07/11/19

Programación novembro e decembro de 2019

Miradas etnográficas

Oriente/Occidente

O documental do mes

Filmoteca CGAI

Sesión especial: 25-N en negro


O esquema spengleriano ("A decadencia de Occidente" de Oswald Spengler), definía unha serie de trazos distintivos que se manifestaban en todas as culturas por igual enmarcándoas aos acontecementos particulares. Con base a ese esquema e aplicando un método que el chamou a “morfoloxía comparativa das culturas”, Spengler proclamou que a cultura occidental atopábase na súa etapa de vellez ou a punto do final.

A evolución no tempo da cultura oriental con reflexo e influecias entre si, fai predicir o mesmo camiño de enfermidade. Ambas conviven nunha desaforada carreira ao precipicio, que en occidente identificamos como capitalismo e no outro lado denominan "reforma económica". En calquera caso, tomando prestada a estrutura de Spengler, observamos na primeira película do ciclo, a evolución de China a través de dous matrimonios. Tamén veremos o amor e desamor, os salarios de miseria e xornadas de escravitude polo ben común ou polo do capital.

Todo avanza, a tecnoloxía, a vida, o amor...vivimos unha estraña viaxe desde a inexistencia á inexistencia, como a democracia; esa feliz máscara do capitalismo mundial que pode viaxar de oriente a occidente a golpe de click ou en incómodas escalas en apretados artefactos voadores.




«Oriente/Occidente»· cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Desta vez, o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] que adianta a programación reflexiona precisamente sobre o paso do tempo, algo substancial para nós precisamente no ano que pechamos, a piques de cumprir medio século de vida.


(Atención ao horario do 13 de novembro e ás sesións do 25 e 28 de novembro.)

Oriente/Occidente

Proxéctanse os mércores de novembro e decembro de 2019, no salón de actos da Casa da cultura de Ourense (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:

(Atentos/as ao horario do 13 de novembro)



Sesións de filmoteca de novembro e decembro de 2019

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctanse durante o meses de novembro e decembro no salón de actos da Casa de Cultura (Rúa Concello núm. 11) de Ourense, os seguintes filmes…


(Atención ao cambio de día habitual do luns 25 para o xoves 28 de novembro)


Viaxes excéntricas

Durante o mes de novembro de 2019 viaxamos coa 7ª edición do Cine de Outono, ás Miradas Etnográficas. Multiplicamos os diferentes centros de interese para chegar a destinos imprevistos, a realidades que superan o propio inicio do periplo, e obrigan a trazar novas hipérboles con imprevisibles experiencias.

Así que calculamos rumbo, escrutamos o tempo e movémonos pola escuridade do pasado. A lingua, a música, a imaxe e a palabra como resorte do patrimonio e como motor de identidade e alicerce da rebeldía. E descubrimos, unha vez máis, que estamos de volta no inicio da viaxe.

Tomen asento e sexan benvidas. As proxeccións serán no Museo Etnolóxico de Ribadavia; os sábados 9, 16, 23 e 30 de novembro ás 20 horas e de balde.


De seguido o detalle da programación.

26/09/19

Programación de outubro e novembro de 2019

O documental do mes

Filmoteca CGAI

Sesións de outuno


Anuncia o outono a súa chegada coa caída das follas das árbores e a cidade vístese de amarelo coas primeiras medidas que rumban un longo outono que somerxe á vella Auria.

Rixe unha complicidade cunha elite que entroniza a mediocridade, o mercantilismo, o control social e o silencio. A cultura é un branco do ultraliberalismo económico e o autoritarismo mídese en proporcións policiais de rendabilidade determiñante. Os acenos da demolición son tantos que os casos concretos volvéronse bosque.

O arroutado descoñecemento dun grupo de políticos profesionais escurece unha cultura (así, en xeral) que resulta indesexable e prescindible por unha de escala masiva e festiva. A desprezable "culturetilla" pola eslamiada "cultorota".

A diversidade da nosa sociedade semella que estivese non representada nin consultada, senón a cargo das súas decisións vitais. Así, neste panorama chegan estas sesións de cine...





«Sesións de outono» 2019 · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


...que coinciden coa mudanza da Biblioteca pública e a conseguinte incerteza de futuro sobre a xestión da casa da cultura. Agardamos pase pronto esta apesarada púrpura visión e chegue novamente unha luminosa primavera que tamén lidaremos por cantaruxar.

De seguido o avance visual [.mp4 • 20'7 MB] da programación que vos presentamos, ambientado coa música de Prince "Purple rain", versionada por Amanda Palmer e Jherek Bischoff.


(Atentos/as, aos horarios do 16 e 28 de outubro)

Sesións de outono 2019

Proxéctanse os mércores de outubro e novembro de 2019, no salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:

(Atentos/as ao horario do 16 de outubro)



Sesións de filmoteca de outubro de 2019

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase durante o mes de outubro na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os seguintes filmes…

(Atentos/-as ao horario do 28 de outubro)


22/07/19

Cinema na praza

Como sempre por estas datas, volta , máis imaxinativo, refrescante e estimulante para as noites de verán nunha única sesión, este ano será os luns de agosto ás 21:30 h, acceso de balde na de Ourense, agás o clásico por barrios, que será na asociación Andén primeiro da Ponte (Av. Marín núm. 23)



«Cinema na Praza: agosto 2019» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

29/06/19

Marxes fílmicas: unha viaxe a Tunisia

Os primeiros minutos do cine africano na época Lumière foron rodados en Tunisia (polo operador de orixe alxeriana Félix Mesguich) e tamén a produción de Albert Samana Chikly, Ghézal, a filla de Cartago (1924), que está considerada a primeira longa de ficción do continente.

Tunisia, ese pequeno país con pouco máis de 10 millóns de habitantes, segue tentando actualizar o seu camiño de progreso no social e no político. A crise política en Tunisia de 2010-2011, coñecida como a Revolución dos Xasmíns ou a Intifada de Sidi Bouzid, debido a que comezou na cidade de Sidi Bouzid, conqueríu o derrocamento do goberno autocrático de Zine El Abidine Ben Ali.

Os medios de comunicación tomaron como data de inicio o venres 17 de decembro de 2010, cando o mozo universitario e vendedor ambulante Mohamed Bouazizi se queimou ao bonzo na devandita cidade de Sidi Bouzid para protestar pola acción da policía que, ao confiscarlle o seu posto de venda de froitas na rúa, condenárono ao paro e á miseria.

Esta só é unha pequena mostra dos filmes mais destacados de Tunisia e sobre Tunisia dos últimos anos. Paga a pena facer esta viaxe; será no patio do de , como aperitivo do elixir da .

Marxes Fílmicas
«Marxes Fílmicas 2019» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Os filmes proxéctanse na segunda e terceira semana do mes de xullo, os luns e mércores, os días 8, 10, 15 e 17 de xullo do 2019 nunha única sesión, ás 22:00 h. en VOSE e acceso de balde.

De seguido o detalle da programación, mais dadas as dificultades de conquerir algúns dos filmes seleccionados, reiteramos a nosa gratitude pola colaboración do Instituto Francés de Bilbao.

27/04/19

Programación para maio e xuño de 2019


Filmoteca CGAI

V Ciclo colexio de médicos

Animación

O documental do mes

Sesión especial


Da apretada axenda que programamos para rematar a primeira parte da tempada, realizamos unha escolma do cine de animación contemporáneo, sen esquecer un clásico para os máis pequenos como peche do ciclo.

Agardamos que a visión dos filmes amplie o horizonte co que se soe tomar a animación e os excite do mesmo xeito a considerar a literatura gráfica, como unha opción máis de entretenemento e aprendizaxe.



«Animación» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Como excitante é a programación prevista, non tivemos moitas máis opcións para ambientar o avance en vídeo, [.mp4 • 20'7 MB] coa canción "Teach me tiger" interpretada por April Stevens.

"Teach me tiger" é unha suxerente canción prohibida nalgúns países, que fala do amor...do primeiro amor e do desexo. Sería agradable agora que vai vir o verán tomar nota e mentres tanto, anímense cos filmes programados.


Ciclo animación

Proxéctanse os mércores de maio — xuño de 2019, no salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:



Sesións de filmoteca CGAI de finais de abril a xuño de 2019

Grazas á colaboración coa Axencia galega de industrias culturais (AGADIC); dentro da programación descentralizada do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI - Filmoteca de Galicia), proxéctase desde finais de abril ao mes de xuño na Casa de Cultura, salón de actos da Biblioteca Pública de Ourense (rúa Concello 11), os seguintes filmes…(Atentos/-as aos horarios dalgunhas sesións)


11/04/19

Primavera musical 2019


A música soa no mes de abril con cinco filmes en varios escenarios distintos e en VOS (Versión orixinal subtítulada).

Aparte do habitual, luns e mércores na Casa de Cultura; salón de actos da de Ourense (rúa Concello 11), hai música (e cine) no Café cultural El Pueblo, Café Pop Torgal e Café cultural Auriense. Agardamos bailedes cos seguintes filmes … poderes consultar o avance en vídeo e a programación extra (O documental do mes) o 25 de abril.

05/03/19

Programación marzo—abril 2019


Filmoteca

Converxencias

Filmoteca CGAI

V Ciclo colexio de médicos

Dicía o novelista húngaro no seu conto Chains, que o planeta Terra en termos relativos nunca foi tan pequeno como na actualidade; o acelerado desenvolvemento das comunicacións reduciuno.

Todas as historias que programamos até semana santa, parecen conformar a súa teoría dos seis graos. Tamén converxe un pequeno efecto bolboreta, que co simple aleteo póidase provocar interiormente un furacán noutra parte do mundo. En calquera caso algo debemos sacar desta cadea de pensamentos.



«Converxencias» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)


Non temos todas as respostas, as certezas son superadas pola dúbida e no medio do solpor, presentamos o avance en vídeo, [.mp4 • 20'7 MB] interpretado por Baiuca.

Sería agradable vivir, divertirse e tomar nota de atoparse só polo pracer ou a dor que nos cause, pola simple necesidade de converxencia evolutiva.



Sesións de filmoteca




11 Mar. 2019
Lun.

«Carmen y Lola» · Carme e Lola

· (España, 2018) 103 min. [VO]
Carmen é unha adolescente xitana que vive no extrarradio de Madrid. Como calquera outra xitana, está destinada a vivir unha vida que se repite xeración tras xeración: casarse e criar a tantos nenos como sexa posible. Pero un día coñece a Lola, unha xitana pouco común que soña con ir á universidade, debuxa graffitis de paxaros e é diferente. Carmen desenvolve rapidamente unha complicidade con Lola, e ambas tratarán de levar cara adiante o seu romance, malia os inconvenientes e discriminacións sociais ás que teñen que verse sometidas pola súa familia.

Premios
2018: 2 Premios Goya: Mellor dirección novel e actriz sec. (Carolina Yuste). 8 nom.

"Non hai lagoas de principiante na película nin pretensións vacuas. O seu costumismo é do bo, posúe frescura, sensualidade e capacidade para emocionarche"
(Carlos Boyero, El País)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Ciclo Converxencias





13 Mar. 2019
Mérc.

«Manbiki Kazoku» · Un Asunto de Familia

· (Xapón, 2018) 121 min. [VOSE]
Osamu e o seu fillo atópanse cunha nena en metade dun frío glacial. Ao principio, e logo de ser reacia a albergar á nena, a esposa de Osamu aceptará coidala cando se decata das dificultades que afronta. Aínda que a familia é pobre e apenas gana suficiente diñeiro para sobrevivir a través de pequenos delitos, parecen vivir felices xuntos, ata que un accidente imprevisto revela segredos ocultos, poñendo a proba os lazos que lles xuntan.

Premios
2018: Premios Oscar: Nomeada a mellor película de fala non inglesa
2018: Festival de Cannes: Palma de Ouro (mellor película)

"Hai, desde logo, unha observación extravagante da institución familiar, pero profundamente próxima e emocionante (...) É case imposible ocultarse de todos os seus encantos"
(Oti Rodríguez Marchante, ABC)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).






20 Mar. 2019
Mérc.

«Gräns» · Border

· (Suecia, 2018) 101 min. [VOSE]
Tina é unha axente de aduanas recoñecida pola súa eficiencia e polo seu extraordinario olfacto. Dá a impresión de poder cheirar a culpabilidade dun individuo. Pero cando Vore, un home aparentemente sospeitoso, pasa xunto a ela, as súas habilidades póñense a proba por primeira vez. Tina sabe que Vore oculta algo, pero non logra identificar que é.

Premios
2018: Premios Oscar: Nomeada a mellor maquillaxe
2018: Festival de Cannes: Un Certain Regard - Mellor película
2018: Festival de Valladolid - Seminci: Sección oficial

"Dosificando cada revelación con palpable sabedoría, 'Border' sabe ir sempre un paso por diante da imaxinación do espectador."
(Jordi Costa, EL PAÍS)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



Sesións de filmoteca




25 Mar. 2019
Lun.

« A Londoni Férfi» · O Home de Londres

e · (Hungría, 2007) 132 min. [VOSE]
Maloin é un vixiante dunha estación de tren que, de forma casual, é testemuña dun asasinato, e acaba facéndose cargo dunha maleta chea de diñeiro que trastornará para sempre a súa vida, carrexándolle moitos problemas. Inspirada na novela de Georges Simenon "O home de Londres".

Premios
2007: Festival de Cannes: Nomeada á Palma de Ouro (mellor película)

"Unha película moi estilizada e conceptualmente esixente (...) Esta fazaña horrible ten que ser entendida como arte"
(Nathan Le, THE NEW YORK TIMES)
 
 
SESIÓN:
COTA:
 (única) 20:30  h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Ciclo Converxencias





27 Mar. 2019
Mérc.

«Gutland»

· (Luxemburgo, 2017) 107 min. [VOSE]
Coa chegada dun forasteiro á comunidade agrícola de Schandelsmillen e a tempada de colleita avanzada, Jens un vagabundo alemán, está a procurar traballo e é tomado por granxeiro e pronto seducido por Lucy, unha nai solteira que o recolle na cervexería do pobo para levalo ata a súa cama. Taciturno e solitario por natureza, Jens non se mestura cos lugareños, e aínda así eles o toman por un amigo ao instante, levándoo ás festas, regalándolle unha trompeta e invitándolle a xuntarse á banda do pobo. Os primeiros días de Jens no seu novo fogar flúen cunha tranquilidade bucólica, pero co tempo comezará a descubrir pistas sobre o lado escuro de Schandelsmillen, xusto cando os aldeáns vanse achegando aos poucos ao tamén sombrío pasado de Jens.


"Impresionante (…) Borra a liña que separa fantasía e realidade de xeito fascinante"
(Deborah Young, THE HOLLYWOOD REPORTER)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).

Filmoteca CGAI




1 Abr. 2019
Lun.

«El silencio de otros» · O silencio doutros

e · (España, 2018) 95 min. [VO]
Narra a procura desas persoas desaparecidas durante o tempo de Franco e os intentos de facer fronte aos responsables. Logo de décadas de silencio, a sociedade española soubo que roubaron centos de nenos antes e durante a ditadura. Pero non só iso, xa que a película inclúe torturas, execucións extraxudiciais, o tema das fosas comúns e todo un proceso xudicial internacional. A través das súas historias pódese coñecer a loita dun país que quere reconciliarse co seu pasado.

"Unha película emocionante ... unha historia moi necesaria, con rigor e convicción"
(The hollywood reporter)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).



Ciclo Converxencias





3 Abr. 2019
Mérc.

«Columbus»

· (EUA, 2017) 104 min. [VOSE]
Jin, un home coreano, atópase en Columbus, Indiana, para coidar do seu pai, un famoso arquitecto que está en coma. Nesta cidade coñece a Casey, unha moza que coida da súa nai, adicta ás drogas e que se atopa en periodo de rehabilitación. Ambos loitarán polo mesmo soño que viron truncado: ter a liberdade para poder seguir o seu camiño malia os problemas dos seus pais.


"Esta pequena gran xoia indie, máis refinada do habitual, fíxome pensar naquelas portas de ascensor de 'A noite' (Michelangelo Antonioni, 1961), cando descubrín que cine e arquitectura podían resultar nunha simbiose perfecta, fascinante"
(Philip Engel, FOTOGRAMAS)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).



Filmoteca CGAI




8 Abr. 2019
Lun.

«Akasen Chitai» · A rúa da vergoña

· (Xapón, 1956) 87 min. [VOSE]
Historia dunha serie de prostitutas que traballan nun prostíbulo no barrio vermello de Tokio no momento en que o Parlamento xaponés está a discutir unha lei que pode prohibir a prostitución.

"O máis extraordinario de todo é a extrema modernidade e audacia da súa película final, unha das cimas da súa arte e tamén do cinema xaponés da época"
(Óscar Navales, Cinetransit.com)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  20:30 e 23 h. (CUT+1)
  socios/as 2  (consultar non asociados/as).





V Ciclo Colexio de médicos





9 Abr. 2019
Mar.

«Side Effects» · Efectos secundarios

· (EUA, 2013) 105 min. [VOSE]
Ambientada no mundo da psicofarmacoloxía, ciencia que estuda como afectan as drogas á mente humana. Emily (Rooney Mara) é unha moza que se volve adicta a un novo medicamento que lle receita o seu psiquiatra (Jude Law) para que poida controlar a súa ansiedade ante a inminente saída do cárcere do seu marido (Channing Tatum).

Premios

2013: Festival de Berlín: Sección oficial

"A atmosfera cargada (...) xunto ao mosqueo entre a verdade e o tampantollo que recubre a historia deixan a «Efectos secundarios» nese estante das películas que che obrigan primeiro a rascarche a cabeza e logo a rascarche o peto para, gustosamente, volvela a ver"
(Oti Rguez. Marchante, ABC)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  19:30 h. (CUT+1)
  De balde



Ciclo Converxencias





10 Abr. 2019
Mérc.

«Buh-ning» · Burning

· (Corea do sur, 2018) 143 min. [VOSE]
Cando fai unha entrega, Jongsu (Yoo), un mozo mensaxeiro, atópase por casualidade con Haemi (Jun), unha moza que vivía no seu vecindario. A moza pídelle que coide ao seu gato durante unha viaxe a África. Ao seu regreso, Haemi preséntalle a Ben (Yeun), un mozo misterioso e con diñeiro que coñeceu alí. Un día, Ben revela a Jongsu un pasatempo moi estraño… Adaptación dunha historia de Murakami.

Premios

2018: Festival de Cannes: Sección oficial a concurso, Premio FIPRESCI

"O director, ademais de contar unha fascinante historia individual, artella un retrato elocuente de Corea do Sur"
(Alberto Bermejo, EL MUNDO)
 
 
SESIÓN:
COTA:
  18 e 21 h. (CUT+1)
  socios/as 4  (consultar non asociados/as).






Todas as proxeccións son en VOS, na Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca Pública (rúa Concello 11 - Ourense).

Existe unha recomendación xeral, para públicos maiores de 16 anos (Agás os indicados [A]; para todas as audiencias).

ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).

(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].



----------
(*) A audiodescripción estará disponible mediante a aplicación gratuita da fundación ONCE; "AUDESCMOBILE".

(Non é preciso software o hardware adicional. O/A usuario/a tan só ten que instalar a aplicación no seu móbil, descargar a audiodescripción da película que quere ver e unha vez na sala de cine, conectar os cascos e reproducir o arquivo. A audiodescripción comenzará e se sincronizará automáticamente coa película)




Horarios CUT+1




ciclo «Converxencias»

Proxéctanse os mércores de marzoabril de 2019, no salón de actos da de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:


Sesións de Filmoteca · marzo—abril 2019

Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, proxectamos os seguintes filmes:


31/01/19

Programación de febreiro de 2019

Filmoteca

Ciclo Europa

V Ciclo de cine do colexio de médicos de Ourense


Nesta segunda parte do ciclo europeo, programamos filmes de directores de Alemaña, Grecia (aínda que produción americana), Bélxica e Dinamarca.

Seguimos cos conflitos persoais...aínda que neste caso máis íntimos, porén coa mesma arela de liberdade, que canta o avance en vídeo, [.mp4 • 20'7 MB] " Deixa que chore a miña cruel sorte, e que suspire pola liberdade..."



«Euro-pa 2» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)




Europa (e 2)


Proxéctanse os mércores de febreiro de 2019, no salón de actos da Biblioteca pública de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:


Sesións de filmoteca de febreiro de 2019


Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, proxectamos os seguintes filmes:

11/01/19

Programación de xaneiro de 2019

Filmoteca

Ciclo Europa


Semella que as dúas guerras mundiais non foron suficientes para aprender dos erros... porque Europa segue en nome da "seguridade" a erixir valos de aramio de espiñas ao longo das súas fronteiras. Esa suposta seguridade non é para as persoas; porque ao mesmo tempo nunha cidade lamorqueira, ao redor da aldea grega de Idomeni medran as tendas de campaña, os refuxiados e as mortes nos intentos de cruzar o río entre a fronteira de Grecia con Macedonia. O novo ciclo adicado a Europa de directores europeos de Polonia, Italia, Francia e posteriormente Alemaña, Grecia, Bélxica e Dinamarca , segue os conflitos persoais vixentes trala segunda guerra mundial.



«Euro-pa» · cartel deseñado por Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Canta o avance en vídeo, [.mp4 • 20'7 MB] " Deixa que chore a miña cruel sorte, e que suspire pola liberdade..." e ese segue sendo o lamento, de todos os martirizados que buscan seguridade nunha Europa que non mira para eles.


Europa (1)


Proxéctanse os mércores de xaneiro de 2019, no salón de actos da Biblioteca pública de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:


Sesións de filmoteca de xaneiro de 2019


Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, proxectamos os seguintes filmes: