Ciclo Primavera musical
Filmoteca de Galicia
Aventuramos neste fin de tempada, apretado polas emerxencias da cidade, unha efervescencia de endorfinas que florezan emocións coa poesía punk,os ritmos afroamericanos e o rock sensible e visceral das propostas coas que dicimos adios á primavera.
Coma sempre, calquera que sexa o vento que sopra, na canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] deste ciclo, seguido dos filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios. Tede coidado e afouteza para sair desta, que desta vai.
Atención ao horario único e versión da sesión infantil programada coa Filmoteca de Galicia, dun filme cunha mensaxe dirixida aos seres humanos, guiados polo egoísmo e os aires de superioridade crense co dereito de tratar aos demais como produtos que poden utilizar e refugar... mensaxe que incluso algún ser humano, con bastón de mando pode aproveitar para reflexionar.