Proxéctanse os mércores de febreiro de 2019, no salón de actos da Biblioteca pública de Ourense #CasaDaCultura (rúa Concello núm. 11) os seguintes filmes:
6
Feb.
2019
Mérc.
«Der Hauptmann» O capitán
Dirección de Robert Schwentke · (2018)
Nos últimos momentos da II Guerra Mundial, en plena caída do III Reich, un soldado de 19 anos, farrapeiro e famento, rouba o uniforme dun capitán nazi. Facéndose pasar por un oficial, reúne a un grupo de desertores e comeza a matar e saquear ao seu paso a través da golpeada Alemaña nazi, descubrindo a monstruosa identidade daqueles dos que trata de escapar.
Premios
2018: Premios do Cine Europeo: Mellor son
2017: Festival de San Sebastián: Mellor fotografía
Premios
2018: Premios do Cine Europeo: Mellor son
2017: Festival de San Sebastián: Mellor fotografía
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
13
Feb.
2019
Mérc.
«Mandy»
Dirección de Panos Cosmatos · (2018)
Rede (Nicholas Cage) é un leñador que vive afastado do mundo xunto ao amor da súa vida, Mandy (Andrea Riseborough). Un día, mentres dá un paseo abstraída nunha das novelas de fantasía que adoita ler a diario, Mandy crúzase sen sabelo co líder dunha banda que desenvolve unha obsesión por ela. Decidido a posuíla a calquera prezo, el e o seu grupo de secuaces invocan a unha banda de motoristas vindos do inferno que a raptan e, no proceso, fan pedazos a vida de Rede. Decidido a vingarse e equipado con toda clase de artiluxios, pon en marcha unha matanza que deixa corpos, sangue e vísceras alá por onde pasa.
Premios
2018: Festival de Sitges: Mellor director
Premios
2018: Festival de Sitges: Mellor director
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
20
Feb.
2019
Mérc.
«Girl»
Dirección de Lukas Dhont · (2018)
Lara é unha moza de 15 anos, que naceu sendo neno e soña con converterse en bailarina.
Premios
2018: Cannes: Un Certain Regard: Mellor actuación, ópera prima e FIPRESCI
2018: Premios do Cine Europeo: Premio Discovery
2018: Festival de San Sebastián: Premio do Público á mellor película europea
2018: Premios Goya: Nomeada a Mellor película europea
Premios
2018: Cannes: Un Certain Regard: Mellor actuación, ópera prima e FIPRESCI
2018: Premios do Cine Europeo: Premio Discovery
2018: Festival de San Sebastián: Premio do Público á mellor película europea
2018: Premios Goya: Nomeada a Mellor película europea
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
27
Feb.
2019
Mérc.
«Den skyldige» The guilty
Dirección de Gustav Möller · (2018)
Asger Holm, un oficial de policía, foi suspendido temporalmente das súas funcións e relegado a operador do servizo de urxencias. Durante a súa rutineira quenda de noite, recibe a estraña chamada dunha muller aterrada. Malia a súa reacción de sorpresa, Asger dáse conta de que a muller alén do teléfono foi secuestrada, e é entón cando comezará a procura. Recluído na súa mesa na centralita de urxencias, Asger terá que localizar e axudar á muller en perigo coa axuda dos seus compañeiros en todo o país. Conforme pasan os minutos, Asgar terá que enfrontarse non só á precipitación dos acontecementos relacionados co caso, senón tamén aos seus propios demos persoais.
Premios
2018: Festival de Sundance: Premio do Público - Drama (World Cinema)
2018: Festival de Valladolid - Seminci: Mellor guión
Premios
2018: Festival de Sundance: Premio do Público - Drama (World Cinema)
2018: Festival de Valladolid - Seminci: Mellor guión
Comparte o evento ❯❯
SESIÓNS:
COTA:
18, 20:30 e 23 h. (CUT+1)
Existe unha recomendación xeral, para públicos maiores de 16 anos (Agás os indicados [A]; para todas as audiencias).
ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
Ningún comentario:
Publicar un comentario