Amosando publicacións coa etiqueta Sesión continua. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sesión continua. Amosar todas as publicacións

29/09/26

Programación outubro decembro de 2026

XI Ciclo Colexio de médicos

Cine de outono en Ribadavia

Sesións de filmoteca

Sesións de ciclo

Sesión maxistral

Sesións extraordinarias [+]


Se o cine existe, dalgún xeito máis alá da vida, constitúe un medio singularmente poderoso de imaxinar e dar forma ao máis alá: constrúe espazos, corpos, movementos e puntos de vista. Nesta ocasión preparamos un ciclo (nas sesións dos mércores) que procura revelar a extraordinaria diversidade destes imaxinarios; desde os espellos que serven como as pasaxes de Palestina, até os campos de Almería, ou a nosa propia dimensión rural ao través dos campos da China. A morte que celebramos en todos os santos, a reencarnamos con Sorrentino uns días máis tarde, rematando tamén con ela presente, ao final do ciclo, atrapada no medio dunha esmorga.

Cando comeza unha película, hai unha manifestación do pasado que revive no presente. Temos na parte da filmoteca, resurreccións, voltas ao pasado coa historia, asasinos con medo a morrer e momentos que celebran a pesar de todo a vida, co sexo, o amor e mesmo a poesía.

Completamos a programación con varias citas ineludibles: En 4K a sesión maxistral para celebrar os 50 anos da estrea de Barry Lyndon en España, Blade runner de Ridley Scott (tamén en 4K) e Freaks que pechan o ciclo do Colexio de médicos, aparte de varias sesións extraordinarias, a novidade da sesión continua co que abrimos a filmoteca (nun día distinto ao habitual) e as citas en Ribadavia e co Museo arqueolóxico en decembro (II semana de cine).

En conclusión, rematamos este ano explorando a zona entre a vida e a morte, para facer visible o xeito en que o pasado segue a atormentar o presente. En moitos destes filmes, falar da vida despois da morte tamén é imaxinar formas de reparación: un espazo onde o que quedou sen resolver pode volver, onde se reclama unha débeda, se devolve a violencia ou se restaura dalgún xeito o equilibrio.




«out-nov 2026»· (cineclupePF)


Que a realidade, a ficción e a mutable materia da memoria, nos outorguen sensacións extraordinarias, como o avance visual [.mp4 • 18'3 MB], que resume unha parte da programación.

Antes do detalle da programación, coma sempre tedes xa a vosa disposición as follas de sala, para consulta o descargar no apartado de sala de máquinas. [Abre outra xanela].


Sesións de filmoteca de outubro e novembro de 2026

Dentro das sesións de filmoteca, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en outubro e novembro de 2026, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Pregamos atención á novidade da primeira cita do mércores 14 de outubro, distinta ao día habitual (dos luns, coma o resto), no horario e no formato de sesión continua.

Coma sempre podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]