Amosando publicacións coa etiqueta 4K. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4K. Amosar todas as publicacións

12/02/26

Programación de marzo de 2026

Filmoteca

XI Ciclo Colexio de médicos

Sesións dos mércores

Sesión maxistral de filmoteca


Tralo festivo paso oportuno do entroido, albiscamos o disfrace da primavera con espírito de rebelión e resistencia. Unha das características esenciais das imaxes, sobre todo das imaxes en movemento como o cinema, é a poderosa relación que pode manter coa realidade. Destacamos dúas propostas con diferentes narrativas que chegan desde Euskadi e Portugal para enfrontarse de distinto xeito aos avatares da loita. Tamén temos traxedia edulcorada co absurdo, no primeiro filme iraquiano despois do estrague deixado polos EUA e experiencias inmersivas de silencio: con protagonismo femeníno en “Sorda”, masculino en “Galos de pelexa” ou de toda unha aldea, na excepcional obra cume de Béla Tarr, "Sátántangó" (Pregamos atención ao horario).

O problema da vivenda no cinema español de finais dos 50 e principios dos 60 plásmase a través da sátira, o humor negro e o realismo, deformando os comportamentos de personaxes atrapados en matrimonios de conveniencia ou humillacións burocráticas para obter un piso, reflectindo unha asfixia social e económica extrema que está en auxe, aínda que quizais o reflexo narrativo non sexa o mesmo. Recuperamos así un filme vixente escrito por Rafael Azcona, coa dirección de Marco Ferreri, xunto con outras propostas que tamén falan de miseria e degradacións social; como a emocionante película de Kaouther Ben Hania, "A voz de Hind" que anticipa o xenocidio en Palestina (que segue executando o actual goberno sionista) e foi premiada no pasado Festival de Venecia, xunto coa outra das propostas que programamos; a máis cineclubista de todas como poden ser as obras de Jim Jarmusch e que nestá ocasión, radiografía a familia no medio dun mundo fragmentado, como o actual.

De contado podedes consultar e descargar as follas de sala , así como o vídeo [.mp4 • 17'5 MB] que resume a programación que preparamos.




«Marzo 2026»· (cineclupePF)


En conclusión, xuntamos con esta programación a potencia da ficción para achar nela unha ferramenta fundamental para o entendemento do mundo. Agardamos por vós.



Sesión de ciclo dos mércores de marzo de 2026

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en marzo de 2026, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


08/10/25

Programación outubro - decembro de 2025

Cine de outono en Ribadavia

Luns de Filmoteca

Sesións de ciclo dos mércores

Sesións Maxistrais

X Ciclo Colexio de médicos

XIV Marxes fílmicas en Ribadavia

Sesións extraordinarias [+]


A estas alturas do ano, non estaría de máis darlle un repaso a como vai o cumprimento daqueles propósitos que un/ha se marcou hai uns meses e ver que cousas se lograron. Se unha delas foi ver bos filmes...non debería existir escusa coa proposta que vos presentamos, que como veredes é intensa e variada.

Pregamos unha atención aos ciclos en Ribadavia, ás últimas citas co ciclo do Colexio de médicos, ás sesións maxistrais que se programan en días distintos aos habituais e ás sesións extraordinarias (cun novedoso ciclo, en progreso, co Museo arqueolóxico a primeiros de decembro).




«out-dec 2025»· (cineclupePF)


Na canle de «You Tube» tedes o avance visual [.mp4 • 16'9 MB], que resume a programación destes dous meses e medio.

Antes do detalle da programación, lembramos que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].


Sesións de filmoteca de outubro a decembro 2025

Dentro das sesións de filmoteca, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos entre o 20 de outubro e o 24 de novembro de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


Sesións de ciclo de outubro a decembro de 2025

Dentro das habituais sesións dos mércores de ciclo, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos entre outubro e decembro de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


16/01/25

Programación xaneiro e febreiro de 2025

Filmoteca

Sesións dos mércores

Sesións maxistrais

X Ciclo Colexio de médicos


Desde que acabamos as proxeccións a principios do mes pasado, fóronse acumulando historias, sensacións, ideas, imaxes e ás veces situacións ineludibles.

Empezamos o ano coa actualización das cotas, acordadas na última asemblea (que explicamos ao final do detalle da programación) e que vén un pouco dada polo desinterese e falta de apoios municipais e coa previsión inmutable da situación.

Convén lembrar que no Cineclube Padre Feijoo todo o traballo e esforzo que realizamos é voluntario e non renumerado. Sabemos que moitos o saben e sentímonos apoiados e reconfortados. Pero tamén atopámonos ultimamente, con posturas tanto na sala e mesmo fóra dela, reclamando ou protestando con certa esixencia diante das restricións do uso do teléfono móbil, sobre a obrigada puntualidade para non distracción e respecto ao resto dos espectadores ou mesmo... a ver cando empezamos! (sen importar que nós deberiamos ter o mesmo dereito a gozar das festas como os demais ou un pouco de respecto e consideración á nosa dedicación altruísta) incendiando ás veces un pouco, os nosos ánimos.

O que a continuación presentamos para xaneiro e febreiro, é froito do traballo escuro previo; reunión de programación, negociación coas distribuidoras, comprobación e obtención de copias, acompañado doutros mesteres circunstancialmente rutinarios, como preparar as contas (trimestrais e anuais), limpar a sala (2 veces á semana), acondicionar os equipos e proxectar os filmes, preparar carteis e pegalos, tradución e confección das follas de sala , redactar e programar este blog ou mesmo o vídeo [.mp4 • 21'8 MB] que preparamos para recordar toda a programación.




«Xan-Feb 2025»· (cineclupePF)


Facer unha película, sería todo moito máis complicado e é por iso que non nos imos a estender máis con está introdución, que cremos oportuna e necesaria, despois da pasada asemblea.

A continuación o detalle da programación que se estenderá ata o entroido. Atención á novidade que incorporamos este ano, aparte das sesións maxistrais do domingo, temos un día máis; os sábados pola mañá, no que iremos programando sesións maxistrais dedicadas ao público infantil e xuvenil, con acceso de balde aos socios e a posibilidade de convite a persoas non socias. En estás sesións o acceso é preferente aos/ás socios/as pero non exclusivo como nas sesións dos domingos.



Luns de filmoteca de xaneiro e febreiro de 2025

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en xaneiro e febreiro de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]


12/10/24

Programación de outubro a decembro de 2024

Sesións Maxistrais de Filmoteca

Luns de Filmoteca

Sesións de ciclo dos mércores

IX Ciclo Colexio de médicos

Sesións especiais

Cine de outono en Ribadavia


Trala anguria das rutinas diarias e laborais despois do periodo estival, sede de novo benvidos/as ao cinema nunha pantalla grande dun cuarto escuro e con boas novas na mellora dos sistemas de proxección; no que iremos incorporando a resolución /4K/ nalgúns dos filmes que seleccionamos para pechar o ano.

Pregamos prestedes tamén atención ás últimas citas co ciclo do Colexio de médicos, ao Ciclo de outono en Ribadavia e as sesións especiais que se programan en días e horarios distintos aos habituais.




«out-dec 2024»· cartel realizado por Gael Carballo (cineclupePF)


Na canle de «You Tube» tedes o avance visual [.mp4 • 20'8 MB], que resume a programación destes dous meses e medio.

Antes do detalle da programación, lembramos que tedes á vosa disposición as follas de sala de cada proxección no seguinte enlace [Abre outra xanela].


Luns de filmoteca de outubro a novembro 2024

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos para rematar o ano 2024, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).


Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]