Dentro das habituais sesións de filmoteca dos luns, proxectamos os seguintes filmes:
14
Xan.
2019
Lun.
«Trote»
Dirección de Xacio Baño · (2018)
Filla de. Irmá de. Carme vive nunha aldea das montañas do interior de Galicia xunto ao seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a súa nai doente. Traballa nunha panadaría e necesita escapar dese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. Trotar. Fuxir.
Comparte o evento ❯❯
21
Xan.
2019
Lun.
«Les distàncies» As distancias
Dirección de Elena Trapé · (2018) [ AD))) ]
Olivia, Eloi, Guille e Anna viaxan a Berlín para visitar por sorpresa ao seu amigo Comas que cumpre 35 anos. Este non os recibe como eles esperaban e durante o fin de semana as súas contradicións afloran e a amizade ponse a proba. Xuntos descubrirán que o tempo e a distancia poden cambialo todo.
Premios
2018: Festival de Málaga: Mellor película, dirección e actriz (Alexandra Jiménez)
Premios
2018: Festival de Málaga: Mellor película, dirección e actriz (Alexandra Jiménez)
Comparte o evento ❯❯
28
Xan.
2019
Lun.
«Quién te cantará» Quen che cantará
Dirección de Carlos Vermut · (2018)
Lila Cassen (Najwa Nimri) era a cantante española con máis éxito dos noventa ata que desapareceu misteriosamente dun día para outro. Dez anos despois, Lila prepara o seu triunfal volta aos escenarios pero, pouco antes da esperada data, perde a memoria ao sufrir un accidente. Violeta (Eva Llorach) vive dominada polo seu conflitiva filla Marta (Natalia de Molina). Cada noite escapa da súa realidade facendo o único que a fai feliz: imitar a Lila Cassen no karaoke onde traballa. Un día Violeta recibe unha fascinante proposta: ensinar a Lila Cassen a volver ser Lila Cassen.
Premios
2018: Premios Goya: 7 nominacións, incluíndo Mellor actriz (Najwa Nimri)
Premios
2018: Premios Goya: 7 nominacións, incluíndo Mellor actriz (Najwa Nimri)
Comparte o evento ❯❯
ADVERTENZAS: Non se permite o acceso á sala unha vez comenzada a sesión. Tampouco se permite o uso do teléfono móbil unha vez comezada a proxección *; sendo motivo en caso contrario de expulsión da sala, sen dereito á reclamación (En caso de socio/-a será proposto de expulsión da asociación).
(*) Agás para os filmes con audiodescripción, así sinalizados [ AD))) ].
Ningún comentario:
Publicar un comentario