«Mita Tova» —The Farewell Party— · A Festa de Despedida
mércores 10 de xuño, na Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme
Título: «Mita Tova» —The Farewell Party— · La fiesta de despedida
(A Festa de Despedida) Ano: 2014 País: Israel Director: Tal Granit e Sharon Maymon Guión: Tal Granit e Sharon Maymon Música: Avi Belleli Fotografía: Tobias Hochstein Reparto: Ze'ev Revach, Aliza Rosen, Levana Finkelstein, Raffi Tavor… Duración: 95 min. Produtora: 2-Team Productions | Pie Films | Twenty Twenty VisionFilmproduktion Distribuidora: Caramel films Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS Idioma: hebreo · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)
Sipnose:
Nunha residencia de anciáns, un grupo de amigos constrúe unha máquina para practicar a eutanasia co fin de axudar a un amigo doente terminal. Pero cando se estenden os rumores sobre a máquina, outros anciáns pediranlles axuda, o que lles suscita un dilema emocional e implícaos nunha aventura disparatada.
Premios e mencións: 2014 · Festival de Venecia: premio do público :: Seminci: Espiga de Ouro (mellor filme) e mellor actriz (Aliza Rosen).
Crítica:
"Unha conmovedora e provocativa dramedia (…) Cun ideal elenco de talento septuaxenario, un sentido visual finamente pulido e unha magnífica sincronización de comicidade irónica e diálogo… " Alissa Simon (Variety)
A cota xeral para socios e socias na «sesión de filmoteca» é de 2 €, co resgardo do luns, tes 1 € de desconto nesta semana, na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións con cota de balde; deste xeito tes dous filmes por 5 €.
Para os non asociados/as, a cota xeral é de 2'5 € (+ IVE) os luns, 5 € (+ IVE) os mércores, e non se aplican descontos; xa estás a tardar (moito) en facerte socio/a!
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario