Amosando publicacións coa etiqueta Julien Temple. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Julien Temple. Amosar todas as publicacións

28/05/21

Programación de xuño

Ciclo Primavera musical

Filmoteca de Galicia


Aventuramos neste fin de tempada, apretado polas emerxencias da cidade, unha efervescencia de endorfinas que florezan emocións coa poesía punk,os ritmos afroamericanos e o rock sensible e visceral das propostas coas que dicimos adios á primavera.





«Xuño 2021»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Coma sempre, calquera que sexa o vento que sopra, na canle de «You Tube», tedes o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] deste ciclo, seguido dos filmes que o compoñen. Agradecemos moitísimo a vosa participación e comentarios. Tede coidado e afouteza para sair desta, que desta vai.

Atención ao horario único e versión da sesión infantil programada coa Filmoteca de Galicia, dun filme cunha mensaxe dirixida aos seres humanos, guiados polo egoísmo e os aires de superioridade crense co dereito de tratar aos demais como produtos que poden utilizar e refugar... mensaxe que incluso algún ser humano, con bastón de mando pode aproveitar para reflexionar.



28/04/16

Primavera musical


Chega a primavera, (aínda que na política sigamos en inverno) e como di unha canción dos «The Killer»

Estou saíndo da miña gaiola
E estouno facendo moi ben
Conseguindo estar abaixo
Porque o quero todo
…e así agardamos, que o teñades. Que gocedes do cinema, da música e das amizades, que xa estamos a preparar cunha escolma de teselas para que cheguedes ao verán con gañas.
A música do avance visual [.mp4 • 20'3 MB] que adianta este ciclo, é dos «Undercast», versionando «Mr Brigtside» dos «Killer».