29/12/18

O día do cinema doméstico

«Home Movie Day» · O día dos filmes caseiros


Home Movie Day é unha celebración das películas caseiras e amateurs. Unha oportunidade para recordar porqué nos importan estes filmes de maneira colectiva e ante unha audiencia aberta. As túas películas familiares son máis importantes e interesantes do que crees! Estes filmes son, pola súa propia natureza, incompletos, non teñen nin principio nin final, unha montaxe estritamente cronolóxica, indiferenza total polo espazo e o tempo e aínda por riba os "actores" non paran de ollar a cámara... O cine doméstico existe para ser complementado polos seus protagonistas, os membros desa familia. Non precisan de coherencia nin estrutura narrativa xa que esta habita nos recordos de aqueles que as viviron. O que conta é o traballo realizado en común polas familias para reconstruír o seu pasado. Velaí que a súa coherencia non sexa importante, estas películas son un evento en sociedade, a construción da súa coherencia é a finalidade mesma da sesión de proxección.




«Home movie day» é un evento internacional para recuperación de filmes caseiros



Non existen as malas películas caseiras. Estas mini-obras underground son reveladoras,terroríficas, disfrutables, sempre cheas de arte accidental e berran dende os faiados e armarios para volver ser vistas. O Home Movie Day é unha orxía de auto-descubrimento, unha oportunidade para que os recordos familiares se convirtan de súbito en espectáculo. Se tes unha, sacúdelle o pó e ensínaa agora.

John Waters




3 Xan. 2019
Xov.

«Home movie day» O día dos filmes caseiros

Dirección de · (Varios anos)
Trae as túas películas domésticas para compartir un anaco nesta sesión pública! Podes traelas no seu formato orixinal, VHS, super8 ou dixital. Se tes películas que nunca viches, porque son herdadas ou dos teus avós, non as deixes caer no esquecemento, levadeas o Home Movie Day!

Non tes películas? Non hai fallo! Vén igual para ver as películas dos teus amigos e veciños! O Home Movie Day é de balde e aberto ó público!



SESIÓN:
COTA:
  de 20:30 a 22 h. (CUT+1) no Café Cultural «El Pueblo», Ourense
  De balde





ATENCIÓN: O CINECLUBE PADRE FEIJOO ten previsto realizar Asamblea xeral (ordinaria) o próximo 9 de xaneiro de 2019 ás 20 (1ª convocatoria) e 20:30 horas (2ª convocatoria) e retomará a programación regular no salón de actos da Biblioteca pública #CasaDaCultura de Ourense o vindeiro 14 de xaneiro de 2019.




Ningún comentario: