mércores 20 de maio, na Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme
Sipnose: Manu Aranguren, un político vasco, exerce de interlocutor do goberno español nas negociacións con ETA. En lugar de asistir, tal como esperaba, a un acto solemne e calculado, pronto verá que as casualidades, os erros ou os malentendidos marcan o diálogo entre ambas partes e que a relación persoal entre os negociadores será clave para a resolución do conflito. Comedia baseada nas negociacións entre o presidente do PSE—PSE vasco, Jesús Eguiguren e ETA en 2005 e 2006.
Premios e mencións: 2014 · Festival de San Sebastián: Zinemira-Zabaltegui e premio Irizar (cinema Vasco).
Crítica:
"Unha obra que non busca a risa sempre e custe o que custe, aínda que atope incluso a gargallada, senón un humor dointe, negrísimo, brilante, tráxico e atroz (…) «Negociador» é un triunfo."
Javier Ocaña (El País)
Filme non recomendable para menores de trece anos.
xoves 14 de maio, nunha única «sesión», ás 20:30 h. e con acceso de balde até completar o aforo (112 cadeiras), en colaboración ca Fundación «Cum Laude»
A cota xeral para socios e socias na «sesión de filmoteca» é de 2 €, co resgardo do luns, tes 1 € de desconto nesta semana, na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións con cota de balde; deste xeito tes dous filmes por 5 €.
Para os non asociados/as, a cota xeral é de 2'5 € (+ IVE) os luns, 5 € (+ IVE) os mércores, e non se aplican descontos; xa estás a tardar (moito) en facerte socio/a!
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario