mércores 27 de maio, na Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), en tres sesións: ás 18, 20:30 e 23 h., cota xeral socios/as de 4 € (non socios/as: 5 € + IVE), o filme
Sipnose:
A finais de 1984, sendo primeira ministra Margaret Thatcher, o Sindicato Nacional de Mineiros (NUM) convoca unha folga. Durante a manifestación do orgullo gai en Londres, un grupo de lesbianas e gais dedícase a recadar fondos para axudar ás familias dos traballadores, pero o sindicato non acepta o diñeiro. O grupo decide entón poñerse en contacto directo cos mineiros e van a unha aldea de Gales. Empeza así a curiosa historia de dúas comunidades totalmente diferentes que xúntanse por unha causa común.
Premios e mencións: 2014 · Globos de Ouro: nominación mellor filme comedia ou musical :: Premios BAFTA: mellor debut dun escritor, director ou productor británico.
Crítica:
"Un filme feito para gustar ao público, no mellor sentido (…) «Pride» non é sutil cando sinala os seus propósitos, porén por desgraza, son temas que aínda necesitan sinalarse… " Peter Travers (Rolling Stone)
xoves 28 de maio, en dúas «sesións», ás 20:30 e 23 h. en colaboración con «La Plantación»
A cota xeral para socios e socias na «sesión de filmoteca» é de 2 €, co resgardo do luns, tes 1 € de desconto nesta semana, na sesión do mércores, non aplicable no caso de sesións con cota de balde; deste xeito tes dous filmes por 5 €.
Para os non asociados/as, a cota xeral é de 2'5 € (+ IVE) os luns, 5 € (+ IVE) os mércores, e non se aplican descontos; xa estás a tardar (moito) en facerte socio/a!
E por último, non deixedes de comentarnos as impresións que vos suscitan os filmes programados, neste blogue ou nas redes sociais nas que participamos, apreciamos os vosos comentarios.
Pregunta no mostrador de entrada ao salón de actos da Casa da cultura, (onde estaba a Biblioteca) rúa Concello núm. 11 de Ourense, ½ hora antes de cada sesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario