01/05/15

ciclo «comedia Amarga»

Proxéctase os mércores dos meses de maioxuño de 2015, na Casa de Cultura, salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: 18, 20:30 e 23 h; a cota xeral de acceso para os socios/as é de 4 , non socios/as de 5  (+ IVE) os mércores, tendo a posibilidade de bonificación dun euro, se asistes nesa mesma semana ao «luns de filmoteca»






mércores 6 de maio do 2015

Sesión especial e urxente!


cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 18'5 MB] VOS

Título: «Timbuktu» · Le chagrin des oiseaux

Ano:
País:
Director:
Guión: Abderrahmane Sissako e
Música:
Fotografía: Sofian El Fani
Reparto: , , ,
Duración: 100 min.
Producción: Armada Films | Dune Vision | Les Films du Worso
Distribuidora:
Exhibición: Dixital (BD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: árabe, francés, inglés, bambara, songai e tuarague (tamasheq) · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Ano 2012, a cidade maliense de Tombouctou caeu en mans de extremistas relixiosos. Kidane vive tranquilamente nas dunas coa súa esposa Satima, a súa filla Toya e Issam, un pícaro pastor de 12 anos. Pero na cidade os habitantes padecen o réxime de terror imposto polos yihadistas: prohibido escoitar música, rir, fumar e até xogar ao fútbol. As mulleres convertéronse en sombras que intentan resistir con dignidade. Cada día, uns tribunais islamistas improvisados lanzan sentenzas tan absurdas como tráxicas. O caos que reina en Tombouctou non parece afectar a Kidane até o día en que accidentalmente mata a Amadou, un pescador que acabou coa vida da súa vaca favorita. Agora debe enfrontarse ás leis impostas polos ocupantes estranxeiros.

Premios e mencións:
2014 · Premios Oscar: nominación mellor filme de fala non inglesa :: Premios César®: 8 nominacións, 7 premios incluíndo mellor filme e director :: Festival de Cannes: sección oficial longametraxe a concurso :: Festival de Chicago: mellor director :: Satellite Awards: nominación ao mellor filme de fala non inglesa.
Crítica:
"É o retrato máis arrepiante e con sensación de veracidade que vin sobre o yihadismo (…) É gozoso que este filme o realizou un musulmán tan intelixente como indignado…"
Carlos Boyero (El País)


mércores 13 de maio do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 15 MB] VOS

Título: «Turist» · Fuerza mayor
(Forza Maior)

Ano:
País:
Director:
Guión: Ruben Östlund
Música:
Fotografía: e
Reparto: , , ,
Duración: 120 min.
Produtora: Plattform Produktion | Swedish Film Institute | Film I Vast | Essential Filmproduktion
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby Dixital HD-DTS
Idioma: danés, noruegués, francés e sueco · VOSE (versión orixinal subtítulada en castelán)

Sipnose:
Unha familia pasa as vacacións de inverno nos Alpes. O sol brilla e as pistas están magníficas, pero mentres comen nun restaurante, prodúcese unha avalancha que asusta aos clientes. A nai chama ao seu marido para que a axude a salvar aos seus fillos, pero el fuxiu para salvar a súa vida. A avalancha detense diante do restaurante, sen ocasionar danos, pero o universo familiar xa rachou. Tomas () buscará desesperadamente recuperar o seu lugar de pai de familia.

Premios e mencións:
2014 · Premios Globos de Ouro: nominación ao mellor filme de fala non inglesa :: Premios do cinema Europeo: 2 nominacións, incluíndo mellor filme :: Premios Guldbaggen (Estocolmo): 6 premios incluíndo mellor filme e director :: Festival de Cannes «Un Certain Regard»: premio do xurado :: Festival de Sevilla: Xiraldillo de ouro ao mellor filme e mellor guión :: Independent Spirit Awards: nominación ao mellor filme estranxeiro.

Crítica:
"Esta brilante e brutalmente divertida derriba da compracencia burguesa, os estereotipos e suposicións de xénero e a ilusión golpea na fraxilidade humana de xeito tan implacable como calquera película de Michael Haneke."
Stephen Holden (The New York Times)


mércores 20 de maio do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 10'3 MB] VO

Título: «Negociador»

Ano:
País:
Director:
Guión: Borja Cobeaga
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 80 min.
Produtora: Sayaka Producciones Audiovisuales | Telecinco Cinema
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
Manu Aranguren, un político vasco, exerce de interlocutor do goberno español nas negociacións con ETA. En lugar de asistir, tal como esperaba, a un acto solemne e calculado, pronto verá que as casualidades, os erros ou os malentendidos marcan o diálogo entre ambas partes e que a relación persoal entre os negociadores será clave para a resolución do conflito. Comedia baseada nas negociacións entre o presidente do PSEPSE vasco, Jesús Eguiguren e ETA en 2005 e 2006.

Premios e mencións:
2014 · Festival de San Sebastián: Zinemira-Zabaltegui e premio Irizar (cinema Vasco).

Crítica:
"Unha obra que non busca a risa sempre e custe o que custe, aínda que atope incluso a gargallada, senón un humor dointe, negrísimo, brilante, tráxico e atroz (…) «Negociador» é un triunfo."
Javier Ocaña (El País)



mércores 27 de maio do 2015

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 33'4 MB] VOS

Título: «Pride» · Orgullo

Ano:
País:
Director:
Guión:
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 120 min.
Produtora: Calamity Films
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idiomas: inglés · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
A finais de 1984, sendo primeira ministra Margaret Thatcher, o Sindicato Nacional de Mineiros (NUM) convoca unha folga. Durante a manifestación do orgullo gai en Londres, un grupo de lesbianas e gais dedícase a recadar fondos para axudar ás familias dos traballadores, pero o sindicato non acepta o diñeiro. O grupo decide entón poñerse en contacto directo cos mineiros e van a unha aldea de Gales. Empeza así a curiosa historia de dúas comunidades totalmente diferentes que xúntanse por unha causa común.

Premios e mencións:
2014 · Globos de Ouro: nominación mellor filme comedia ou musical :: Premios BAFTA: mellor debut dun escritor, director ou productor británico.

Crítica:
"Un filme feito para gustar ao público, no mellor sentido (…) «Pride» non é sutil cando sinala os seus propósitos, porén por desgraza, son temas que aínda necesitan sinalarse… "
Peter Travers (Rolling Stone)


mércores 3 de xuño do 2015

cartaz do filme
Velo avance do filme: You Tube [.mp4 • 19'7 MB] VO

Título: «Mr. Kaplan» · Kaplan

Ano:
País:
Director:
Guión: Álvaro Brechner
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 98 min.
Produtora: Baobab Films
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
Trala II Guerra Mundial (19391945), o vello xudeu Jacobo Kaplan fuxiu a Sudamérica. Descontento co seu novo rabino, a súa comunidade, a súa familia e a súa vida e temendo morrer e non ser recordado, con case 80 anos decide, coa axuda dun policía retirado, dar un envorco á súa vida. Emprende entón unha aventura singular: capturar a un vello alemán, dono dun restaurante, porque está convencido de que é un antigo oficial nazi. O seu obxectivo é levalo a Israel. Así contribuirá a recuperar o orgullo e a dignidade da comunidade xudía.

Premios e mencións:
2014 · Premios Goya® e Premios Ariel® (México): nominación ao mellor filme hispanoamericano :: Festival Internacional de Cine de Mar del Plata (Arxentina): selección oficial (competencia Latinoamericana) :: Festival de La Habana (Cuba): selección oficial longametraxes a concurso.

Crítica:
"Non é difícil adiviñar cara a onde se dirixe esta comedia de humor negro, pero toma un camiño divertido.… "
Leslie Felperin (The Hollywood Reporter)



mércores 10 de xuño do 2015

cartaz do filme
Velo avance do film: You Tube [.mp4 • 18'6 MB] VOS

Título: «Mita Tova» —The Farewell Party · La fiesta de despedida
(A Festa de Despedida)

Ano:
País:
Director: e
Guión: Tal Granit e Sharon Maymon
Música:
Fotografía:
Reparto: , , ,
Duración: 95 min.
Produtora: 2-Team Productions | Pie Films | Twenty Twenty Vision Filmproduktion
Distribuidora:
Exhibición: Dixital BD · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital HD-DTS
Idioma: hebreo · VOSE (versión orixinal subtítulada ao castelán)

Sipnose:
Nunha residencia de anciáns, un grupo de amigos constrúe unha máquina para practicar a eutanasia co fin de axudar a un amigo doente terminal. Pero cando se estenden os rumores sobre a máquina, outros anciáns pediranlles axuda, o que lles suscita un dilema emocional e implícaos nunha aventura disparatada.

Premios e mencións:
2014 · Festival de Venecia: premio do público :: Seminci: Espiga de Ouro (mellor filme) e mellor actriz ().

Crítica:
"Unha conmovedora e provocativa dramedia (…) Cun ideal elenco de talento septuaxenario, un sentido visual finamente pulido e unha magnífica sincronización de comicidade irónica e diálogo… "
Alissa Simon (Variety)








Lembrade que non se permite a entrada unha vez comezada a proxección e os filmes do ciclo non son recomendables a menores de trece anos.

E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados para este ciclo, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos moitísimo os vosos comentarios. Agardamos que gocedes e sexades partícipes do cineclube, sen vós non somos nada.




¹
Aquelas proxeccións con aviso de cota de acceso de balde, para os socios e socias, non exime de solicitarlle aos non asociados/as, que liquiden os oportunos custes proporcionais de mantenemento, e da actividade xeral do cineclube, xunto co IVE actual do 21%.



Horarios CUT+2


Ningún comentario: