Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, detallamos a continuación os filmes que proxectaremos en xaneiro e febreiro de 2025, no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11 de Ourense).
Podes consultar e descargar as follas de sala, aquí [Abre outra xanela]
20
Xan.
2025
Lun.
«Prefiro condenarme»
Margarita Ledo · (España, 2024) 87 min. Cor/B&N. AR: 1,85:1 [+12] VOG
A historia de mil caras de Sagrario, mariscadora na ría de Ferrol, atravesada pola ditadura e a transición, enfróntanos a unha nai díscola, unha esfera familiar en perpetuo desacougo e un xuízo por adúltera aos 33 anos, en 1972, a causa da filla que ten co seu amante, un carpinteiro “digno de querer”. Como unha nova Antígona, Sagrario sitúase fóra da regra e coa súa desobediencia reclama a lei aínda non escrita á par que o desexo. No fondo, a igualdade coas de "arriba" que ninguén critica.
Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero (ICAA)
"Despois de 'Nación', outra magnífica obra de Margarita Ledo sobre a loita das nosas nais"
(Paula Arantzazu, Cinemanía)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
27
Xan.
2025
Lun.
«Paradiset brinner» Paradise is burning
Mika Gustafson · (Suecia, 2023) 108 min. Cor. AR 1,85:1 [+12] VOSE
Tres irmás de entre 7 e 15 anos viven soas despois de que a súa nai desaparecese durante longos períodos de tempo. Cando os servizos sociais esixen unha reunión familiar, a irmá maior, Laura, planea atopar unha substituta para a súa nai.
Premios
2023: Festival de Venecia: Mellor dirección (Orizzonti)
"Unha proposta (...) fresca, e sobre todo capitalizada polo carisma avasallador e a insolente beleza de Bianca Delbravo, a maior das tres (...). Naceu unha estrela"
(Philipp Engel, La Vanguardia)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
3
Feb.
2025
Lun.
«Sedmikrásky» As margaridas
Vera Chytilová · (Checoslovaquia, 1966) 76 min. Cor7B&N. /4K/ AR: 1,37:1 [+12] VOSE
Dúas rapazas novas conclúen, mentres toman o sol en bikini, que se «neste mundo todo está corrompido, estaremos corrompidas nos tamén». Así actívase o mecanismo que pon en marcha o filme: unha tras outra, iranse producindo escenas inconexas nas cales as dúas protagonistas xogan a ser rebeldes co seu ámbito.
Este filme proxectouse (na versión sen restaurar ofrecida polo Centro checo de Madrid) o 1 de xullo de 2015 nas Marxes fílmicas de Ribadavia
"Considerada unha das grandes obras do cinema feminista do último século, o filme é unha sátira rebelde e visualmente cegadora coa que Vera Chytilová desafiou todas as normas da época. Unha película adiantada ao seu tempo, restaurada en 4K."
(Atalantecinema.com)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
10
Feb.
2025
Lun.
«Filmei paxaros voando»
Zeltia Outeiriño · (España, 2024) 100 min. Cor. AR: 1,85:1 [+7] VOG
Zeltia, tras dúas décadas en Barcelona lonxe da súa Galicia natal e da súa nai Socorro, unha muller conservadora da que se afastou, regresa á súa terra para filmar unha película e explorar o seu desarraigamento familiar. Na súa procura de respostas, segue a vida do seu tío Antonio, un artesán téxtil co que se identifica pola súa creatividade e visión da vida. Con todo, é coa súa nai con quen realmente se reencontra, sobre todo cando a saúde de Socorro empeora. Entre rodaxes e coidados, nai e filla atopan un espazo para sandar vellas feridas e compartir momentos de complicidade e amor.
"Un documental do íntimo que tenta refuxir o risco de resultar impúdico...e que pode obrigarnos a pensar nas relacións familiares ou de calquera tipo que vivimos"
(Ignasi Franch, cineconn.es)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
17
Feb.
2025
Lun.
«Sobre todo de noche»
Víctor Iriarte · (España-Portugal-Francia, 2023) 108 min. Cor. AR: 1,66:1 [+12] VOE
Cando Beira (Lola Dueñas) era nova, non puido facerse cargo do seu fillo e tivo que dalo en adopción. Cando Cora (Ana Torrent) era nova, o seu médico díxolle que non podería ter fillos e que só adoptando podería formar unha familia. Ambas comparten esa experiencia de ser nais dun neno chamado Egoz (Manuel Egozkue). Agora, ambas mulleres reencóntranse en Portugal para repasar a historia das súas vidas e reescribir os seus destinos.
Premios
2023: SEMINCI: FIPRESCI; Premio do xurado da crítica internacional.
"Sorprende pola súa calculada, dura e enigmática aproximación ao que o director cualifica do último gran tabú da Transición (...) Sen dúbida, e sobre todo, unha das xoias do ano do cinema español"
(Luis Martínez, El Mundo)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
24
Feb.
2025
Lun.
«Las novias del sur»
Elena López Riera · (España-Suiza, 2024) 37 min. Cor/B&N. AR: 1,85:1 [ND] VOE
Mulleres maduras falan do seu matrimonio, da súa primeira vez, da súa relación coa sexualidade. Na repetición destes ritos, a directora cuestiona a súa propia ausencia de matrimonio, de fillos, e unha cadea de relacións nai-filla que se extingue.
O filme vai precedido das seguintes curtametraxes:
Carmen de Carabanchel
Cecilia Bartolomé (España,1965) 15 min.
A represión dunha sociedade franquista onde os anticonceptivos estaban prohibidos e ter relacións sexuais equivalía a traer outro raparigo ao mundo. E máis aínda. Da desesperación da muller nesa sociedade, que recorría a calquera método por salvaxe que fose para practicarse un aborto caseiro.
"Cecilia Bartolomé escribiu Carmen de Carabanchel inspirándose nas historias que as súas veciñas do barrio lle contaban no salón de peiteado sobre os seus intentos de aborto con amoníaco. A práctica causou tal conmoción na Escuela Oficial de Cinematografía que a cineasta tivo que repetir curso. Non só porque expoñía abertamente un tema absolutamente tabú senón porque ademais o tratamento era en grao sumo rompedor. Lembremos que nese momento o cinema de Antonioni era a máxima aspiración dos novos estudantes de cinema e Carmen de Carabanchel era unha comedia, unha parodia de óperas como Carmen de Bizet. O humor no cinema de Bartolomé é, desde os seus comezos, un trazo esencial. E quizais debamos concederlle definitivamente a honra de ser a herdeira definitiva do seu profesor favorito na EOC, Berlanga” (Andrea G. Bermejo,Cinemanía)
Margarita y el lobo
Cecilia Bartolomé (España,1969) 45 min.
“Adaptación musical de Celine e o matrimonio, novela de Christiane Rochefort, Margarita y el lobo narra a separación entre unha estudante e o marido, un señorito dunha familia próxima ao Réxime, nunha España en que o divorcio era unha quimera. A mediometraxe continúa polo vieiro berlanguiano de Carmen de Carabanchel, aínda que profunda máis no rupturismo estético. Rápidos zooms, imaxes conxeladas, unha montaxe expresiva, monólogos a cámara, a inclusión de imaxe de arquivo e unha reatribución posmoderna de clásicos musicais e composicións propias achegaban o filme ás películas da Nouvelle Vague francesa.
Margarita y el lobo era unha impugnación ao matrimonio e un canto feminista á necesidade dunha verdadeira emancipación da muller. O fondo da película bateu inmediatamente co contexto en que xurdiu, o dunha sociedade franquista, machista, onde a muller só tiña cabida como anxo do fogar. Segundo o testemuño da propia directora, a fita caeu tan mal na Escuela Oficial de Cinematografía que os seus responsables tentaron destruíla e terminaron por incluíla na Censura Oficial. Bartolomé figurou daquela nas listas negras do franquismo, o que impediu que a directora volvese dirixir unha película ata a morte do ditador”. (Andrea G. Bermejo, Cinemanía)
Premios
2024: Festival de Cannes; Queer palm a mellor curtametraxe
"Conmovedora na súa honesta vulnerabilidade, é tamén un espello no que a directora obsérvase. O resultado, un precioso tratado e homenaxe a quen achandou o noso camiño"
(Paula Arantzazu, cineconn.es)
SESIÓN:
COTA:
20:30h. (CUT+1) «Casa da cultura - CCPF» de Ourense
De balde socios/as (3 euros non asociados/as; consultar cotas).
> Media hora antes de cada sesión e ata 10 minutos antes, está dispoñible a inscripción e renovación de carnés de socios/as, con actualización das cotas anuais.
A actualización das mesmas por acordo da pasada asemblea (11/01/25), configúranse en 14 euros ano, con posibilidade de desconto a estudantes, parados, pensionistas e posuídores do carné da Biblioteca pública Nós, co prezo de 7 euros.
O acceso ás sesión de filmoteca dos luns é de balde para os socios/as e de 3 euros para os non asociados/as.
O acceso ás sesións dos mércores permanece invariable e indistintamente en 5 euros. En sesións de alta demanda, os/as socios/as terán acceso preferente ata 15 minutos antes da hora en que estea fixada a sesión.
O acceso ás sesións maxistrais dos domingos é exclusivo a socios/as e de balde.
O acceso ás sesións maxistrais dos sábados; infantis é de balde para os socios/as (e acompañantes) e de 3 euros para os non asociados/as.
O acceso ás sesión especiais ou outras, dependerá do anunciado en cada unha delas.
Todas as proxeccións son no salón de actos da Casa da Cultura, onde estaba a Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense). A capacidade da sala está limitada a 110 persoas por sesión.
Pregamos puntualidade.
Lembre que se vostede presenta síntomas de catarro, gripe ou COVID, pregamos use a máscara de protección dentro da sala.
Os símbolos desta web son; VO; Versión orixinal, VOS (Versión orixinal subtitulada, en castelán VOSE, en galego VOSG), VD; versión orixinal ou dobrada cos mesmos patróns E español /G galego / CAT catalán / EUS euskera / E-Aame español americano / PT portugués.
A calificación por idades de cada filme sigue o seguinte patrón; [A] apta para todos os públicos, [+7] recomendado para maiores de 7 anos, [+12] recomendado para maiores de 12 anos, [+18] recomendado para maiores de 18 anos, e [ND] Non dispoñible ou [SC] sen clasificación no ICAA.
Cando se proxecte en resolución 4096 × 2160 px, farase constar /4K/. Cando sexa en celuloide 35 ou 16 mm, /Nº mm/ e sen constancia explícita; ésta será en VXGA (DVD,BluRay ou mp4). A diferencia entre a resolución da primeira e a última son 8 millóns de px fronte a dous millóns de px.(1,9 K).
A continuación, pode consultar aquí... a programación extraordinaria na que colabora o cineclube, o blog Sala de máquinas (que da acceso tamén ás follas de sala, organigrama e transparencia), clube de cine Nós #CCPF, a web da Biblioteca pública Nós, os cineclubes de Ourense (que da acceso tamén á Federación de cineclubes de Galicia), á base de datos do ICAA ou ás base de datos de filmaffinity e IMDB.
ADVERTENZAS:
Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección * sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación. (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".
(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)
Horarios CUT+1
Ningún comentario:
Publicar un comentario