mércores 3 de xuño, na Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme
Sipnose:
Trala II Guerra Mundial (1939—1945), o vello xudeu Jacobo Kaplan fuxiu a Sudamérica. Descontento co seu novo rabino, a súa comunidade, a súa familia e a súa vida e temendo morrer e non ser recordado, con case 80 anos decide, coa axuda dun policía retirado, dar un envorco á súa vida. Emprende entón unha aventura singular: capturar a un vello alemán, dono dun restaurante, porque está convencido de que é un antigo oficial nazi. O seu obxectivo é levalo a Israel. Así contribuirá a recuperar o orgullo e a dignidade da comunidade xudía.
Premios e mencións: 2014 · Premios Goya® e Premios Ariel® (México): nominación ao mellor filme hispanoamericano :: Festival Internacional de Cine de Mar del Plata (Arxentina): selección oficial (competencia Latinoamericana) :: Festival de La Habana (Cuba): selección oficial longametraxes a concurso.
Crítica:
"Non é difícil adiviñar cara a onde se dirixe esta comedia de humor negro, pero toma un camiño divertido.… " Leslie Felperin (The Hollywood Reporter)
A cota xeral para socios e socias na «sesión de filmoteca» é de 2 €, co resgardo do luns, tes 1 € de desconto nesta semana, na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións con cota de balde; deste xeito tes dous filmes por 5 €.
Para os non asociados/as, a cota xeral é de 2'5 € (+ IVE) os luns, 5 € (+ IVE) os mércores, e non se aplican descontos; xa estás a tardar (moito) en facerte socio/a!
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario