29/09/26

Sesións de filmoteca de outubro e novembro de 2026

Dentro das sesións de filmoteca, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en outubro e novembro de 2026, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Pregamos atención á novidade da primeira cita do mércores 14 de outubro, distinta ao día habitual (dos luns, coma o resto), no horario e no formato de sesión continua.

Coma sempre podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]





  14 Out. 2026
Mér.

«Magalhães + La grande bouffe»

· (España-Filipinas-Portugal-Francia, 2025) 165 min. Cor. RA 1,85:1 [+12] VOSE + · ( Francia-Italia, 1973) 130 min. Cor. RA 1,66:1 [+12] VOSE

A sesión comeza co biopic sobre Fernão de Magalhães narrado en tres episodios: a súa expedición a Malaca en 1511; a súa vida en Lisboa en 1513 para financiar a apertura dunha ruta ás Indias polo Pacífico; e finalmente a mesma, a bordo das carabelas, que acabou pagando a coroa española e partiu en 1519.


Tras un breve descando de 15 minutos, continuaremos coa historia de catro homes de mediana idade e boa condición social reúnense para pasar a fin de semana nunha vila abandonada. Os obxectivos, o sexo e a degustación dunha sucesión de pratos selectos, parecen advertir sobre un hedonista suicidio en grupo.


"A fita, escrita e dirixida polo filipino Lav Díaz (Magalhães), escapa de toda aproximación triunfalista para compor un relato sen épica, de ton realista e reflexivo, como é habitual no seu cinema. Sempre interesado en abordar de xeito crítico os acontecementos políticos que teñen marcado a historia do seu país, retrotráese con Magalhães ás orixes do colonialismo occidental no sueste asiático.
No filme de Marco Ferreri (La grande bouffe), cun reparto exemplar e guión de Azcona e Ferreri, é un dos dramas extremos do director italiano onde a mestura de euforia e traxedia leva implícita a forza da sátira, con dardos envelenados contra a sociedade de consumo, e un singular cruzamento de sensacións (mesmo físicas) no espectador. O filme obtivo un notable escándalo en Cannes, onde conseguiu o Premio FIPRESCI (compartido con «La maman et la putain» de Jean Eustache), primeira pedra do éxito desta maxistral, lúcida e conmovedora parábola
"
(Filmoteca de Galicia)

SESIÓNS:
COTA:
 18:00h. (CUT+0) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (5 euros non asociados/as; consultar cotas).




  19 Out. 2026
Lun.

«Un poeta»

· (Colombia-Alemaña-Suecia, 2025) 124 min. Cor. RA 1,66:1 [+16] VOE

Óscar Restrepo, o poeta do título, non foi quen de estar á altura dos seus prometedores comezos na literatura e sobrevive como pode mentres coida de súa nai. Óscar atopa un espírito afín na súa alumna Yurlady, unha adolescente a quen ve como un diamante en bruto da poesía.

Premios
2025: Festival de cannes; premio do xurado “Unha certa mirada”
2025: SSIFF; Mellor filme “Horizontes latinos”


"O resultado é palpitante, unha colaxe crúa de fragmentos de vida febril, unidos pola suor de ilusións absurdas, a saliva de discursos apaixonados e o sangue de choques contra muros; un traballo implacable dirixido ao ego danado do soñador e a aqueles que o danaron.."
(Mariana Hristova, elantepenultimomohicano.com)

SESIÓNS:
COTA:
 20:30h. (CUT+0) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).




  26 Out. 2026
Lun.

«Pillion»

· (Irlanda-Reino Unido, 2025) 111 min. Cor. RA 1,85:1 [+16] VOSE

O tímido Colin perde o control cando aparece Ray na súa vida, un atractivo moteiro co que comeza unha relación de dominado sexual con prácticas BDSM. Atípica, endiañada e pícara comedia cun ritmo que atrapa. Un dos grandes filmes queer de 2025, principalmente por un estilo fresco e o magnetismo que desprende Alexander Skarsgård.


"Pillion (referencia ao asento traseiro dunha moto) xoga coa incomodidade, pero nunca a expensas das personaxes. Pola contra, desprázaa cara ao espectador e invítao a enfrontarse aos límites do que consideramos correcto, aceptable ou escandaloso. Como sinala Ray nun momento dado, só porque algo nos incomode non significa que sexa prexudicial. A película consegue abordar estas distincións simultaneamente con comedia e tenrura, e é unha ollada refrescante ás vidas e relacións queer, das que temos moi poucas referencias no cine"
(Sara Cancedo, cinemaldito.com)

SESIÓNS:
COTA:
 20:30h. (CUT+0) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).




2 Nov. 2026
Lun.

«(狂野时代) Kuángyě Shídài» Resurrection

· (China-Francia-EUA, 2025) 160 min. Cor. RA [VARIABLE] 1,33:1 – 1,85:1 - 2,39:1 [+16] VOSE

Nunha sociedade futura na que a humanidade desdeñou a capacidade de soñar a cambio de vivir eternamente, uns poucos individuos con características especiais, coñecidos como ‘delirantes’, insisten en facelo, a pesar de estar perseguido pola lei. Unha dotada detective mergúllase nos soños dun destes resistentes para intentar desentrañar o misterio que os une e traer a estes rebeldes ante a xustiza.

"Orixinalísima obra de ciencia-ficción ideada polo director de culto chinés Bi Gan (Longa viaxe cara a noite, Kaili Blues) ao longo de cinco anos, nos que ergueu un monumental labirinto cinematográfico que ten como ambición reinterpretar diversos xéneros e etapas da historia do cinema, realizando unha reflexión sobre a natureza propia do medio como contedor de memoria e ilusións que supera todo mecanismo de control ideolóxico.
Dividida en cinco capítulos que se interconectan por momentos, cada un deles está dedicado a un sentido específico, de xeito que o dispositivo cinematográfico se conduce a sublimar o tacto, a vista, o oído, o olfacto e o gusto segundo corresponda. Ao tempo, xoga con soportes e formatos, iluminación, cores ou branco e negro, sonoro e silente e diversos elementos expresivos, como os seus famosos planos secuencia, para se adecuar a cada un destes espazos de forte carácter simbólico, metonímico e metalingüístico.
Guste ou non, unha desas obras magnas, totalizadoras, excéntricas e singulares que producen seísmos e xeran culto inmediato.
"
(Filmoteca de Galicia)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+0) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).


9 Nov. 2026
Lun.

«I Hired a Contract Killer» Contratei un sicario

· (Finlandia-Suecia-Alemaña-Francia-Reino Unido, 1990) 79 min. Cor. RA 1,85:1 [+12] VOSE

Un home gris e sen ganas de vivir contrata un asasino a soldo para que acabe coa súa vida, pois el carece de valor para facelo. Mais, inesperadamente, coñece unha muller e muda de idea: quere seguir vivindo. O problema consiste en que debe encontrar o asasino que contratou antes de que este execute a súa macabra encarga.


"É unha oda á vida, á morte, á humanidade e ao amor. Un retrato inmortalizado e perdurable dunha sociedade traballadora e resiliente que, sen ser idealizada, busca constantemente unha razón para ser mentres percorre os camiños planos da soidade."
(Santiago Fiora, tallerdecritica.com)


SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+0) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).


16 Nov. 2026
Lun.

«Materiais para unha historia do cine en Galicia. Parte 1»

· (España, 1975-1977) Total sesión: 90 min. [ND] VO

Unha sección que ten como función primordial dar visibilidade ao arquivo da Filmoteca de Galicia en sesións definidas pola súa heterodoxia: curtas e longametraxes, ficcións e documentais, cine doméstico e cinema industrial, fragmentos e materiais que reconstrúen a historia do cine feito en Galicia. Na primeira de dúas partes, programamos as seguintes:


Fendetestas

Antonio F. Simón (España, 1975) 30 min.

Fendetestas é un home que polas circunstancias sociais da década dos corenta se ve obrigado a facerse salteador de camiños.

O herdeiro

Miguel Gato (España, 1976) 17 min.

Tras a morte dun vello o seu neto viaxa da cidade na que viven á aldea. Alí todos teiman para que quede á fronte do seu herdo.

O cadaleito

Enrique Baixeras (España, 1976) 30 min.

A vinganza cruel do administrador dun pazo a uns aprendices de ladróns, pon de manifesto certos comportamentos nas relacións sociais do medio rural da Galicia de non hai moitos anos.

O pai de Migueliño

Miguel Castelo (España, 1977) 13 min.

No momento de iniciar a súa viaxe á emigración europea, un mozo rememora unha pasaxe da súa nenez: a ilusión coa que agardaba a volta de seu pai das Américas.



SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+0) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).


23 Nov. 2026
Lun.

«Materiais para unha historia do cine en Galicia. Parte 2»

· (España, 1969-1980) Total sesión: 89 min. [ND] VO

Dentro da sección de materiais que reconstrúen a historia do cine feito en Galicia, programamos as seguintes curtametraxes:


Retorno a Tagen Ata

Eloy Lozano (España, 1974) 17 min.

Unha militante dunha organización clandestina no exilio retorna para contactar coa resistencia nun país carente de liberdades.

Primeira curtametraxe rodada en Galicia en 35 mm. Con música de Pink Floyd e tomando como base a célebre narración literaria de Xosé Luis Méndez Ferrín.

El castaño

Eloy Lozano (España, 1979) 11 min.

Documental didáctico sobre os castiñeiros rodado en 16 mm.

O carro e o home

Antonio Román (España, 1980) 12 min.

En 1940 o cineasta ourensán Antonio Román realizaba o filme "El hombre y el carro" con guión e produción de Xaquín Lorenzo “Xocas” e montaxe de Carlos Serrano de Osma. A película é un relato lineal da vida do carro, acompasado este coa vida das persoas que o usan e que nos guían polas diferentes angueiras en que se ocupan as xentes da aldea. Un copión do filme aparecido no Museo Arqueolóxico de Ourense e conservado logo no Museo do Pobo Galego serviu para que en 1980 Eloy Lozano montase unha nova versión do documental cunha locución do propio Xocas. Esta segunda versión é O carro e o home.

Dixitalización 4K realizada a partir dos materiais en 35mm conservados na Filmoteca de Galicia.

Al-Nasr Al Tair

José Ernesto Díaz-Noriega (España, 1969) 49 min.

Encarga institucional cuxos resultados finais subverten en boa medida as intencións da parte contratante, neste caso o Concello de Carballo que, co gallo da celebración dun homenaxe a un xeneral de aviación franquista, de nome Eduardo Pardo, encarga a Díaz-Noriega que remonte imaxes da cerimonia a modo de filme de propaganda. José Ernesto, armado co seu irreverente sentido do humor, non atende á sincronía entre son e imaxe, e pon en boca das autoridades locais voces en off provenientes de anuncios publicitarios ou exabruptos tirados de contexto.



SESIÓN:
COTA:
  20:30h. (CUT+0) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
  De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).






ALTA E RENOVACIÓN DE CARNÉS:

> Media hora antes de cada sesión e ata 10 minutos antes, está dispoñible a inscripción e renovación de carnés de socios/as.


O acceso ás sesión de filmoteca dos luns é de balde para os socios/as e de 3 euros para os non asociados/as.



Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.
Pregamos puntualidade.


Lembre que se vostede presenta síntomas de catarro, gripe ou COVID, pregamos use a máscara de protección dentro da sala.

Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.

A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.

Cando se proxecte en resolución 4096 × 2160 px, farase constar /4K/. Cando sexa en celuloide 35 ou 16 mm, /Nº mm/ e sen constancia explícita; ésta será en VXGA (DVD,BluRay ou mp4). A diferencia entre a resolución da primeira e a última son 8 millóns de px fronte a dous millóns de px.(1,9 K).



A continuación, pode consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.



ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].


----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1



Ningún comentario: