28/06/17

Marxes fílmicas: Irán

O cine feito en Irán sobrevive con orgullo desde hai case un século a unha sucesión continua de avatares políticos, conflitos bélicos e xeitos de censura.

Grazas ao secular emprego da metáfora, da parábola e do simbolismo, inseridos na súa tradición narrativa, foron quen de superar o aislacionismo e as prohibicións, e configurar unha filmografía que avanza e progresa, incorporando elementos definitorios recoñecibles por unha maioria de públicos que agardan as estreas dous seus filmes multipremiados en todo o mundo.

Lembremos as verbas do mestre Abbas Kiarostami cando recibiu a Palma de Ouro en Cannes 2015 pola sua película Copia certificada (Francia, 2010): "Dóeme moito o que pasa na miña patria, pero non podo deixala". O seu filme rematará vetado e coa prohibición de rodar durante 2 anos pola indumentaria de Juliette Binoche.

Benvidas sexan as «» baixo a suxestión das Noites Persas no patio do de .

Benvidos a unha breve e intensa viaxe por 4 exemplos que agardamos gocen.



«Marxes Fílmicas: as noites persas» deseño de Iñaki Nóvoa (cineclupePF)

Os filmes proxéctanse na primeira e segunda semana deste mes, os luns e mércores, os días 3, 5, 10 e 12 de xullo do 2017 nunha única sesión, ás 22:00 h. en VOSE (Agás a proxección do día 5 de xullo, que é subtitulada ao galego - VOSG) e acceso de balde.

De seguido o detalle da programación: