liñas, todo o espazo do mundo, para comentar, suxerir (ou espallar polas redes sociais), aquelo que consideres xusto e necesario. O apreciamos con sinceridade e propósito de enmenda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario